Literatura galega no primeiro terzo do século XX: Noriega Varela, Ramón Cabanillas e Ramón Otero Pedrallo
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,31 KB
O galego no primeiro terzo do século XX
O galego é a lingua maioritaria da poboación rural. O castelán é a lingua das clases urbanas acomodadas, da nobreza e da burguesía. Isto contribúe a reforzar os prexuízos lingüísticos cara ao galego. Xorden iniciativas como o Grupo Nós, as Irmandades da Fala e o Seminario de Estudos Galegos, cuxo obxectivo é reivindicar a nosa lingua en todos os ámbitos. Deste modo, os usos cultos do galego vanse ampliando.
A defensa da lingua galega supuxo tamén a necesidade de elaborar un modelo de lingua estándar. En 1906 créase a Real Academia Galega, co obxectivo de fixar e depurar o idioma. En 1936 aprobouse o Estatuto de Autonomía de Galicia, que defende a cooficialidade do galego e do castelán e reivindica o galego no ensino.
Noriega Varela
Tras os estudos no Seminario, exerceu como mestre en distintos lugares de Galicia. É autor dun único libro que, a partir da súa edición, cambiou o seu título por «Do Ermo».
Na súa poesía trata dúas temáticas:
- Costumismo ruralista: describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida dos labregos.
- Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da paisaxe.
Ramón Cabanillas
Logo de realizar os estudos no Seminario, emigra a Habana. Alí entra en contacto coa intelectualidade galeguista e publica os dous primeiros libros, «No Desterro» e «Vento Mareiro». Na súa volta a Galicia vincúlase ao nacionalismo e convértese no poeta do movemento agrarista, con poemas de ton anticacique.
A súa obra é moi extensa e variada. Cultiva diferentes xéneros, dos cales predomina o poético. A súa poesía conxuga a tradición literaria do século XIX coas correntes renovadoras, como o modernismo. É un autor que fai de ponte entre a tradición decimonónica e as vangardas literarias.
Ramón Otero Pedrallo
En 1931 integrouse no Partido Galeguista. Sufriu a represión pola súa militancia galeguista e foi apartado da súa cátedra no instituto ourensán.
Obra literaria
Centrouse principalmente no campo da narrativa e do ensaio.
A súa extensa obra narrativa está formada por novelas longas e relatos breves, como:
- Os Camiños da Vida: é a súa primeira novela e a primeira gran novela da literatura galega. Trata da decadencia da fidalguía rural.
- Arredor de Si: é un retrato da xeración do autor.
A súa produción ensaística céntrase en temas de xeografía e historia.
Tamén participa do interese pola consolidación do teatro galego, considerado un elemento normalizador da nosa cultura entre o público urbano.
Estilo
- Abundantes descricións, sobre todo de paisaxes.
- Numerosas imaxes, metáforas e símbolos.
- Presenza de referencias culturais.