Superestratos xermánicos e árabes do galego: historia, lingua e esplendor medieval
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,42 KB
Os superestratos xermánicos e árabes
Nos superestratos do galego debemos distinguir dous compoñentes principais: o árabe e o xermánico.
No século V, tras a caída do Imperio Romano e a invasión dos bárbaros, os suevos establecen a súa monarquía en Gallaecia. A Gallaecia sueva foi o primeiro reino nacido en Europa despois da caída do Imperio Romano e mantivo a súa independencia desde (411-585). O pobo suevo foi finalmente anexionado polos visigodos e pasou a depender da monarquía hispanogoda.
A relativa independencia de Gallaecia entre os séculos V, VI e VII, favorecida polo illamento da localización xeográfica, tivo especial importancia para a formación dunha identidade lingüística galaica, pois favoreceu tendencias lingüísticas propias na zona. A influencia das linguas xermánicas na formación do galego atópase na antroponimia, na toponimia e en algúns termos do vocabulario común.
Como os pobos xermánicos eran inferiores en número e principalmente guerreiros, non influíron moito na cultura e na lingua.
A invasión árabe do ano 711 supuxo o fin do reino visigodo. Os árabes iniciaron a súa conquista polo sur e dominaron facilmente, establecendo a súa cultura e a súa lingua. Pero en Gallaecia non chegaron a instalarse, de aí que os trazos dos árabes que influíron no galego sexan de forma indirecta.
O esplendor medieval
A lingua galega, desde o século IX ata a actualidade, sempre tivo que compartir espazo con outras linguas, primeiro co latín e logo, máis tarde, co castelán. Este encontro lingüístico dá lugar ao denominado bilingüismo social.
Na primeira metade da Idade Media o latín era a lingua de prestixio, mentres que na comunicación de xeito familiar se falaba o galego-portugués.
O latín adquiríase cos estudos académicos. Nesta época atopamos o bilingüismo social: o latín era a lingua das funcións con máis prestixio e o galego-portugués, de menos prestixio, pero falado por toda a sociedade.
No século XIII o galego comeza a disputarlle ao latín as funcións nobres, converténdose en lingua de escritura. Galicia vive entón un período de monolingüismo, no cal o galego-portugués se emprega en todos os contextos. Desde o século IX ata o XIII, Galicia vive un período de esplendor político e cultural, e a poboación galega crece de forma notable.