A poesía galega entre 1936 e 1975: xeracións do 36, de enlace e das Festas Minervais
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 14,55 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta a poesía galega entre 1936 e 1975, mostrando como a Guerra Civil e a ditadura afectaron á literatura en galego. Describe as tres xeracións poéticas da posguerra (a do 36, a de enlace e a das Festas Minervais), as súas características temáticas e os autores máis representativos de cada grupo.
Puntos clave
- A Guerra Civil e a ditadura obrigaron a literatura galega a calar e a buscar refuxio no exilio, sobre todo americano.
- A creación da Editorial Galaxia en 1950 marca un fito na recuperación da cultura galega dende o propio país.
- A Xeración do 36 (nados entre 1910 e 1920) recolle o neotrobadorismo, o clasicismo e o intimismo, e o socialrealismo de Celso Emilio Ferreiro.
- A Promoción de Enlace (nados entre 1920 e 1930) mestura poesía social e existencial, cun intimismo marcado polo pesimismo vital.
- A Xeración das Festas Minervais (nados na década dos 30) é a primeira xeración propiamente da posguerra e tiña como ligazón as Festas Minervais e o xornal La Noche.
- Os primeiros pasos poéticos da Xeración das Festas Minervais son existencialistas (Escola da Tebra) e logo xiran cara á reivindicación de Galicia.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
A POESÍA ENTRE 1936 E 1975:A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE E A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
A Guerra Civil española marcou un antes e un despois na historia de Galicia. O bando gañador axiña deu mostras do seu desafecto cara ás linguas e culturas periféricas. En canto á literatura galega, na primeira posguerra viuse na obriga de gardar silencio. Moitas das empresas culturais e dos escritores galegos van procurar refuxio no exilio americano, onde unha mostra importante da nosa literatura verá a luz. A creación en 1950 da Editorial Galaxia marca un fito histórico na recuperación da cultura galega dende o propio país. A década dos 60 e primeiros 70 son anos axitados no terreo político e social. A poesía galega comeza marcada polo predominio da liña social e de denuncia, que acadará un considerable éxito ata a década seguinte. Dende os comezos dos 70 vanse percibindo certos indicios de mudanza no ton e nas formas poéticas coa Xeración das Festas Minervais. A fins dos 70 xorden algúns colectivos poéticos renovadores, recuperadores do espírito das vangardas históricas.En Galicia, a mingua da produción editorial entre
1936 e 1950 provoca a irrupción case simultánea de tres grupos xeracionais no panorama da poesía de posguerra:Os poetas da XERACIÓN DO 36 naceron entre 1910 e 1920. Formáronse no marco da II República, baixo a influencia da Xeración Nós e dos vangardistas e desenvolveron a súa actividade poética limitados pola posterior consolidación da ditadura. Moitos deles xa publicaran antes da guerra, mais a súa obra acada maior orixinalidade cara aos anos 50 ou 60.Neste grupo salientan autores que recollen o legado do neotrobadorismo, recuperando as formas da lírica galego-portuguesa medieval (Álvaro Cunqueiro, con Dona do corpo delgado).Outros van buscar o clasicismo en poemas de autores latinos (Aquilino Iglesia Alvariño, con Cómaros verdes). O intimismo, no que se expresan os sentimentos e inquedanzas persoais con lirismo e fondura filosófica, está presente na obra poética de María Mariño (Palabra no tempo).
Aínda que o movemento que callou con máis forza nestes anos foi o socialrealismo, unha poesía de loita contra as inxustizas do mundo, contra a guerra e a falta de liberdades, unha arma política na procura dun mundo máis xusto onde a palabra debe ser sinxela e accesible para todos. Celso Emilio Ferreiro é o poeta máis destacable: O soño sulagado, Longa noite de pedra...Os poetas da PROMOCIÓN DE ENLACE nacen entre 1920 e 1930. Non é un grupo homoxéneo, únense autores que viviron a Guerra Civil como adultos con outros que xa non tiveron unha experiencia directa do conflito. Algúns deles deben comezar publicando en castelán e reciben influencias dos poetas do grupo do 27. Estes autores posúen un forte trazo individualista nas súas composicións, mesturan a poesía social coa existencial e desenvolven un intimismo tinguido de pesimismo vital. Luz Pozo Garza (O paxaro na boca),Antón Tovar (A nada destemida).
A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS composta por autores que nacen na década dos 30 e comezan o seu labor literario na década dos 50. Son a primeira xeración propiamente da posguerra, tremendamente rupturista. Hai unha serie de proxectos, inquietudes e ideoloxía que os unen: as Festas Minervais, o xornal “La Noche” .Podemos distinguir o grupo compostelán e o grupo Brais Pinto. Os primeiros pasos poéticos destes autores son existencialistas (é “Escola da Tebra”) e, posteriormente, asúa actividade xirará arredor da reivindicación de Galicia a través de proxectos culturais con influencias artísticas e literarias internacionais.Salientan Manuel María (Terra Chá), Uxío Novoneyra (Os eidos), Bernardino Graña (Poema do home que quixo vivir) e Xosé Luís Méndez Ferrín, (a lembranza do pasado, o paso do tempo, o amor, a morte) (Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens)
A PROSA ENTRE 1936 E 1975:OS RENOVADORES DA PROSA(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS)
Debido a factores como a falta de público, a desaparición dunha industria editorial de signo galeguista e, sobre todo, a situación política xerada (ditadura, censura, persecución lingüística...), a prosa galega deixa de ter continuidade nainmediata posguerra e vese así truncado o camiño iniciado pola Xeración Nós. Deste xeito, a literatura galega instalarase neste período case exclusivamente no exilio e só a partir dos anos 50, grazas ao labor dos homes vinculados ao proxecto Galaxia, se vai iniciar unha lenta e progresiva recuperación dos ámbitos escritos na nosa lingua.Así as cousas, na produción narrativa de posguerra destacan: escritores procedentes da etapa anterior, como Otero Pedrayo, e outros que continúan na liña da Xeración Nós, como Ricardo Carballo Calero; o movemento anovador coñecido como Nova Narrativa Galega, que incorpora novas técnicas e novos temas á nosa prosa de ficción; no exilio, un grupo de autores que centran a súa obra, de carácter autobiográfico, en temas relativos á resistencia ou á represión durante a Guerra Civil e a posguerra; e un grupo de narradores caracterizados, dende o punto de vista literario, pola súa individualidade, que na década dos 50 van publicar obras que se converterán en clásicos da literatura contemporánea.Como representante do Realismo popular e recreador dunha Galicia rural e misteriosa temos a Ánxel Fole. O seu maior recoñecemento provén dos seus libros de contos, que recuperan a tradición popular, ambientados no rural galego, como Á lus do candil e Terra brava, e levados ao espazo urbano coas preocupacións propias do rural, como en Contos da néboa e Historias que ninguén cre.Eduardo Blanco Amor convértese no escritor realista de marcado carácter social. As súas obras están situadas no Ourense de principios do século XX, e plasman a vida das clases obreiras ou marxinais, denunciando as inxustizas que padecen nunha lingua popular. Entre a súa produción en prosa cabe salientar: A esmorga (que narra vinte e catro horas de esmorga itinerante de tres personaxes a través da declaración que un deles presta ante o xuíz despois da morte dos seus compañeiros tras unha pelexa entre eles), a colección de contos Os biosbardos, e Xente ao lonxe (novela complexa que relata, con distintos narradores e puntos de vista,
a evolución do socialismo en Ourense).Álvaro Cunqueiro dende un discurso realista pon ao lector en contacto cun mundo no que se combinan realidade e fantasía. As súas obras estilisticamente tenden á disgregación, e as historias superpóñense unhas a outras. Destacamos as novelas Merlín e familia (presenta o mago Merlín, personaxe da tradición artúrica, residindo na terra luguesa de Miranda e resolvendo dun xeito marabilloso diferentes problemas), As crónicas do sochantre (nárranse as peripecias dun músico que vai tocar ao funeral dun nobre na Bretaña e na carroza na que viaxa atópase cuns personaxes de ultratumba que lle contan as súas respectivas historias), Si o vello Simbad volvese ás illas (o famoso navegante, xa na súa vellez, dedícase a contar as historias vividas, pero sospeita que os seus oíntes non cren o que conta e decide embarcar de novo tendo que resignarse a volver superado pola realidade), así como os libros de relatos Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes, onde se mesturan a fantasía e o humor presentando unha serie de personaxes que ben poden definir a personalidade galega.Deste grupo, o autor máis novo, Xosé Neira Vilas, convértese no pintor do mundo rural galego e da emigración. Adoita clasificarse a súa obra baixo dous eixes temáticos: a novela cun neno como protagonista e con protagonista adulto; e, por outro lado, a Galicia interior (sociedade campesiña marcada pola opresión e pola pobreza) e a Galicia emigrante (emigración forzosa, morriña da terra, dificultades de adaptación ao mundo urbano, loita por saír da miseria...). Memorias dun neno labrego, é a súa gran obra e a novela de maior difusión da literatura galega. Nelarelátanos como Balbino, un rapaz de aldea, “un ninguén”, nunha especie de diálogo consigo mesmo, conta as miserias que ten que soportar na súa vida cotiá, os traballos e inquedanzas que non son solucionadas e que o fan sufrir ante a incomprensión dos que o rodean.
A NOVA NARRATIVA GALEGA
CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVASNos primeiros anos 50 do século XX prodúcese unha importante renovación na narrativa galega debido á incorporación dun grupo de escritores moi novos que pretenden superar os modelos existentes e introducir novos temas e técnicas propias dos máis innovadores autores e correntes literarias. A Nova Narrativa Galega é un movemento desenvolvido dende mediados dos anos 50 e ao longo dos 60 que pretende romper coa narrativa anterior inserindo temas e técnicas novas, influído polos autores da narrativa universal do século XX (Joyce...)Os autores que a compoñen participan de características comúns (nados entre 1930 e 1940) e propóñense mesmos obxectivos: renovar a narrativa galega, manter unha actividade cultural e política de signo galeguista e unha práctica monolingüe en galego.Entre as características xerais salientan: o abandono do antropocentrismo, a expresión do absurdo da existencia nun mundo sen sentido, o intimismo e a introspección, a ausencia de preocupación inmediata polos conflitos do país, a recorrencia a un mundo simbólico ou fantástico que se mestura coa realidade, a presenza do sexo,violencia,morte.O multiperspectivismo, coa presenza de varios narradores nun mesmo relato, o predonimio do monólogo interior e a técnica do obxectalismo marcan o punto de vista e as técnicas narrativas propias destas obras.En canto ao espazo e ao tempo, os ambientes adoitan ser urbanos, claustrofóbicos e sórdidos, cunha xustaposición de planos temporais (non hai unha orde cronóloxica, avances e retrocesos). E os personaxes aparecen desprovistos de caracterización psicolóxica (seres anónimos, desarraigados, desorientados...), violentos e agresivos, a miúdo inmersos en estados patolóxicos.Os principais representantes deste movemento son Camilo Gonsar (Cara a Times Square), Gonzalo Rodríguez Mourullo (Memoria de Tains). Se poderían incluír dentro desta corrente as primeiras obras da narrativas de Xosé Luís Méndez Ferrín, co libro de relatos Percival e outras historias, onde recupera o ciclo artúrico nun ambiente cotián, e O crepúsculo e as formigas, protagonizados polo absurdo, a violencia, as relacións opresor-oprimido... , e as súas novelas Arrabaldo do norte, Retorno a Tagen Ata, e Carlos Casares, con personaxes violentos e perigosos, monólogos interiores, diferentes narradores e rupturas temporais:en Vento ferido, Cambio en tres...
O TEATRO GALEGO ENTRE 1936 E 1975:A XERACIÓN DOS 50 E O GRUPO DE RIBADAVIA
Do mesmo xeito cós outros xéneros literarios, o teatro galego tamén tivo grandes problemas para poder manter unha certa actividade en Galicia durante a ditadura do xeneral Franco. A escénica apenas existiu e foron moi poucos os autores que o cultivaron de forma continuada, situación que iría mudando co tempo. Foi, con todo, no exilio americano onde este xénero tivo, nun principio, máis fortuna ao existir certa continuidade dende o punto de vista da representación.Na década dos 50 aparece en Galicia un teatro que presenta como trazo común caracterizador o desexo de transcender a propia realidade física e social na que viven os autores para presentar conflitos, situacións e personaxes cunha proxección universal, ofrecendo unha visión escura e conflitiva do mundo e da existencia.Houbo moi poucas publicacións e representacións teatrais. Trátase de teatro máis para ler que para ser representado, pois as posibilidades de seren plasmadas estas obras no escenario eran máis ben escasas.Os autores máis relevantes desta Xeración dos 50 son Álvaro Cunqueiro, coa peza que vai incluída n’As crónicas do sochantre, “Romeo e Xulieta, famosos namorados”, A noite vai coma un río e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (onde recrea e reinterpreta o mito de Hamlet); Ricardo Carballo Calero, quen se preocupa por temas transcendentais como o amor, a morte, a política... En obras como Auto do prisioneiro.As condicións socioeconómicas existentes en Galicia a partir de mediados dos 60 propician a recuperación das actividades teatrais. O teatro feito nas décadas dos 60 e 70 contraponse ao futuro teatro independente por preocuparse pola reivindicación e exposición das problemáticas sociais fronte ao afán independente pola procura de novos camiños dramatúrxicos dos máis novos.Nacen, así, importantes formacións como o grupo teatral “O Facho” ou o “Teatro Circo”, primeiro grupo teatral independente galego.Xa a comezos da década seguinte van aparecendo novos grupos, ata que en 1973 se celebra a I Mostra de Teatro de Ribadavia, que terá continuidade en sucesivas edicións ata 1980, e que servirá de punto de partida e de encontro para numerosos autores e grupos do noso país e suporá un enorme apoio á dinamización do teatro galego. Os trazos que caracterizan este teatro son: maior abertura nos temas e na forma e compromiso autorial por e para o teatro en exclusiva.Algúns dos dramaturgos vinculados a estas mostras e que
conforman o coñecido como Grupo de Ribadavia son: Manuel Lourenzo, que cultivou as liñas temáticas clásica-mítica, histórica e a do “inmediato” (criticar acontecementos propios da realidade que vivía) en obras como Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca e Electra; Roberto Vidal Bolaño, que incorpora nas súas pezas motivos da cultura popular e unha ironía e crítica aceda da sociedade, como en Ledaíñas pola morte do meco e Laudamuco, señor de ningures; e Euloxio Ruibal, autor dun teatro experimental, con textos que constitúen unha manifestación contra a violencia e a opresión, como en Zardigot, sobre a corrupción do poder, como en Azos de esguello, ou de carácter alegórico sobre as políticas medioambientais, como en Maremia.
Preguntas frecuentes
Que é a Xeración do 36 na poesía galega?
É o grupo de poetas nados entre 1910 e 1920, formados na II República e influídos pola Xeración Nós e as vangardas. Recollen o neotrobadorismo, o clasicismo e o intimismo, e Celso Emilio Ferreiro é o seu poeta máis destacable, co socialrealismo.
Que características tiña a Promoción de Enlace?
Era un grupo non homoxéneo de autores nados entre 1920 e 1930, con forte individualismo, que mesturaba a poesía social coa existencial e desenvolvía un intimismo tinguido de pesimismo vital. Entre os seus autores figuran Luz Pozo Garza e Antón Tovar.
Por que a Xeración das Festas Minervais é rupturista?
Porque é a primeira xeración propiamente da posguerra, con proxectos e ideoloxía comúns, e os seus primeiros pasos poéticos foron existencialistas antes de centrarse na reivindicación de Galicia.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.