A prosa galega do primeiro terzo do século XX: a Xeración Nós

Otras lenguas extranjeras3,81 KB

A prosa do primeiro terzo do século XX

Toda xeración debe cumprir oito condicións:

  • Nacemento en anos pouco distantes.
  • Formación intelectual semellante.
  • Relacións persoais entre autores.
  • Participación en actos colectivos propios.
  • Existencia dun acontecemento xeracional que aglutine as vontades.
  • Presenza dun guía.
  • Linguaxe xeracional caracterizadora.
  • Estancamento da xeración anterior.

A xeración Nós

A xeración Nós - a revista Nós naceu en 1920 supervisada por Risco. Nela colaboraron Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e outros autores máis novos como Cunqueiro, Blanco Amor, Bouza Brey. "Nós" creouse para divulgar as ideas do grupo e espallar a ideoloxía nacionalista. Os inadaptados son Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas. O grupo Nós estaría constituído polo chamado Cenáculo Ourensán, por estes tres autores que comparten as seguintes características:

  • Unha rigorosa formación universitaria: Risco estudou Dereito e Maxisterio.
  • Mantiñan relacións entre eles.
  • Creación da revista "Nós" para incidir pedagoxicamente no pobo galego e devolverlle a personalidade propia.

Aos homes do cenáculo ourensán sumaremos a Castelao.

Periodización da Xeración Nós

a) Pregaleguismo

O núcleo da xeración xurdiu na cidade de Ourense cara ao ano 1914. Características:

  • Procedían da clase acomodada e unha formación cultural moi profunda.
  • Estaban desvinculados da nosa cultura e do movemento nacionalista.
  • Os seus presupostos ideolóxicos e estéticos baseábanse na defensa do individualismo e na procura do exótico.

b) Galeguismo

En 1917 teñen os primeiros contactos coas Irmandades da Fala. A adhesión ao galeguismo foi case inmediata. Características:

  • O camiño da universalidade pasaba, en primeiro lugar, pola asunción e coñecemento da propia cultura.
  • Co fin de romper o secular illamento de Galiza, desenvolveron un intenso labor político (interviron no movemento nacionalista e na fundación do Partido Galeguista) e, sobre todo, cultural.

c) A etapa de posguerra

O estalido da guerra en 1936 supuxo o remate da actividade do grupo: Risco acabaría renunciando ás súas conviccións galeguistas, Pedrayo e Cuevillas víronse obrigados ao silencio intelectual e político e Castelao tomou o camiño do exilio.

Renovación literaria da Xeración Nós

A consolidación da literatura galega.

A novela

  • Diversifícase a temática: novela realista urbana, novela histórica, novela psicolóxica.
  • Incorpóranse técnicas narrativas dos autores máis destacados da narrativa europea (James Joyce): introspección e monólogo interior, ruptura da secuencia temporal.

O conto

  • Consolídase o conto literario, caracterizado pola busca da brevidade e a síntese.
  • Diversifícase a temática.

A prosa científica: o ensaio

  • Abranguen todas as áreas do saber: política, historia, literatura, arte (Risco).

Descargar

PDF Word HTML