As Revolucións Industriais: Cronoloxía e Características

Geografía2,82 KB

1ª Revolución Industrial

Cronoloxía: 1770-1870.

Máquinas e enerxías: Basouse na introdución da máquina de vapor, que utiliza o carbón como fonte de enerxía.

Sectores principais que se desenvolveron: Foron a siderurxaxia, metalurxia de ferro e industria téxtil. A aplicación da máquina de vapor e o transporte deron lugar á aparición do ferrocarril e do barco de vapor, revolucionando os medios de transporte.

Modo de produción e organización do traballo: O modo de produción consistía na división do traballo entre os obreiros que controlaban as máquinas; a produción resultante era rápida, abundante e barata.

Localización e paisaxes: A localización dependeu de factores como o custo do transporte, a proximidade ao mercado e a man de obra (as industrias siderúrxicas e téxtils xeraron as chamadas "paisaxes negras").

2ª Revolución Industrial

Cronoloxía: 1870 - mediaados do século XX.

Máquinas e enerxías: Basouse na aparición de novas máquinas e fontes de enerxía; o traballo desenvolveuse en fábricas grandes.

Sectores principais: Os sectores industriais foron o siderúrxico, eléctrico, químico, electrometalúrxico, petroquímico e o sector de bens de equipo e consumo, ademais do automóbil.

Organización do traballo e localización: O traballo desenvolveuse en fábricas grandes controladas por concentracións empresariais. Nestas fábricas impuxose o fordismo ou traballo en cadea; a produción resultante eran produtos homoxéneos e baratos fabricados en serie (tamén coñecido polo taylorismo). A localización pasou a depender de factores como a localización das novas fontes de enerxía, a rapidez, o baixo custo do transporte e a proximidade aos novos centros de consumo.

3ª Revolución Industrial

Cronoloxía: Mediados do século XX ata hoxe.

Tecnoloxías e enerxía: Baseábase no uso das novas tecnoloxías da información e na robótica; estas tecnoloxías usan como fonte de enerxía principal a electricidade.

Sectores principais: Os sectores principais destas industrias de novas tecnoloxías son a telemática, o láser, a biotecnoloxía e outras novas industrias.

Organización do traballo: O traballo realizouse en pequenas fábricas, pois as novas tecnoloxías permiten dividir o proceso de fabricación en fases e realizalas en establecementos separados, empregando robots industriais e máquinas reprogramables.

Localización: A localización faise moito máis flexible grazas a factores como o abaratamento do transporte e o uso de novas tecnoloxías (dispersión espacial).

Descargar

PDF Word HTML