O Reino de Galicia na Coroa de Castela: Literatura e Sociedade (Séculos XIV-XVIII)
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,15 KB
Galicia a Finais da Idade Media
O reino de Galicia na coroa de Castela.
En 1230, Fernando III reuniu os territorios de Galicia, León e Castela. A conquista dos territorios andaluces significou unha mudanza nas coordenadas socioeconómicas e sociopolíticas. Galicia converteuse nun territorio arredado sen peso sociopolítico. Ata o século XIX, Galicia careceu de institucións propias.
O Galego-Portugués e a Castelanización
No século XIII, coa unión de Galicia, León e Castela, produciuse a chegada de xentes alleas para ocupar postos dirixentes. O proceso de castelanización comezou coa existencia de certas «lagoas» (deficiencias). Galicia carecía dun centro de poder.
A Produción Literaria (Séculos XIV-XVII)
Os Epígonos Trobadorescos
Entre 1350 e 1354, produciuse a substitución das formas medievais polas novidades renacentistas.
Transmisión dos Epígonos
- Epígonos en Castela: Textos transmitidos a través de cancioneiros casteláns dos séculos XV e XVI.
- Epígonos en Portugal: Textos que forman parte do Cancioneiro Geral de Garcia de Resende.
Literatura Culta
Esta produción segue os modelos da poesía castelá contemporánea.
Obras e Autores Destacados
- Na Corte de Gondomar consérvase a Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués, de autor descoñecido.
- Teñen especial interese as composicións barrocas recollidas no libro dedicado ás exequias da raíña Margarida de Austria, no que figuran dous sonetos de Xoán Gómez Tonel e de Pedro Vázquez de Neira.
- Do século XVII consérvase un extenso poema en Décimas ao Apóstolo Santiago do crego Martín Torrado, que fai referencia á controversia acerca de se Santiago debía ser o único patrón de España.
- A pesar de que temos noticia da existencia de actividade teatral no noso país durante esta época, dende o círculo do Conde de Gondomar posuímos o Diálogo de Alberte e Bieito.
- O Entremés do portugués, que dá conta dun xénero de corte popular.
- A contenda dos labradores de Caldelas de Gabriel Feixó de Araúxo, máis coñecido como entremés famoso sobre a pesca no río Miño.
Literatura Popularizante
Esta corrente baséase na tradición dos «villancicos de galego», composicións musicais relacionadas coa celebración litúrxica do Nadal. Son composicións en verso, musicadas e que presentan un certo aire popular. Os seus autores foron músicos de sólida formación. Destaca o seu cultivo nas catedrais de Mondoñedo e Santiago de Compostela.
Dentro desta literatura popularizante cómpre situar aínda o único texto conservado procedente dun hipotético ciclo de «romances e cancións» referidos á figura do Mariscal Pardo de Cela. Trátase do Pranto da Frouseira, de autor anónimo.
A Ilustración en Galicia
O século XVIII supuxo para Galicia a chegada e o espallamento das ideas ilustradas. Esta etapa estaría a medio camiño entre os Séculos Escuros e o Rexurdimento. Non se rexistra un aumento decisivo de textos escritos en galego, pero aparecen sociedades económicas, xeográficas e culturais que tratan de estudar a realidade de Galicia.
Autores Ilustrados que Empregaron o Galego
Destacan os seguintes autores que empregaron o noso idioma durante esta etapa:
- O Cura de Fruíme (Diego Cernadas de Castro).
- O máis famoso poeta do século XVIII, Frei Benito Xerome Feixoo. O Padre Feixoo foi a máxima figura da cultura ilustrada en España.
- Frei Martín Sarmiento.
- Xosé Andrés Cornide e Saavedra.