O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

Lengua y literatura6,6 KB

T8O desenvolvemento que o xénero teatral experimentara durante o primeiro terzo do século XX detense a partir de 1936. O longo silencio imposto tras a Guerra Civil maniféstase tamén na paralización da actividade dramática. A falta de liberdade e a censura supoñen a desaparición da produción teatra.En Galicia, entre
1936 e 1952, a produción de pezas teatrais foi escasa. Engadir unha baixa calidade que se reflicte na representación de pezas costumistas, sainetes humorísticos e estampas folclóricas;  en boa parte, escritas na preguerra e toleradas polo franquismo por resultar politicamente inofensivas.       Coa creación da editorial Galaxia en 1950 e a súa revista Grial, volve a retomarse a publicación de textos dramáticos. Trátase dun teatro destinado máis á lectura que á súa representación.     Neste contexto van convivir autores que xa publicaran teatro na preguerra con dramaturgos máis novos que van consolidar a Xeración dos 50. 1.- XERACIÓN DOS 50  Nesta década iníciase unha lenta recuperación do teatro que se divide en tres liñas temáticas:   
Teatro vangardista: Esta tendencia continúa a liña vangardista do período de preguerra.   Ramón Otero Pedrayo, pertence ao grupo
Nós pero a súa produción esténdese tamén na posguerra e contribuirá á recuperación do teatro con dúas obras;
“O desengano do prioiro” e “Traxicomedia da noite de Santos”   Ánxel Fole: publicou en Buenos Aires “Pauto do demo”. Segue as pautas vangardistas de preguerra. Na temática, repítense as constantes da súa narrativa: a superstición, a emigración e as relacións amorosas apaixonadas; mesturado con humor e retranca.

  Teatro rexionalista: tendencia continuadora ás obras anteriores á Guerra Civil. Temas de tradición costumista e ruralista reivindicativa. Autores: Trapero Pardo e Uxío Carré.   Teatro da angustia existencial: obras que reflicten a situación traumática que vive a sociedade durante a ditadura e o consecuente problema vital que provoca.  A finais de 1950 xorden iniciativas para continuar coa labor de desenvolvemento do xénero dramático. Politicamente medraban o nacionalismo clandestino e o asociacionismo cultural, que viron no teatro a forma de reivindicar e dar a coñecer o seu ideario. Con este obxectivo celebrouse o Certame do Miño en Lugo. Este tipo de iniciativas estendéronse por outras partes de Galicia e xorden novas obras `.  Álvaro Cunqueiro: o seu teatro caracterízase polo clasicismo, sendo Shakespeare o autor preferido a partir do cal ofrece novas versións dos seus personaxes; destacamos as obras: “O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca” (1959), “A noite vai coma un río” (1965) e “Función de Romeo e Xulieta” (1956).  a.  Carballo Calero (1911-1990). A súa obra dramática é experimental e está composta por pezas próximas ao teatro do absurdo ou de orientación psicolóxica e existencial nas que predomina o simbolismo.Destacamos “O auto do prisioneiro b.  Daniel Cortezón; a maior parte das súas obras dan a coñecer episodios da historia de Galicia. Destacamos “Prisciliano”e “Os Irmandiños”(representa a Idade Media); “A diáspora”representa a época moderna e contemporánea, tomando como motivo central a emigración.   Manuel María: as súas pezas son de corte popular, sen complicacións narrativas nin escénicas;  destaca a obra “Barriga Verde”.    Outros autores son, Xoana Torres e Bernardino Graña. 2.- O GRUPO DE RIBADAVIA. Na década dos sesenta, nun contexto de axitación antifranquista e pro-nacionalista, xorde o “Teatro Independente”. A partir de 1965 comezan a fundarse importantes grupos teatrais como, ‘’ Teatro O facho’’ e “Circo” en A Coruña, “Keyzán”  e  “Artello” en Vigo, “Histrión 70” en Ourense,  “Mari-Gaila”en Compostela... E moitos outros que se espallaron por toda a xeografía galega.      Estes grupos itinerantes pretenden sacar o teatro das salas comerciais e achegalo ao pobo. Apostan pola experimentación e buscan novas propostas inspirándose nos autores teatrais europeos coma,  Bertold Brecht e Samuel Beckett;  no esperpento de Valle Inclán e no “teatro do absurdo”de Ionescu. Rompen coa diglosia escénica e un teatro galego moderno e comprometido   Como consecuencia do auxe do Teatro Independente, no ano 1973, convócase a 1ª Mostra e de Teatro de Ribadavia. Esta vila ourensá, convértese nun punto de encontro e promoción para o teatro de Galicia ao longo dos anos. Destas mostras xorde o denominado Grupo Abrente. Formado por un conxunto de autores, actores, directores, etc. (nalgúns casos realizan todo ao mesmo tempo), que lograron consolidar o teatro galego a través de:   Impulsar a súa profesionalización.   Crear un teatro actual e de calidade, comprometido coa realidade social e política do país   Incorporar os logros da dramaturxia europea contemporánea e revisar os clásicos.   Conseguir a normalización lingüística no ámbito teatral, impulsando publicacións periódicas, convocatorias de premios e constituíndo entidades e asociacións para fomentalo   Serviron de guías para as xeracións posteriores. No grupo Abrente destacan principalmente os dramaturgos   Euloxio Ruibal: Nas primeiras obras “Zardigot” e “O cabodano”, crea parábolas contra a violencia e a opresión nas que acode á técnica da linguaxe cinematográfica. Con “Maremia” inicia unha nova etapa na que combina Realismo e Surrealismo.   Manuel Lourenzo: fundador de varios grupos de teatro e de escolas de formación dramática, participou activamente nas mostras de Ribadavia. As súas obras teñen unha clara evolución temática. Liña clásica ou mítica: actualiza os mitos clásicos gregos e da materia de Bretaña.
Liña histórica: recupera figuras históricas como Pedro Madruga ou Juana la Loca.
Liña do teatro experimental: son pezas situadas no momento presente, cunha clara dimensión inconformista e crítica coa sociedade actual.   Roberto Vidal Bolaño: combinou a súa faceta de autor dramático coa de intérprete e director. Hai obras que destacan pola incorporación ás mesmas de personaxes e contidos do teatro popular (“Laudamuco señor de ningures”). Reinterpretación dos mitos do noso pasado (“As actas escuras”). Obras que abordan o chamado Realismo sucio; “Saxo tenor”, cunha visión retranqueira e crítica da sociedade actual.  

Descargar

PDF Word HTML