Séculos Escuros e Ilustración na Literatura Galega: resumo

Lengua y literaturaActualizado el 9,26 KB

Resumen

O documento repasa a literatura galega dos Séculos Escuros, desde a execución de Pardo de Cela ata o XIX, cando o galego quedou fóra dos rexistros formais. Tamén analiza a Ilustración, co auxe do racionalismo, as ideas dos ilustrados sobre o idioma e autores como o Padre Feixóo e o Padre Sarmiento. Por último, presenta a literatura oral popular e os seus xéneros.

Puntos clave

  • Nos Séculos Escuros, desde a execución de Pardo de Cela ata o XIX, o galego foi expulsado das manifestacións escritas formais.
  • A diglosia castelán-galego e a imposición do castelán marcaron a marxinación do galego, que quedou como lingua oral.
  • A Ilustración trouxo o racionalismo, o afán enciclopédico e os primeiros estudos sobre a orixe do galego.
  • O Padre Sarmiento, pai da Filoloxía galega, escribiu o Coloquio de 24 gallegos rústicos e reivindicou o galego no ensino e na igrexa.
  • Francisca de Isla y Losada tivo unha excelente cultura pese a ter prohibido o acceso da muller á universidade.
  • A literatura oral popular é anónima, transmitida de xeración en xeración e inclúe cancioneiros, narrativa oral e lendas.

Ponte a prueba

Séculos Escuros e Ilustración na Literatura Galega

SÉCULOS ESCUROS: Finais do S.XV (decapitación de Pardo de Cela) a principios do S.XIX, o galego foi expulsado das manifestacións escritas formais.

Contexto Histórico

Dominio político castelanizador: altos cargos eclesiásticos ocupados por foráneos, a alta nobreza galega trasladada a Castela, a Xunta do Reino de Galicia ten limitadas as funcións (cobro de impostos, reclutar soldados). As guerras supuxeron: levas de soldados, aumento do pago de impostos, ataques ás costas galegas.

Demografía: ↑ demografía rural, emigración anduriña a Castela, Portugal e Andalucía.

Economía: Campesiñado segue pagando rendas aos propietarios, actividades artesanais, mareantes organizando actividades de pesquería, actividades portuarias, non acceso ao tráfico con Indias, tráfico comercial costeiro, comercio por terra a Castela.

Situación sociolingüística: Imposición do castelán, marxinación do galego, diglosia (castelán en rexistros escritos e formais, galego prohibido en rexistros escritos e formais), galego exclusivo para lingua oral, eliminación do galego nos ámbitos administrativos, académicos..., castelán en ámbito relixioso, castelán avanza moi lento.

Consecuencia da marxinación do galego: carencias dunha variedade estándar, abundancia de variedades dialectais non valoradas positivamente, ruralización do léxico dando lugar ao castrapo, castelanización de antropónimos, galego como dialecto, aparición de sentimento de autoodio e complexo de inferioridade.

Cambios fonéticos: aparición do [θ-] que substitúe a ts e ds, aspiración do son [g] dando lugar á gheada, perda dos correlatos sonoros «s» e «x», nas grafías galegas cambia a Ñ e LL, nos pretéritos aparecen formas en -O, imposición do artigo precedendo ao posesivo.


Textos escritos: poucos textos, sen intención de cuestionar o status do castelán.

Poesía

Pranto da Fouxeira - 2 poemas sobre a execución de Pardo de Cela, debate entre anónimo ou escrito por Fernando de Saavedra Rivadeneira. Soneto de Monterrei - anónimo, diálogo entre cabaleiro e pastorela. Coplas no saqueo de Cangas polos turcos - anónimo, ataque dos piratas turcos en Cangas. Décimas ao Apóstolo Santiago Martín Torrado de Figueiras - sátira sobre a institución de Santa Teresa como patroa de España. 9 romances das Festas Minervais - varios autores. Villancicos compostos nos S. XVI-XVII - anónimos e de autor, cantos de Nadal con personaxes galegos.

Teatro

Diálogo de Albert e Bieito - 2 homes que se queixan das condicións de vida do campesiñado galego. Entremés de Janiño e os pastores - finais S. XVI. Entremés de los gallegos - discusión cómica por celos entre un matrimonio. Entremés famoso sobre da pesca no río Miño - disputa entre pescadores galegos e portugueses.

Prosa

Relación da Carta executoria - diferentes versións sobre a execución do Mariscal. Cartas do ou para o Conde de Gondomar - diferentes remitentes. Historia de Don Servando e Memoria da fundación da Confraría de Cambeadores - 2 falsos cronicóns para o ennobrecemento de estirpes familiares.


A Ilustración

Situación Política

Austrias substituídos polos Borbóns.

Reforzo dun estado centralista e unificador, potencia a imposición do castelán.

Situación Socioeconómica

Mantemento da sociedade estamental, pervivencia dos foros, imposición da matrícula do mar, recesión económica, introdución de novos cultivos, auxe da actividade comercial en cidades portuarias, autorízase o comercio con América, penetración dos fomentadores cataláns.

Demografía

Galicia costeira moi poboada, incremento da poboación urbana en cidades, a partir do S.XVIII a emigración trasládase a América.

Situación Sociolingüística

Maior retroceso do galego.

Os Borbóns pretenden a homoxeneización lingüística impoñendo o castelán, extensión social do castelán, reforzo da diglosia, reforzo dos prexuízos lingüísticos ata hoxe.

Aparición da Ilustración

Triunfo do Racionalismo, desenvolvemento científico-técnico, recuperación dos canons estéticos clásicos greco-latinos, aparecen intelectuais que queren achegar solucións a problemas económicos... As obras dos ilustrados teñen afán enciclopédico, pretenden mellorar a agricultura, a industria e o comercio, queren reformar os métodos pedagóxicos, defenden a igualdade de xéneros, condenan a tortura, a guerra e a pena de morte, denuncian a situación do galego, fan os primeiros estudos sobre a orixe do idioma galego.

10 Ideas da Ilustración Galega sobre o noso idioma

  1. O galego procede do latín.
  2. O galego-portugués constitúen un único sistema lingüístico, presentan poucas diferenzas fonéticas e léxicas.
  3. A evolución do latín ao galego é moi pequena.
  4. O galego é anterior ao portugués.
  5. O portugués procede do galego.
  6. Antes do S.XVI escribíronse textos xudiciais ou administrativos.
  7. A decisión de deixar de escribir en galego non foi voluntaria.
  8. Os casteláns impuxeron o uso do seu idioma en ámbitos prestixiosos onde antes estaba o galego.
  9. O ensino debería ser en galego.
  10. Os catecismos deberían ser en galego e os curas deben coñecer o galego para poderen exercer en Galicia.


Literatura Ilustrada

Padre Feixóo (1676-1764)

Escribiu Teatro Crítico Universal.

Defende a igualdade entre homes e mulleres, expón as vantaxes da lectura, rexeita a tortura, denuncia a rapina española na Conquista de América, do galego di que vén do latín, que non é dialecto e que forma unidade co portugués.

Padre Sarmiento (1695-1772)

Pai da Filoloxía románica e da galega, fai viaxe por Galicia e recopila e estuda o idioma galego. Coloquio de 24 gallegos rústicos principal obra literaria culta da Ilustración (con esta obra trata de demostrar a valía do galego como idioma poético e na obra falan diferentes aldeáns e amosa o léxico que recopilou), 1º en reflexionar sobre o proceso histórico de imposición do castelán, doa 1ºs en dar noticia do pasado do galego como idioma para a escritura, describiu e criticou o autoodio, 1º en reivindicar a utilización do galego no ensino e na igrexa.

Cura de Fruíme, Diego de Cernadas e Castro (1698-1777)

Extensa obra en prosa, verso e teatro contén 15 composicións en galego.

1º xornalista galego, as súas obras foron publicadas postumamente, 24 poemas en galego textos cun profundo galeguismo.

Xosé Cornide e Saavedra

Autor do soneto A Filida, considerado a mostra máis destacada do que puido ser a literatura prerromántica.

Francisca de Isla y Losada (1734-1808)

Tivo unha excelente cultura a pesar de estar prohibido o acceso da muller á universidade.

Ademais de escritora foi editora, destruíu gran parte da súa obra e consérvanse algunhas cartas, escribiu algúns textos en galego como Romance Galego.


Literatura dos Séculos Escuros

Literatura Oral Popular

Conxunto moi variado de xéneros verbais creados polo pobo.

Transmitida de xeración en xeración, gran variedade de versións dun mesmo texto, é anónima, ten funcionalidade concreta, adoita estar acompañada de melodías, consérvase pola memoria colectiva polo que moita desaparece.

Ten un gran valor porque:

  • Son tesouro estético e estilístico.
  • Son documentos sociohistóricos (o pobo retrata a súa vida).
  • Son documentos lingüísticos.
  • Transmiten sabedoría popular.
  • Visibilizan as mulleres.
  • Inflúen na literatura culta.
  • Son fontes de inspiración para artistas musicais.

Está formada por:

Cancioneiros populares: cantigas formadas por estrofas breves, sintaxe sinxela, solen ir acompañadas por música.

Narrativa oral: contos, lendas, refráns e adiviñas.

Lendas: etiolóxicas - ofrecen a orixe dun nome de lugar, dun feito..., haxiográficas - feitos relixiosos, históricas - narran un suceso acontecido.

Contos: marabillosos - personaxes fantásticos, exemplares - ensinanza didáctica ou moral, anecdóticas e humorísticos.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen foi o Padre Sarmiento?

Foi o pai da Filoloxía románica e da galega. Viaxou por Galicia, recopilou e estudou o idioma galego e escribiu o Coloquio de 24 gallegos rústicos.

Que características ten a literatura oral popular?

É anónima, transmítese de xeración en xeración, ten funcionalidade concreta e adoita ir acompañada de melodías. Moitas obras desaparecen porque se conservan só pola memoria colectiva.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Desde cando ata cando o galego foi expulsado das manifestacións escritas formais segundo o documento?
2. Que autor é considerado pai da Filoloxía románica e da galega?
3. Que obra do Padre Sarmiento é destacada como a principal obra literaria culta da Ilustración?
4. Que idea defendían os ilustrados sobre a relación entre galego e portugués?
5. Quen escribiu o soneto A Filida, considerado unha mostra prerromántica?
6. Que xénero da literatura oral inclúe lendas, contos, refráns e adiviñas?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.