As Vanguardas e a Xeración do 25 na Literatura Galega: Historia e Autores Clave

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,12 KB

As Vanguardas

Nas primeiras décadas do século XX. Características:

  • 1- Actitude romántica e antisentimental.
  • 2- Defensa da total liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
  • 3- Defensa da arte pola arte: renuncia a calquera finalidade exterior ao propio discurso artístico.
  • 4- Renovación da linguaxe literaria.

A Xeración do 25

Nos anos 20 e 30 xorden en Galicia un grupo de escritores, nacidos arredor do 1900, que leva a cabo a renovación da poesía galega mediante a incorporación das novidades das vanguardas. Chámase tamén a Xeración do 25, ou a Xeración das Vanguardas. Publicaron revistas literarias de creación propia:

  • "Alfar" (A Coruña)
  • "Ronsel" (Lugo)
  • "Cristal" (Pontevedra)
  • "Resol" (Lugo)
  • "Yunque" (Lugo)
  • "Papel de color" (Mondoñedo)

Correntes Estéticas

Hilozoísmo

Ou animismo ou imaxinismo, ten como tema principal do poema a natureza, que aparece humanizada e con personificacións. Esta estética combina a tradición paisaxística procedente do século XIX coa riqueza das imaxes e as metáforas características das vanguardas.

Neotrobadorismo

Nace tras o descubrimento e difusión da poesía medieval galego-portuguesa grazas aos cancioneiros realizados por José Joaquín Nunes. Os poetas novos, marabillados ante a beleza das vellas cantigas, introducen numerosos elementos formais e estilos da lírica medieval: combinan os temas e técnicas dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes vangardistas. Destacan Fermín Bouza Brey, Cunqueiro coa cantiga nova que se chama Riveira e Dona do corpo delgado, e Xosé María Álvarez Blázquez.

Creacionismo

Manuel Antonio é o principal poeta deste movemento, estando toda a súa obra incluída nel. En 1928 publica De catro a catro, formada por 19 poemas e estruturada en tres partes: partida - aventura - regreso.

A Prosa de Vanguardia

Rafael Dieste escribiu Dous arquivos do trasno, un conxunto de relatos de misterio que inclúe "Sobre a morte de Bieito". Tamén destaca a obra de teatro A fiestra valdeira, que aborda o tema da identidade cultural.

O Manifesto <Máis Alá>

Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro expresan a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e busque novos camiños, inspirándose nos movementos renovadores da vangarda, aínda que sen adscribirse rixidamente a ningún, de maneira que cada autor exprese a súa independencia e orixinalidade. A idea fundamental que defenden é a absoluta liberdade creativa.

A Literatura do Exilio

A Poesía do Exilio

Poesía social: Luis Seoane, polifacético (pintor, ilustrador, gravador, muralista) na poesía, publicou Fardel de exiliado (1952), Na brétema, Sant-Lago e As cicatrices. Lorenzo Varela, dende o lonxe, publicou e falou da súa experiencia persoal no exilio e da saudade da terra. Emilio Pita tivo como primeiro libro Jacobusland, que trata sobre a traxedia da Guerra Civil e a visión nostálxica da natureza galega; tamén publicou As cantigas e O ronsel verdegal.

A Narrativa do Exilio

Ramón Valenzuela: as súas novelas teñen un marcado carácter autobiográfico e constitúen un documento narrativo sobre a época. Silvio Santiago: publicou Vilardevós, obra que fai unha pintura de costumes a partir das lembranzas da súa infancia e mocidade no medio rural.

Eduardo Blanco Amor

Nace en Ourense, cidade que será referencia na súa vida. Participa tamén na radio e exerce como profesor en universidades. Forma parte do proxecto galeguista e crea en 1923 a Irmandade Nazonalista Galega. Funda tamén o Teatro Popular Galego de Bos Aires, para o que escribirá varias obras. En 1965 regresa a Galicia e morre en Vigo en 1979. Hoxe está considerado como un dos nosos máis grandes escritores e autor das mellores novelas da literatura galega.