A normativización do galego: fases, etapas e interferencias lingüísticas

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,32 KB
Actualizado el

Resumen

O texto explica o proceso de normativización da lingua galega, desde a estandarización, a grafización e a modernización ata as catro etapas históricas: popularizante, enxebrizante, protoestándar e estándar. Tamén aborda as interferencias do castelán nos planos fónico, morfosintáctico e léxico, así como as desviacións respecto da norma.

Puntos clave

  • Normativizar unha lingua é fixar unha ortografía, unha gramática e un dicionario de referencia.
  • As tres fases do proceso son a estandarización, a grafización e a modernización.
  • O galego iniciou a súa normativización tardiamente, no século XIX, cos autores do Rexurdimento.
  • As catro etapas son: popularizante (ata fins do XIX), enxebrizante (ata 1936), protoestándar (ata fins dos 70) e estándar (ata hoxe).
  • O galego estándar recóllese nas NOMIG, elaboradas polo ILG e a RAG, revisadas en 1995 e reformadas en 2003.
  • As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, e no galego proceden do castelán, sobre todo no plano léxico.
  • As desviacións da norma son vulgarismos, dialectalismos, arcaísmos e hipergaleguismos.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

A Normativización da Lingua Galega

Normativizar unha lingua é fixar unha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar por todos os seus falantes.

Fases do Proceso de Normativización

Este proceso desenvólvese en tres fases:

  • Estandarización: Selección e fixación da variedade escollida como estándar.
  • Grafización: Definir e concretar a forma escrita correspondente á variedade estándar.
  • Modernización: Habilitar a lingua para que poida usarse en todos os rexistros e temas.

A maioría das linguas románicas fixeron este labor durante a Idade Media. Non obstante, o galego comezara xa a sufrir o proceso de minorización, polo que a nosa lingua non emprendeu esa tarefa –imprescindible para a súa normalización social– ata o século XIX, cos autores do Rexurdimento.

Catro Etapas da Normativización do Galego

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:

  1. Galego Popularizante (Ata fins do XIX)

    Utilízase o galego oral no seu rexistro popular, cheo de castelanismos, dialectalismos e vulgarismos.

  2. Galego Enxebrizante (Ata 1936)

    Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma e inclínanse por un modelo diferencialista con respecto ao castelán. Elimínanse moitos castelanismos, pero como contrapartida abundan os hiperenxebrismos. Ademais, os novos modelos de lingua culta (textos medievais e o portugués) dan lugar ao emprego de moitos arcaísmos e lusismos.

  3. Galego Protoestándar (Ata fins dos 70)

    Caracterízase pola simplificación ortográfica e unha tendencia purista no léxico.

  4. Galego Estándar (Ata hoxe)

    Recollido nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), elaboradas polo ILG e a RAG, revisadas en 1995 e reformadas en 2003.

As Interferencias Lingüísticas

As interferencias son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico e que afectan maioritariamente á lingua máis débil. No caso do galego, proveñen do castelán e aparecen en todos os planos da lingua:

  • Plano Fónico

    Eliminación do timbre das vogais de grao medio.

  • Plano Morfosintáctico

    Cambio de xénero en substantivos ou anteposición do pronome persoal átono (ex. *me dixo).

  • Plano Léxico

    É onde máis abundan e responden a diferentes motivacións:

    • Prevalencia da palabra coincidente co castelán (ex. comprar por mercar).
    • Restrición do significado, adoptando a palabra castelá para a realidade de maior prestixio (ex. billa / *grifo).
    • Substitución da forma galega pola castelá (ex. *acera por beirarrúa).

Desviacións da Norma

Chamámoslles desviacións a aquelas voces que non se axustan á normativa, ben porque non pertencen ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), ben por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos).

Preguntas frecuentes

Cales son as fases da normativización do galego?

O proceso desenvólvese en tres fases: estandarización, que selecciona e fixa a variedade estándar; grafización, que define a forma escrita; e modernización, que habilita a lingua para todos os rexistros e temas.

Que son as NOMIG?

As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego son a norma recollida na etapa estándar, elaboradas polo ILG e a RAG, revisadas en 1995 e reformadas en 2003.

Que son as interferencias lingüísticas?

Son o influxo dunha lingua sobre outra, frecuente en situacións de contacto lingüístico, que afecta maioritariamente á lingua máis débil. No galego proceden do castelán e aparecen en todos os planos da lingua.

Que é un hipergaleguismo?

É unha desviación da norma consistente nun invento motivado indirectamente pola presión do castelán, e non se axusta á normativa.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é a primeira fase do proceso de normativización segundo o texto?
2. En que século emprendeu o galego a súa normativización?
3. Cal é a etapa caracterizada pola simplificación ortográfica e unha tendencia purista no léxico?
4. Que etapa se caracteriza por abundar en hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos?
5. Onde se recollen as normas do galego estándar?
6. Cal é o plano da lingua onde máis abundan as interferencias do castelán?
7. Que exemplo se dá de prevalencia da palabra coincidente co castelán?
8. Que se entende por desviacións da norma?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.