O Problema da Verdade e o Método Científico

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3 KB

O problema da verdade

O problema da verdade: o concepto de verdade acompaña a filosofía dende o principio, pero non sempre significou o mesmo. Os primeiros filósofos dicían que a verdade era desvelamento (alétheia: verdade de tipo ontolóxico).

Conceptos de verdade

  • Verdade como correspondencia: cando o que dicimos se adapta, ou non, á realidade dos feitos.
  • Verdade como coherencia: baséase no principio lóxico de non contradición; é verdade cando segue a lóxica e, cando se contradí, é falsa.
    • Verdade tautolóxica: cando a verdade é lóxica e non aumenta o coñecemento.
  • Verdade como éxito (teoría práctica da verdade): tomamos como verdade o que nos axuda nun momento para solucionar unha cuestión. Algo é verdadeiro se leva ao éxito; se non, é falso.
    • Concepto subxectivo da verdade: depende da circunstancia, do momento e da persoa.
  • Verdade como consenso (intersubxectividade): a verdade ten que poder ser comunicada e compartida por todos. A verdade non pode ser un feito privado, senón intersubxectivo.

Criterios e certeza

  • Evidencia: claridade coa que se nos presenta algo a través dos sentidos, da experiencia interna e dos primeiros principios lóxicos e matemáticos. Pero o evidente é subxectivo.
  • Verificabilidade: Karl Popper non está de acordo con isto porque algo é verdade provisionalmente ata que apareza un feito que a contradiga (criterio falsacionista).
  • Consenso dos especialistas: ás veces din criterios que poden estar errados. Básanse na autoridade.
  • Coherencia: unha nova teoría será máis aceptada cando non contradí as que xa existían. Segundo o requisito, ten que ser aceptada polos científicos.
  • Utilidade: aceptamos provisionalmente unha teoría se funciona e nos axuda a vivir.

Características das ciencias

  • Linguaxe rigorosa e formalizada.
  • Formación dun conxunto sistemático de enunciados.
  • Integración de diferentes tipos de leis, teorías e modelos.
  • Uso dunha metodoloxía adecuada.
  • Posuír coherencia interna e (nas ciencias empíricas) contrastabilidade empírica.
  • Posuír obxectividade e comunicabilidade.
  • Ser revisable e modificable.

O método indutivo: etapas

  1. Observar e rexistrar todos os feitos, dun modo obxectivo e libre de prexuízos. As observacións débense repartir nunha ampla variedade de condicións.
  2. Comparar e clasificar os feitos para poder facer xeneralizacións que se refiran ás relacións causais entre os feitos. As xeneralizacións son consideradas como leis.
  3. Deducir consecuencias das leis así obtidas.

Obxeccións

  • Toda observación depende dunha teoría: non existen os feitos puros.