Conceptos Fundamentais da Idade Moderna e o Renacemento

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,04 KB

Vocabulario Histórico da Idade Moderna

Política e Economía

MONARQUÍA AUTORITARIA: Novo modelo de organización do poder creado polos reis tras impoñerse á nobreza feudal, centrar o poder nas súas mans e prescindir dos parlamentos.

Crearon exércitos, instauraron unha burocracia e unha facenda que controlase a administración e as finanzas do reino.

COMERCIO DE ESPECIAS: Consiste no transporte a través do Mediterráneo, polo que chegaban a Europa as especias de Oriente, tan necesarias para conservar os alimentos e moi apreciadas na cociña e mesmo en cosmética.

CAPITALISMO COMERCIAL: Nel, os intercambios comerciais convertéronse na principal fonte de riqueza, pois os burgueses o que querían era posuír capital.

Cultura e Humanismo

LINGUAS VERNÁCULAS: Linguas propias de cada país.

HOME DE VITRUVIO: Debuxo deseñado por Leonardo da Vinci, feito coas proporcións establecidas polo arquitecto romano.

TEOCENTRISMO: É a mentalidade medieval que situaba a Deus no centro do mundo; a doutrina da Igrexa daba resposta a todas as preguntas que o ser humano podía facerse sobre si mesmo e sobre o mundo que o rodeaba.

ANTROPOCENTRISMO: É o pensamento que situaba o ser humano no centro da natureza.

A Reforma e a Contrarreforma

PREDESTINACIÓN: Pensamento que sostén que tan só algunhas persoas están predestinadas a alcanzar a salvación, mentres que os demais serán condenados.

ACTA DE SUPREMACÍA: Proclamada polo monarca Henrique VIII en 1534, mediante a que se separaba de Roma e se facía xefe supremo da Igrexa de Inglaterra.

95 TESES DE WITTENBERG: Lista que publicou Martín Lutero na igrexa de Wittenberg contra a doutrina católica e a xerarquía eclesiástica.

Nelas condenaba o enriquecemento da Igrexa, negaba o valor das indulxencias e defendía unha nova relixiosidade baseada en tres principios básicos:

  • A salvación pola fe.
  • A autoridade da Biblia.
  • O sacerdocio universal.

COMPAÑÍA DE XESÚS: Orde relixiosa fundada por Santo Ignacio de Loyola en 1540.

AUTO DE FE: Xuízo ao que a Inquisición sometía aos sospeitosos de herexía.

CONGREGACIÓN DO ÍNDICE: Elaboraba e publicaba a lista de libros prohibidos (contrarios á doutrina católica), cuxa lectura estaba prohibida aos crentes.

INDULXENCIAS: Vendidas pola Igrexa para perdoar os pecados e facilitar o acceso ao paraíso.