Vicente Risco y el Grupo Nós: Galeguismo, Europeización e Identidad en la Prosa Gallega del Primer Tercio del Siglo XX
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,65 KB
A prosa no primeiro terzo do século XX: tempo das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. Grupo Nós
Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e mais Afonso Daniel Rodríguez Castelao.
A Revista Nós publicouse por primeira vez en Ourense en 1920. Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas foron representantes dunha xeración de inadaptados que descubriron e se achegaron a Galicia despois dun mergullo por culturas alleas. A aproximación ás Irmandades revelóulles a existencia dunha Galicia até entón invisible dentro das súas ansias cosmopolitas. A adhesión ao galeguismo foi unha especie de conversión.
Obras como Nós, os inadaptados, de Vicente Risco; Arredor de si, novela de Otero Pedrayo; e Dos nosos tempos, ensaio de Cuevillas, buscaban conectar Galicia con Europa nunha ansia de modernización e de superación do illamento rural da cultura galega. Conxugaron, así, enxebrismo e europeización.
Vicente Risco: narrador e ensaísta
Risco desenvolveu un carácter intelectual que se vincula coa produción ensaística e que vén ser unha continuación do seu pensamento filosófico: esoterismo, visión cíclica da historia, atlantismo, elitismo cultural, irracionalismo, espiritualismo, relixiosidade e etnografía.
Entre as súas obras narrativas destacan Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, O lobo da xente, A trabe de ouro e A trabe de alquitrán (1925), e O porco de pé (1928).
As etapas da súa evolución ideolóxica
Primeira etapa (anterior a 1920): aparece definida por el mesmo en Nós, os inadaptados (Nós, 1933), onde explica a evolución ideolóxica do seu grupo xeracional.
Segunda etapa (1920-1934): comeza coa conversión de Risco ao galeguismo, o ingreso nas Irmandades da Fala e a fundación da Revista Nós. Converteuse no principal ideólogo do movemento ata a chegada da Guerra Civil, coa publicación de Teoría do nacionalismo galego, obra na que pretende exaltar o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza.
Terceira etapa (1934-1963): comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós. Parte delas recolleríaas no libro Mitteleuropa (1934). Na posguerra volve Risco a posturas do primeiro momento —a inadaptación, o individualismo e a introversión—, centrándose no estudo da tradición galega. En 1961 publica Leria, colección de textos filosóficos e crítico-literarios.