Poesía e Ensaio Galego dos Anos 80: Autores e Temas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,99 KB
A Poesía Galega dos Anos 80
O culturalismo e o decadentismo son propios da poesía dos autores dos 80. Entre estes autores destacan:
- Manuel Forcadela: trata a sensualidade e a reflexión sobre o misterio da vida en obras como Profecía.
- Xosé María Álvarez Cáccamo: trata a poesía íntima e de denuncia en obras como Praia das furnas.
- Ana Romaní: reivindica o papel das mulleres na historia en obras como Palabras de mar.
- Xela Arias: cultiva o intimismo e o erotismo en obras como Darío a diario.
- Xavier Seoane: a presenza da infancia é importante nunha obra como Iniciación e regreso.
- Miguel Anxo Fernán-Vello: cultiva temas como o amor e o desexo en obras como Seivas e amor.
- Manuel Rivas: trata a división entre mundo rural e urbano, mundos en perigo de extinción... a súa poesía está recollida en O pobo e a noite.
- Pilar Pallarés: trata o intimismo amoroso e a poesía social en poemas como Lusco e fusco.
- Ramiro Fonte: cultiva poesía de fondo filosófico como Capitán Inverno.
O Ensaio Galego Contemporáneo
Nesta etapa creáronse premios para impulsar a produción ensaística. O ensaio rompe coas liñas de posguerra cunha pluralidade ideolóxica e a incorporación de novas bases metodolóxicas e temáticas. Aumenta a presenza da temática galega, onde aparecen ámbitos non frecuentes e unha continuación do ensaísmo na ditadura con enfoques innovadores. Neste eido destaca Vitorino Pérez Prieto.
- Temática filosófica: cultivada por Antón Baamonde, quen trata o marxismo (O marxismo e as linguaxes), e por Francisco Sampedro.
- Temática antropolóxica: tamén obxecto de novos enfoques. Destaca Ramón Mariño Ferro con Cultura popular.
- Temática económica e política: trata a cuestión nacional e a situación de Galicia, destacando Xosé Manuel Beiras con Por unha Galicia liberada.
- Ensaio histórico: Ramón Fernández Barreiro tratou aspectos da historia de Galicia dende un punto de vista científico. Tamén tivo presenza a recuperación da memoria histórica e a emigración, así como a historia do franquismo.
- Outras correntes: nacen os temas da expresión artística, a literatura e a sociolingüística.
- Pensamento feminista: tivo como voz primeira a Mª Xosé Queizán e a Teresa Moure, entre outras.