Prosa de Castelao e autores galegos: características e obras
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,16 KB
Características da prosa de Castelao
Asunto das obras: vida do pobo. Castelao penetra na psicoloxía dos campesiños e mariñeiros galegos de xeito que explica a cautela, a desconfianza e a pasividade ante acontecementos que os sobrepasan e escapan ao seu control. Castelao consegue unha arte popular grazas á riqueza léxica, á atinada construción sintáctica, ao humorismo profundo e ao lirismo.
O tema principal é a morte, tratada de forma orixinal e tinguida de humor. Outros temas: os problemas socioeconómicos, a emigración, o desterro.
Técnica narrativa:
- Predominan trazos selectivos e esenciais que denotan o fundamental da historia; o resto da información queda suxerida dun modo connotativo.
- Utiliza recursos realistas como o relato autobiográfico en busca de verosimilitude.
- O apostrofe ao lector, frecuente na narrativa do Rianxeiro, realízase utilizando a segunda persoa do plural.
- Emprega efectos do conto popular para procurar a complicidade emocional do lector.
- O humorismo é un recurso esencial no tratamento dos temas da súa narrativa.
- Os desenlaces están coidados con esmero e a miúdo o narrador expresa nunha atinada síntese a esencia do relato; noutras ocasións o conto prolongase unhas liñas máis para lograr unha distensión final.
Vicente Risco
Bases filosóficas do seu pensamento sincrético.
Irracionalismo gnoseolóxico: para Risco a cultura e a ciencia non abondan para dar sentido á vida; é necesaria a intuición, a arte e o mito.
Visión cíclica da historia: entende as diferentes épocas históricas como o resultado do predominio sucesivo dun dos tres arquetipos humanos: hílicos (materialistas), psíquicos (racionalistas) e pneumáticos (espiritualistas).
Sentimento da Terra: el concibe o sentimento da terra como un substrato psicolóxico e cultural do pobo galego, ligado á percepción animada do cosmos e ao respecto pola natureza.
Obra narrativa
Abandona o ruralismo estrito, dá cabida a motivos esotéricos, á ambientación urbana e introduce algúns parámetros inéditos nun xénero pouco desenvolvido desde o Rexurdimento.
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (encadrado dentro da temática de humor e macabrismo das irmandades).
- O lobo da xente (mito do lobishome).
- A trabe de ouro e a trabe de alquitran.
- A coutada (o sentimento da terra).
- O porco de pé (visión satírica das estruturas sociais ourensás).
Obra ensaística
- Etapa pregaleguista: Nós, os inadaptados.
- Etapa galeguista: Teoría do nacionalismo galego.
- Etapa posnacionalista: Mitteleuropa.
Obra teatral
O bufón do rei. A peza segue as tendencias do teatro simbolista e procura a expresión amosando a existencia do mal como resultado dun destino tráxico, vinculado a unha perversión moral que xorde do resentimento, os celos e a envexa causados pola deformidade física.
Florentino Cuevillas
Prosas galegas e Dos nosos tempos (ensaio sobre a evolución intelectual dos homes do cenáculo ourensán; desengano ante a civilización moderna e industrial).
Rafael Dieste
Obra narrativa
Dos arquivos do trasno: publicado en 1926 con oito relatos, foi ampliado na versión de 1961 con vinte contos. O eixo temático xira en torno á psicoloxía das xentes galegas e ás experiencias extraordinarias, mais manténdose sempre dentro da realidade, pois os finais dilúen a insinuación do fantástico deixando aberta a explicación dos acontecementos.
Obra teatral
A fiestra baldeira: comedia de carácter simbólico coa estructura clásica que, cos seus valores de reconciliación co pasado e reivindicación dos valores do pobo mariñeiro, se converteu nunha obra clásica louvada pola crítica galega e estranxeira.
Castelao: teatro e ensaio
Obra teatral
A farsa: Os vellos non deben de namorarse, estreada en Bos Aires en 1941. Son moi importantes os artificios escenográficos: a iluminación, a variedade cromática dos decorados e das roupas dos personaxes, as máscaras que se levan. O motivo do vello namorado repítese tres veces nos tres lances que constitúen a obra. Cada un dos lances presenta elementos que teñen o seu paralelo nos outros: un vello namorado dunha moza, un mozo rival do vello, a morte que advirte do perigo do namoramento serodio, e os personaxes coadxuviantes que exercen a función de coro. A obra remata cun epílogo no que os tres vellos se encontran no cemiterio, despois de mortos; láianse do seu imprudente namoramento e coñecen noticias das súas mozas respectivas.
Obra ensaística
Sempre en Galicia. Composto entre 1935 — dende o desterro en Badaxoz, pasando por Valencia e Barcelona (1937), durante a viaxe a América e a estadía en Nova York (1940) — e a derradeira versión xa establecido en Bos Aires (1944).