Vangarda e neotrobadorismo na poesía galega: resumo dos principais autores
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,45 KB
Actualizado el
Resumen
O texto presenta dúas correntes da poesía galega de preguerra: o neotrobadorismo, que recupera temas e técnicas da lírica medieval galego-portuguesa, e a vangarda, centrada no creacionismo. Recolle os principais representantes de cada tendencia, como Fermín Bouza Brey, Álvaro Cunqueiro, Manuel Antonio, Eduardo Blanco Amor, Manuel Luís Acuña e Luís Pimentel, coas súas obras máis destacadas. O estudante aprenderá a relacionar cada autor coa súa corrente e a súa obra.
Puntos clave
- O neotrobadorismo nace tras a edición dos cancioneiros medievais por José Joaquim Nunes e recupera temas e recursos da lírica medieval.
- O interese pola literatura medieval responde á recuperación da tradición literaria galega, pois demostra a continuidade da literatura galega.
- Manuel Antonio (Rianxo, 1900-30) é o principal poeta da vangarda galega e a súa única obra publicada en vida é De catro a catro (1928).
- O creacionismo de Manuel Antonio rompe coa tradición dos poetas do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros).
- Eduardo Blanco Amor publica Romances galegos (1928) e Poema en catro tempos (1931).
- Luís Pimentel caracterízase pola esencialidade, a sinxeleza e pegadas vangardistas como as metáforas visionarias e o verso libre.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
Neotrobadorismo
Esta escola poética nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galegoportuguesa grazas á edición dos cancioneiros realizada por Jose Joa
quim Nunes. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval: o tema amoroso, a ambientación espacial, o paralelismo, o refrán... Combinan os temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes
Vangardistas
.Este interese pola literatura medieval responde tamén á recuperación da tradición literaria galega emprendida polo pensamento galeguista daquel tempo. É
dicir, a existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega.
Os principais representantes desta corrente foron:
• Fermín Bouza Brey, co poemario Nao senlleira (1933).
• Álvaro Cunqueiro, con Cantiga nova que se chama riveira (1933) e Dona do corpo delgado (1950).
• Xosé María Álvarez Blázquez, membro da Xeración do 36, pon fin a esta tendencia con Cancioneiro de Monfero (1953).
Creacionismo
O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio (Rianxo, 190030), o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo do escritor
vangardista do seu tempo. A súa obra, incluída fundamentalmente dentro da estética do creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas, caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega, á que considera excesivamente continuadora da obra dos poetas do Rexurdimento (Rosalía, Pondal e Curros), e aposta pola renovación temática e formal. En 1928 publica De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo, único libro editado en vida. Está formado por 19 poemas e estrutúrase en aparencia como a crónica dunha viaxe con tres etapas: partida – aventura – regreso. Admite diversas interpretacións: desde a simple evocación dunha viaxe por mar, ata outras de índole filosófica, metafísica, simbólica... O mar como aventura, a procura da plenitude vital, a soidade, o fracaso.
• Eduardo Blanco Amor publica Romances galegos (1928), de liña popularista, próxima á poesía da Xeración do 27 castelá, e Poema en catro tempos (1931),
libro de ambientación mariñeira escrito ao xeito dunha sinfonía. Nos anos de posguerra continuará o seu labor poético e desenvolverá unha importante
obra en prosa, que veremos na unidade 5.
• Manuel Luís Acuña é autor do poemario Fírgoas (1933), no que manifesta a asimilación das técnicas vangardistas, fundamentalmente creacionistas.
• Luís Pimentel só publicou en vida uns poucos poemas na revista Ronsel e un folleto de oito poemas, Triscos (1950). Postumamente editáronse Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960). A súa poesía caracterízase pola súa esencialidade e sinxeleza e amosa pegadas vangardistas: metáforas visionarias, fragmentación, verso libre...
a variedade estándar, que re
presenta o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes na comunicación escrita e tamén na comunicación oral: radio, televisión, cine.
a variedade estándar, que representa o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes na comunicación escrita e tamén na comunicación oral: radio, televisión, cine.
Un caligrama é un poema visual no que as palabras «debuxan» ou conforman un personaxe, unha paisaxe ou calquera obxecto ou concepto imaxinable (onda, peixe, flor, choiva, vento...) relacionado co contido do poema.
A descrición: presentación directa dos seus trazos físicos (prosopografía) e de carácter (etopea).
Eduardo Blanco Amor publica Romances galegos (1928), de liña popularista, próxima á poesía da Xeración do 27 castelá, e Poema en catro tempos (1931),
libro de ambientación mariñeira escrito ao xeito dunha sinfonía. Nos anos de posguerra continuará o seu labor poético e desenvolverá unha importante
obra en prosa, que veremos na unidade 5.
• Manuel Luís Acuña é autor do poemario Fírgoas (1933), no que manifesta a asimilación das técnicas vangardistas, fundamentalmente creacionistas.
• Luís Pimentel só publicou en vida uns poucos poemas na revista Ronsel e un folleto de oito poemas, Triscos (1950). Postumamente editáronse Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960). A súa poesía caracterízase pola súa esencialidade e sinxeleza e amosa pegadas vangardistas: metáforas visionarias, fragmentación, verso libre...
a variedade estándar, que re
presenta o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes na comunicación escrita e tamén na comunicación oral: radio, televisión, cine.
a variedade estándar, que representa o modelo de lingua común, o modelo ideal para todos os falantes na comunicación escrita e tamén na comunicación oral: radio, televisión, cine.
Un caligrama é un poema visual no que as palabras «debuxan» ou conforman un personaxe, unha paisaxe ou calquera obxecto ou concepto imaxinable (onda, peixe, flor, choiva, vento...) relacionado co contido do poema.
A descrición: presentación directa dos seus trazos físicos (prosopografía) e de carácter (etopea).
Preguntas frecuentes
Cal é o principal poeta da vangarda galega?
O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio (Rianxo, 1900-30), considerado o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25.
Que obra publicou Manuel Antonio en vida?
Manuel Antonio publicou en 1928 De catro a catro. Follas sen data dun diario de abordo, que é o único libro editado en vida.
Que é o neotrobadorismo?
É unha escola poética que nace tras o descubrimento e a difusión da poesía medieval galego-portuguesa, e combina temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.