A Prosa Galega do Primeiro Terzo do Século XX: Irmandades da Fala, Grupo Nós e Autores Clave
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,81 KB
A Prosa no Primeiro Terzo do Século XX en Galicia
As Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala fomentaron o cultivo de xéneros como a narrativa, o teatro e o ensaio. Crearon editoriais como Nosa Terra e Celtiga Lar, e publicaron coleccións de novela curta e relato. Estas coleccións contribuíron á modernización da narrativa coa aparición da ambientación urbana e de personaxes pertencentes ás clases medias.
O Grupo Nós
Na evolución ideolóxica de Otero Pedrayo e Risco distinguimos dúas etapas:
- A etapa pregaleguista: Son individualistas, inconformistas e elitistas, apartados da sociedade.
- A etapa galeguista: O específico de Galicia vén determinado pola lingua, a terra, a raza...
Castelao comparte con Otero e Risco o polifacetismo e a súa entrega para cambiar a realidade galega.
Autores Claves da Narrativa Galega
Vicente Risco
Vicente Risco renovou a narrativa ao abandonar o ruralismo e introducir a ambientación urbana, os motivos esotéricos, o humor crítico e a intencionalidade didáctica. O porco de pé é unha das novelas máis innovadoras da época, unha obra satírica na que critica a sociedade por considerala vulgar e consumista.
Ramón Otero Pedrayo
As súas obras clasifícanse en:
- Novelas realistas: Relatan os cambios da sociedade galega no século XIX, a decadencia da fidalguía e o ascenso dunha burguesía de tendeiros foráneos (por exemplo, Os camiños da vida).
- Novelas psicolóxicas: Presentan elementos autobiográficos e forman un ciclo sobre a formación da conciencia galeguista. Arreor de si retrata a conversión do Grupo Nós ao galeguismo.
Alfonso Daniel R. Castelao
En Os dous de sempre, os dous protagonistas representan dúas personalidades opuestas: o materialista e o idealista. Cousas son pequenos contos acompañados dun debuxo nos que realiza unha interpretación do ser galego.
Xornalismo
A publicación A Nosa Terra será o voceiro das Irmandades e, despois, do Partido Galeguista, tratando temas de actualidade. A revista Nós, promovida por Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas e Castelao, é un dos proxectos culturais máis singulares da Galicia de posguerra.
Ensaio
O ensaio servirá para dar a coñecer os ideais nacionalistas e para defender a lingua e as tradicións:
- Vicente Risco: Teoría do nacionalismo galego, Nós, Os inadaptados e Mitteleuropa.
- Otero Pedrayo: Ensayo histórico sobre la cultura galega.
- Castelao: Sempre en Galiza.