O Teatro Galego: Autores e Temas dos Anos 80 e 90

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 9,64 KB

O Teatro de Finais do XX: Temas e Autores dos 80 e 90

O teatro avanza cara á súa consolidación como xénero literario e como industria cultural. Diversos factores amosan este desenvolvemento:

  • Consolidación de compañías e grupos profesionais.
  • Proliferación de festivais e certames de teatro, así como premios dedicados á produción dramática.
  • Aparición de coleccións dedicadas á publicación de textos teatrais ou de revistas especializadas.
  • Nacemento das primeiras salas estables de teatro e de circuítos teatrais.
  • Creación de centros de formación teatral.
  • Eclosión do teatro infantil e xuvenil.

Promoción dos 80

A obra destes autores sitúase nos anos do franquismo. Chegaron ao público con textos gañadores de certames e moitos destes autores acadaron maior éxito noutros xéneros, como a poesía.

Trazos xerais

  • Frecuente recurso ao metateatro.
  • Forte carga simbólica e cultista.
  • Os trazos resúmense en catro formas de percibir e recrear a realidade: a mirada crítica, a irónica, a lúdica e a culta.

Destacan Fernán Vello con A tertulia das máscaras ou Xesús Pisón con Pauto.

Promoción dos 90

Autores estreitamente vinculados ao espectáculo teatral, o que condiciona a produción dos seus textos. Nesta década confírmase o compromiso profesional co teatro galego, favorecido polas axudas de normalización das institucións galegas.

Trazos xerais

  • Menor carga simbólica.
  • Redescuberta da comedia.
  • O carácter lúdico prima sobre o transcendental.
  • Cultivo da comedia e do teatro histórico.
  • Preferencia pola intertextualidade.
  • Coidado na estrutura da peza.

Destacan Cándido Pazó con Raiñas de pedra ou Miguel Anxo Murado con Historias peregrinas.

As Funcións Sociais da Lingua. Bilingüismo

Sempre que exista un estado multilingüe, falaremos de:

  • Bilingüismo: Cando se falan dúas linguas.
    • Bilingüismo individual: É a capacidade dunha persoa para falar dúas linguas, aínda que o máis normal é que predomine unha sobre a outra.
    • Bilingüismo social: Cando nunha sociedade se empregan dúas linguas como medio de comunicación, pero isto non é estable e provoca tensións xerando un conflito lingüístico.
    • Bilingüismo territorial: Cando un territorio está dividido en dúas zonas con linguas diferentes.
  • Diglosia: Cando dúas linguas son usadas cun valor social diferente. Sempre unha se utiliza nas funcións de máis prestixio, mentres que a outra vai quedando desprestixiada.

Isto pasou en Galicia: o castelán foi acaparando todo o prestixio social, mentres que o galego se viu reducido practicamente ao ámbito familiar. Isto provocou entre os galegofalantes comportamentos diglósicos, xa que había unha especie de autoodio cara á súa lingua.

Consecuencias da diglosia

  • A restrición de usos do galego por presión do castelán.
  • Os prexuízos lingüísticos: Relaciónase o galego coa incultura.
  • As interferencias lingüísticas: O galego, e particularmente o léxico, viuse contaminado polo castelán.

Conflito lingüístico

Para superalo hai dúas saídas posibles:

  • A substitución lingüística: Significaría a desaparición da lingua minorizada, quedando só a dominante.
  • A normalización lingüística: Implicaría, por parte da lingua minorizada, a recuperación do prestixio social.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Os prexuízos son preferencias que sentimos por algo antes de coñecelo. Baséanse en estereotipos, que son ideas atribuídas a un grupo só por pertencer a el.

Os prexuízos lingüísticos son preferencias que sentimos por palabras ou linguas; os estereotipos lingüísticos son as crenzas sobre as linguas e os seus falantes.

Na sociedade galega existiron prexuízos e valoracións negativas sobre o idioma, e por iso os galegofalantes abandonaban a lingua. Hai que combater os prexuízos para evitar todo isto.

A Prosa entre 1936 e 1976: Os Renovadores

A Guerra Civil tronzou a obra dos prosistas da preguerra e, ata os anos 50, a literatura galega viviu unha etapa de silencio case absoluto. Na prosa destas décadas podemos diferenciar:

  • A prosa dos escritores do exilio.
  • Nos anos 50 iniciaranse os denominados renovadores da prosa.
  • Nos anos 60 xorde unha nova xeración: A Nova Narrativa Galega.

Anxel Fole

Foi un dos principais cultivadores do conto na literatura galega. Características da súa narrativa:

  • Céntrase no mundo rural galego.
  • Toma como base a tradición da narrativa popular oral, tanto nos temas como na técnica.
  • Hai sempre unha mestura de humor e medo, e de realidade e maxia.
  • Utiliza o galego falado nas terras de Lugo.

A súa produción literaria está constituída por catro libros de relatos:

  • Á luz do candil e Terra Brava: Recollen os acontecementos cotiáns das terras do Incio e de Quiroga.
  • Contos da néboa e Historias que ninguén cre: Están ambientados no medio urbano vilán.

Álvaro Cunqueiro

Posuidor dun estilo propio no que construíu obras cun mundo literario no que destacan as seguintes características:

  • Mestura do real e do fantástico.
  • Incorporación á nosa literatura de mitos doutras tradicións.
  • Combina lingua culta e lingua popular.

A súa obra narrativa adoita agruparse en dous grupos:

  • Novelas: Aquí destaca sobre todo Merlín e familia, onde aparece o mago Merlín vivindo na terra luguesa de Miranda. Tamén podemos destacar As crónicas do sochante.
  • Retratos: Destaca Escola de menciñeiros ou Xente de aquí e de acolá, onde aparecen personaxes populares retratados con grande ternura e sentido do humor.

Blanco Amor

Autor que comeza a renovación da narrativa galega e convértese nun dos máximos representantes do realismo social. Características da súa narrativa:

  • Ambientación nun mesmo espazo urbano.
  • Céntrase na problemática das clases máis desfavorecidas.
  • Uso do perspectivismo.
  • Uso da lingua popular.

Destaca: A Esmorga, onde o narrador é interrogado por uns sucesos ocorridos a tres amigos nunha xornada de esmorga. Tamén destaca Os biosbardos.

Neira Vilas

A súa produción pode clasificarse segundo dúas liñas temáticas:

  • O mundo rural: Describe a realidade do campo galego. Destaca Memorias dun neno labrego.
  • A emigración: Céntrase nos problemas desta, desde unha perspectiva dos derrotados. Destaca Camiño bretemoso.

Neira Vilas domina múltiples técnicas narrativas, pero o que ten máis éxito é o uso dunha linguaxe directa cunha estrutura sinxela.

Historia da Normativización: A Construción da Variedade

Calquera lingua precisa dunha variedade que sirva para a comunicación formal, e esta elabórase a través da normativización.

O proceso de formación do galego estándar divídese en catro fases:

  • Galego popularizante: É literario pero próximo á oralidade. A súa fonte é a fala oral con distintas variedades dialectais, vulgarismos e castelanismos.
  • Galego enxebrista: Exáltase o enxebre, todo aquilo diferente ao castelán. Abundan os hiperenxebrismos e os arcaísmos.
  • Galego protoestándar: Empeza a depuración de castelanismos e vulgarismos e a simplificación dos signos ortográficos.
  • Galego estándar: O galego encamiña cara á normalidade e publícanse as Normas ortográficas e morfolóxicas.

Nunha planificación lingüística van unidos dous procesos para aumentar o prestixio da lingua:

  • Normalización: Supón aumentar o número de falantes e as súas funcións.
  • Normativización: Fixar unha normativa e modernizar o seu léxico. Para levala a cabo é necesario:
    • Fixar unha ortografía con criterios fonolóxicos, etimolóxicos e tradición escrita.
    • Seleccionar a variedade estándar combinando trazos dos distintos falares.
    • Elaboración de gramáticas e dicionarios.

Interferencias e desviacións da norma:

  • Hipergaleguismos: Falsa galeguización de formas coincidentes nos dous idiomas.
  • Vulgarismos: Vacilación vocálica ou consonántica.
  • Lusismos: Recórrese ao portugués para substituír formas lexítimas galegas.
  • Arcaísmos: Palabras tomadas dos textos galegos medievais que substitúen a palabras galegas.
  • Castelanismos: Préstamos innecesarios do castelán. A presión do castelán non se limita só ao léxico, senón que afecta a todos os planos da lingua. Poden ser castelanismos fónicos, ortográficos e de acentuación, morfosintácticos, léxicos ou semánticos.

Todas estas interferencias deben ser evitadas; de feito, este é un dos obxectivos da normalización e da normativización.