Galicia no século XX: sociedade, nacionalismo e lingua galega

Lengua y literaturaActualizado el 5,4 KB

Resumen

O documento repasa a sociedade galega de comezos do século XX, as clases sociais, a modernización económica e a emigración. Tamén analiza o nacemento do nacionalismo galego, con as Irmandades da Fala, a Xeración Nós e o SEG, e a situación da lingua galega ata o Estatuto de Autonomía de 1936.

Puntos clave

  • A fidalguía perdeu a súa hexemonía coa redención dos foros (1926).
  • A burguesía industrial e comercial comezou a medrar, vinculada á banca, o comercio e a administración.
  • O campesiñado, maioritario, sufriu despoboación, emigración e proletarización.
  • As Irmandades da Fala (1916) defendían a autonomía integral e a cooficialidade do galego e do castelán.
  • A Xeración Nós (1920) e o Seminario de Estudos Galegos (1923) impulsaron a cultura e a investigación científica sobre Galicia.
  • O Estatuto de Autonomía de 1936 estableceu a cooficialidade do galego e castelán, pero a Guerra Civil interrompeu a súa aplicación.

Ponte a prueba

Contexto histórico, social, cultural e lingüístico

Na Galicia de comezos do século XX prodúcese o esmorecemento da vella sociedade agraria.

Clases sociais e as súas características

Fidalguía:
Xa en decadencia dende o século XIX, a súa hexemonía social e económica extinguiuse definitivamente ao perder o seu dereito de cobrarlle rendas aos campesiños pola explotación das terras (redención dos foros, 1926).

Burguesía:
Comezou a medrar unha burguesía ou clase media industrial e comercial. Esta vivía vinculada aos sectores produtivos máis modernos: banca, comercio, transporte, docencia e administración.

Campesiñado:
A modernización, a través das sociedades agrarias e dos sindicatos agrarios (movemento agrarista e Liga Agraria Galega) baseouse na reivindicación da redención dos foros. Pola súa abundancia numérica, representaban o grupo social máis importante da sociedade galega.
Experimentou unha perda de peso progresiva pola despoboación do rural, o auxe da emigración e o proceso de proletarización. Os labores da muller no campo e nas casas tiveron un papel crucial no traballo labrego.

Proletariado:
Nas cidades e nalgunhas vilas desenvolveron novos movementos sindicais, fundamentalmente a través dos sindicatos obreiros. Estes traballadores foron man de obra industrial e urbana, de sectores como a metalurxia, fábricas, construción naval, salgado, etc.

Modernización da economía galega

A modernización da economía galega nestes anos, aínda que limitada, supuxo melloras na estrutura produtiva do país:

  • As terras de cultivo, xa propiedade do labrego, comezaron a ser explotadas con novos sistemas e maquinaria agrícola, aumentando a produtividade.
  • Transformouse o sector gandeiro, con especial importancia do gando bovino e porcino.
  • Acelerouse o proceso de industrialización, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra, nos sectores da pesca e conserva, metalurxia e industria madeireira.
  • O crecemento urbano comportou a aparición de empresas relacionadas co transporte e coa enerxía (tranvías, autobuses, compañías eléctricas…).

A pesar destes avances, a emigración continuou sendo moi intensa, tanto cara ao interior (desruralización) como cara a América (Arxentina, Brasil, Cuba…).

O nacemento do nacionalismo galego

Nas primeiras décadas do século consolidouse o nacionalismo. Os movementos máis salientables foron:

  • As Irmandades da Fala (1916), que naceron a partir da defensa da lingua, cun ideario de reivindicación política nacionalista.
  • Reclamaban unha autonomía integral para Galicia como paso previo a unha federación peninsular.
  • Defendían a cooficialidade lingüística do galego e o castelán.
  • Pretendían lograr unha autonomía económica, con capacidade tributaria propia.
  • Solicitaban o recoñecemento da parroquia como entidade xurídica.
  • Reivindicaban a igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

Entre os principais persoeiros destas organizacións destacaron R. Cabanillas e Antón Villar Ponte.

A Xeración Nós e o Seminario de Estudos Galegos

  • A Xeración Nós (1920), inspirada no labor literario e cultural, estivo formada por figuras como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao. Pretendía dotar á cultura galega dun contido científico e universal.
  • O Seminario de Estudos Galegos (SEG, 1923) centrouse na investigación científica de Galicia (historia, xeografía, arqueoloxía…).
  • O Partido Galeguista (1931), arredor do que se sintetizaron os esforzos do nacionalismo galego, redactou o Estatuto de Autonomía de 1936. Aprobouse en referendo, mais a súa aplicación foi interrompida pola Guerra Civil.

Situación lingüística no século XX

A comezos do século XX o número de falantes monolingües en galego seguía a descender debido á situación de diglosia, que favorecía o castelán como lingua de ascenso social.

Porén, o período supuxo un salto cualitativo na normalización do galego:

  • Incrementouse a produción literaria (sobre todo a lírica).
  • 1906: fundación da Real Academia Galega, primeira data significativa.
  • Desde entón, o galego vincúlase á defensa da identidade nacional (Irmandades da Fala, Xeración Nós, SEG…).

Avances do idioma galego

Realízanse estudos fundamentais:

  • Gramática do Idioma Galego (1922) de Manuel Lugrís Freire.
  • Algunhas normas para unificación do idioma galego (1933) da sección de Filoloxía do SEG.
  • O galego gaña novos espazos literarios e culturais: ensaio científico e político, xornalismo, teatro, traducións…
  • Comeza a empregarse en todo tipo de actos públicos.

A culminación deste proceso foi o Estatuto de Autonomía de 1936, que establecía:

  • A cooficialidade do galego e castelán.
  • A introdución do galego no ensino e na Administración.
  • A potenciación xeral do seu uso.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que foron as Irmandades da Fala?

Foron un movemento nacido en 1916 a partir da defensa da lingua, con un ideario político nacionalista. Reclamaban a autonomía integral para Galicia como paso previo a unha federación peninsular.

Que establecía o Estatuto de Autonomía de 1936?

Establecía a cooficialidade do galego e do castelán, a introdución do galego no ensino e na Administración e a potenciación xeral do seu uso. Foi aprobado en referendo, pero a súa aplicación foi interrompida pola Guerra Civil.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano se produciu a redención dos foros?
2. Que organización foi fundada en 1906?
3. Quen redactou a Gramática do Idioma Galego (1922)?
4. Que grupo social era o máis numeroso na Galicia do século XX?
5. Que sindicatos e movemento impulsaron a reivindicación da redención dos foros?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.