Normativización do galego: etapas históricas e a norma da RAG (1982)

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,64 KB
Actualizado el

Resumen

O texto recorre á historia da normativización do galego desde o século XIX ata a oficialización da norma da RAG. Explica as tres etapas do proceso (popularizante, diferencialista e normativa), os principios da norma de 1982 e o conflito reintegracionista. Tamén trata o contexto institucional do primeiro terzo do século XX e a ruptura provocada pola guerra de 1936.

Puntos clave

  • O proceso de normativización do galego pasou por tres etapas: popularizante, diferencialista e normativa.
  • A etapa diferencialista comeza coas Normas para a unificación do idioma galego do Seminario de Estudos Galegos (SEG), que buscaban afastarse do castelán.
  • A RAG elaborou as NOMIG, declaradas oficiais pola Xunta de Galicia en 1982.
  • A norma de 1982 baseábase en achegarse á lingua falada, buscar unha variedade supradialectal, preferir as formas tradicionais e manter a harmonía coas outras linguas romances.
  • O conflito co reintegracionismo, que propoñía un maior achegamento ao portugués, resolveuse coa modificación das normas en 2003.
  • O Alzamento Militar de 1936 supuxo unha ruptura co rexurdimento cultural e lingüístico galego.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

Historia da Normativización do Galego: Etapas e Conflitos

A Construción da Variedade Estándar (Séculos XIX-XX)

Desde o século XIX, son moitas as voces que falan da necesidade dunha norma para o galego, dando os primeiros pasos para a súa consecución coa publicación das primeiras gramáticas e dicionarios. Porén, non será ata os comezos do século XX cando se presente a primeira proposta normativa.

Etapas do Proceso de Elaboración do Estándar

Neste proceso, o galego pasou por tres etapas:

  1. A popularizante: Correspóndese co Rexurdimento literario. Caracterízase por ter como referente a lingua oral e a adopción da ortografía do castelán. A nivel léxico, este galego estaba inzado de dialectalismos, vulgarismos e castelanismos.
  2. A diferencialista: Prodúcese nos comezos do XX coa primeira proposta normativa promovida polo Seminario de Estudos Galegos (SEG) coas Normas para a unificación do idioma galego. O criterio principal foi o afastamento do castelán, eliminando castelanismos, pero caendo en hipergaleguismos, arcaísmos e lusismos.
  3. A normativa (Oficialización): Culmina coa proposta da RAG.

A Normativa Oficial da RAG (1982)

Non será ata a década dos 70 cando a Real Academia Galega (RAG) elabore as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (NOMIG), proposta normativa declarada oficial pola Xunta de Galicia en 1982.

Principios da Norma de 1982

Esta norma segue cinco principios fundamentais:

  • Achegamento á lingua falada, desbotando castelanismos.
  • Procura dunha variedade supradialectal.
  • Preferencia polas formas tradicionais e aceptación de solucións consagradas polo uso literario.
  • A harmonía co resto das linguas romances.

Conflito e Solución (Reintegracionismo)

Unha vez oficializada a normativa da RAG, producíronse reaccións en contra por parte dos defensores dun maior achegamento ao portugués (os reintegracionistas). Esta confrontación tratou de solucionala a Asociación Sociopedagóxica Galega cunha proposta de mínimos que non tivo éxito. O enfrontamento tivo a súa solución coa modificación das normas realizada no ano 2003.

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Contexto Histórico e Institucional

A comezos do século XX, a situación da lingua sufriu cambios importantes coa fundación de entidades clave para a súa promoción e estudo:

  • Real Academia Galega (RAG, 1905)
  • Irmandades da Fala (1916)
  • Seminario de Estudos Galegos (SEG)
  • Creación das revistas Céltiga e Lar.
  • Fundación do Partido Galeguista.

Iniciativas Normativas e Gramaticais

Durante este período continuaron as iniciativas encamiñadas á elaboración dunha gramática. As primeiras propostas viñeron das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, destacando:

  • Vocabulario castellano-gallego (Irmandades da Fala)
  • Algunhas normas para a unificación do idioma galego (SEG)
  • Engádega a algunhas normas para a unificación do idioma galego (SEG)

Características Lingüísticas Propostas polo SEG

As normas do Seminario propoñían:

  • O rexeitamento do i grego (y) e o uso exclusivo do i latino (i).
  • A adopción dos grafemas ll e ñ para representar os fonemas lateral palatal e nasal palatal.
  • A elección do x para o fonema fricativo palatal.
  • O emprego do h segundo a etimoloxía.
  • O mantemento dos grupos consonánticos cultos.
  • O abandono do apóstrofo e a redución do guión.
  • O plural en -s para as palabras polisílabas agudas rematadas en -l.

Estas normas foron rapidamente aplicadas polo xornal A Nosa Terra.

Gramáticas Precursoras

Antes da publicación destas normas, apareceron dúas gramáticas importantes:

  • O Compendio de gramática galega de Carré Alvarellos.
  • A Gramática do idioma galego de Lugrís Freire.

A Ruptura de 1936

O Alzamento Militar de 1936 supuxo unha ruptura co rexurdimento da cultura e da lingua galega. Figuras como Castelao, Pedrayo, Risco e Bóveda, entre moitos outros, morreron ou víronse obrigados a exiliarse ou calar a súa voz pola defensa da lingua e da cultura galega.

Preguntas frecuentes

Cales son as tres etapas da normativización do galego?

Segundo o texto, son a etapa popularizante, que corresponde ao Rexurdimento; a etapa diferencialista, iniciada coas normas do SEG; e a etapa normativa, que culmina coa proposta da RAG.

Cando foi oficializada a norma da RAG?

A norma ortográfica e morfolóxica da RAG (NOMIG) foi declarada oficial pola Xunta de Galicia en 1982.

Que é o reintegracionismo e como se resolveu o conflito?

O reintegracionismo defende un maior achegamento ao portugués e opúxose á norma da RAG. O texto indica que o enfrontamento se resolveu coa modificación das normas realizada en 2003.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que etapa do proceso de normativización corresponde ao Rexurdimento literario?
2. Cal foi o criterio principal da proposta do Seminario de Estudos Galegos?
3. En que ano declarou a Xunta de Galicia oficial a norma da RAG?
4. Cal dos seguintes NON é un principio da norma de 1982?
5. Que propuñan as normas do SEG sobre o grafema x?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.