Cantiga nova que se chama riveira
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 9,15 KB
12.PANORAMA DE RENOVACIÓN LITERARIA GALEGA: A POESÍA
1.1 A tendencia neotrobadorista, consiste na recreación das cantigas de amigo cunha estética contemporánea debido á lectura dos Cancioneiros Medievais. O abraio das cantigas medievais os leva a introducir na súa obra elementos do seu estilo , da súa temática e selección léxica que remite ás cantigas. Combinan todo isto cos trazos vangardistas. Destacan Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira) e Fermín Bouza Brey (Nao senlleira).
1.2 Tendencia hilozoísta ou imaxinista: caracterízase pola brevidade e sinxeleza, permanecen esquemas de rima e métrica tradicionais, hai frecuentes personificacións de elementos da ntza
1.3 Tendencia propiamente vangardista, baséase na asimilación de diferentes ismos europeos. Represéntana:
Manuel Antonio con De catro a catro,
1.3.1 Álvaro Cunqueiro: naceu en Mondoñedo 1911, foi un poeta moi receptivo cara as vangardas en libros como: Mar ao norde, cubista; Poemas do si e non, surrealista; Cantiga nova que se chama Riveira, neotrobadorista. Na súa vila promoveu unha “oficina lírica” da que saíron a editora “Un” e a revista Galiza.
1.3.2 Manuel Antonio: naceu en Rianxo 1900, representa o prototipo de de artista de vangarda. A súa actitude ideolóxica está formada polo espírito de rebeldía, compromiso nacionalista galego e simpatía polos ideais anarquistas. No manifesto ¡Máis alá! e nalgún artigos expón a súa posición rupturista da literatura galega de aquel momento. Emprega a arte popular como unha base e non como un modelo. Non quixo seguir exactamente ningún ismo pero recolleu algúns elementos deles, sobre todo do Creacionismo. A evolución poética de Manuel Antonio se divide en tres etapas:
* A de formación, anterior a adoptar o estilo vangardista, próximo ao modernista.
*A de ruptura vangardista, a partir dos poemas que envía ao xornal A Nosa Terra e do seu primer poemario, Con anacos do meu interior
.
*A de retroceso na audacia vangardista, ausencia de experimentacións de diseño, retorno á lóxica do discurso. Mantén o ton desesperanzado da etapa anterior.
De cato a catro (1928)
é o único libro editado polo autor en vida e é a obra cumio da vangarda galega. Foi escrito durante as primeiras navegacións do poeta, en calidade de piloto. Consta de 19 poemas e ten por subtítulo “Follas sin data dun diario de abordo”.