Cantares Gallegos de Rosalía de Castro: análise completa

Lengua y literaturaActualizado el 3,28 KB

Resumen

Este documento analiza Cantares Gallegos (1863), obra que marca o inicio do Rexurdimento da literatura galega. Explica a súa importancia como primeiro libro poético de valor en galego moderno, a súa estrutura circular de 36 poemas e os catro núcleos temáticos: costumista, amoroso, intimista e social e patriótico.

Puntos clave

  • Cantares Gallegos (1863) marca o inicio do Rexurdimento da literatura galega.
  • É o primeiro libro de valor poético escrito en galego moderno.
  • A obra imita o Libro de los cantares de Antonio Trueba e está formada por 36 poemas con estrutura circular.
  • Os poemas divídense en catro núcleos: costumistas, amorosos, intimistas e sociais e patrióticos.
  • Denuncia a marxinación dos galegos, especialmente labregos, emigrantes e mulleres.
  • Reivindica a validez do galego para escribir todo tipo de poesía.

Ponte a prueba

Cantares Gallegos (17/05/1863)

Significado e Impacto

A publicación de Cantares Gallegos marca o inicio do Rexurdimento da literatura galega. Antes dela, o galego tiña escasa presenza no ámbito literario. Os cancioneiros medievais aínda non se coñecían nin existían compilacións da lírica popular. Ata aquel momento, a obra máis sobresaliente da literatura galega moderna era A gaita gallega (Xoán Manuel Pintos).

É un libro de inspiración popular polos temas que trata, pola capacidade da súa autora para captar a actitude e as vivencias da xente do pobo, por asumir como propios os seus “cantares” e pola lingua e forma de expresión utilizadas.

A súa importancia vén dada porque:

  • É o primeiro libro de valor poético escrito en galego moderno.
  • É unha alegación en contra daqueles que, sen razón nin coñecemento, desprezaban Galicia.
  • Denuncia a marxinación de que eran obxecto os galegos, e en particular os labregos, emigrantes e mulleres.
  • Reivindica a validez e capacidade do galego como lingua para escribir todo tipo de poesía.
  • Convértese en modelo dunha serie de obras que se publicarían nas seguintes décadas imitando o seu contido e forma.

Estrutura e Temas Principais

Rosalía explica que compuxo esta obra como imitación do Libro de los cantares de Antonio Trueba, de quen tomou a idea de glosar cantares ou ditos populares.

Os 36 poemas estrutúranse de xeito circular e pechado porque o prólogo ten a mesma voz lírica que o epílogo: nun poema inicial unha moza é convidada a cantar, e finalmente o libro péchase con outro en que esta mesma se despide dando por cumprida a súa misión e pedindo perdón pola pouca graza do seu cantar. Os 34 poemas restantes teñen voces distintas e son de temas variados. Nalgúns, a voz poética pódese identificar coa de Rosalía, pero na maioría deles aparecen e falan outros personaxes, case sempre de extracción social popular e labrega. Entre todos compoñen unha especie de retablo da sociedade galega da época.

Os Catro Núcleos Temáticos

A obra divídese en catro núcleos temáticos principais:

Poemas Costumistas

Son os máis numerosos e describen aspectos da vida galega da época: romarías, supersticións, devocións populares, festas e traballos na aldea, tipos populares, etc. Exemplos: Nosa Señora da Barca, Un repoludo gaiteiro, San Antonio bendito.

Poemas Amorosos

Expoñen coitas sentimentais por medio de monólogos ou diálogos entre homes e mulleres. Exemplos: Quíxente tanto, meniña, Cando a luniña aparece, Cantan os galos para o día.

Poemas Intimistas

Expresan vivencias e sentimentos persoais, como a melancolía, a soidade e a lembranza dos antepasados e da infancia. Exemplos: Campanas de Bastabales, Como chove muidiño.

Poemas Sociais e Patrióticos

Denuncian as inxustizas sociais nun ton de sarcasmo, ironía e dor ante problemas como a emigración ou o trato que reciben os galegos fóra de Galicia. Exemplos: Adiós ríos, adiós fontes, Airiños, airiños, aires, A gaita gallega, Castellanos de Castilla.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Por que Cantares Gallegos é tan importante?

É o primeiro libro de valor poético en galego moderno e marca o inicio do Rexurdimento. Ademais, reivindica o galego como lingua literaria válida e serve de modelo para obras posteriores.

Cantos poemas contén Cantares Gallegos?

A obra contén 36 poemas. O prólogo e o epílogo teñen a mesma voz lírica, o que lle dá unha estrutura circular e pechada.

Cales son os catro núcleos temáticos da obra?

Son os poemas costumistas, amorosos, intimistas e sociais e patrióticos. Cada grupo trata temas distintos, desde a vida na aldea ata a denuncia das inxustizas sociais.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que obra considérase a máis sobresaliente da literatura galega moderna antes de Cantares Gallegos?
2. De quen tomou Rosalía a idea de glosar cantares populares?
3. Cantos poemas forman Cantares Gallegos?
4. Que núcleo temático denuncia as inxustizas sociais con sarcasmo e ironía?
5. Que poema é un exemplo dos poemas intimistas?
6. Que se denuncia en Cantares Gallegos sobre os galegos?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.