O rochedo peninsular: tipos de relevo e áreas litolóxicas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,38 KB
O rochedo peninsular e os tipos de relevo
Na península poden distinguirse tres áreas de acordo coa natureza do rochedo:
Área silícea
Creada na primeira era xeolóxica, sitúase no oeste peninsular (Galicia, León, Estremadura, Sistema Central e Montes de Toledo).
- Rocha predominante: Granito. Trátase dunha rocha magmática plutónica formada no interior da Terra a partir dun estado de fusión ao verse obrigada a ascender. É cristalina e ríxida (composta por cuarzo, mica e feldespato).
Formas de alteración do granito
O granito altérase:
- Pola auga: os seus cristais descomponse e forman areas pardo-amareladas (en vales e zonas de escasa pendente).
- A partir dunha rede de diaclases ou fracturas (depende da altura):
- Alta montaña: a auga fíltrase nas rochas, conxélase e rómpeas. Isto orixina a formación de cristas agudas e a aparición de pedreiras (fragmentos de rocha ao pé das montañas).
- Zonas menos elevadas:
- Diaclases paralelas á superficie: provocan a escamación e disgregación do granito; dános unha paisaxe ondulada de formas arredondadas.
- Diaclases perpendiculares: fórmanse bólas. Cando aparecen amoreadas constitúen os berrocais (amoreamento de bólas graníticas). Tamén orixinan rochas cabeceiras (bólas graníticas en equilibrio) e o chamado caos granítico.
Área calcaria
Formada por sedimentos da era secundaria (2ª) e pregados na terciaria (3ª). Esta área ten forma de «Z» invertida (Prepirineos, Montes Vascos, Sistema Ibérico, Cordilleira Costeiro-Catalá e Cordilleira Cantábrica).
- Rocha calcaria: rocha sedimentaria formada no exterior da Terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos despois de seren depositados polos ríos, océanos, vento, xeo, etc.
Clasificación das rochas calcarias
- Calcarias orgánicas: procedentes de organismos mortos.
- Calcarias detríticas: formadas a partir de calcarias preexistentes destruídas pola erosión.
- Calcarias de precipitación: formadas pola precipitación de carbonato cálcico.
Área arxilosa
Orixinada a finais da era terciaria (3ª) e principios da cuaternaria (4ª), con materiais pouco resistentes (arxilas, margas e xesos).
Localízase nas depresións do Ebro e do Guadalquivir e nas chairas costeiras (franxas litorais formadas por rochas sedimentarias procedentes de aluvións dos ríos ao perder forza na súa desembocadura). É basicamente horizontal, con terreos non afectados polos pregamentos anteriores e que sofren unha gran erosión pola brandura dos materiais. Os ríos abren os vales.
As cárcavas e os «badlands»
- Cárcavas: danse nos lugares que alternan períodos secos e calorosos con outros de chuvias torrenciais, sen vexetación (SE peninsular). A auga desgasta as vertentes orixinando fisuras estreitas e profundas separadas por arestas (crean unha topografía similar a unha montaña en miniatura).
- Badlands: paisaxe na que as cárcavas están moi desenvolvidas.