Filosofía presocrática: Heráclito, Parménides e Sofistas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,7 KB
Heráclito (Todo cambia)
Heráclito afirmaba que a realidade está sometida a un incesante cambio ou devir. O motor dese cambio é a ‘loita entre os elementos contrarios’. A realidade é cambio, e esa loita entre contrarios é o arché que explica a natureza. A realidade é ordenada, e esta orde xorde da oposición dos contrarios. Os dous polos en tensión dan lugar a unha harmonía fundamental. O arché é o lume, que está en movemento e transforma todo o que entra en contacto con el.
Parménides (Nada cambia)
Parménides distingue entre verdade e opinión, dando así lugar ao problema do coñecemento:
- A razón: vía de verdade.
- Os sentidos: vía de opinión.
‘O ser é e é pensable. O non-ser nin é, nin é pensable’. É dicir, o ser é eterno, único, inmóbil, indivisible, continuo, finito. Nada cambia; o cambio é algo aparente e superficial que se aprecia pola vía da opinión, pero deberiámonos guiar pola vía da verdade, a razón. Parménides exercerá unha enorme influencia en Platón.
Os sofistas e Sócrates
Atenas adquire unha posición hexemónica que a converte no centro da vida cultural e comercial de Grecia, grazas á vitoria contra os persas. No goberno de Pericles, a democracia instáurase definitivamente. Os cidadáns libres participan en debates públicos na ágora e discuten acerca dos asuntos políticos na Asemblea e o Consello. A educación tradicional resultaba insuficiente para os que se querían dedicar á política. Os problemas cosmolóxicos van perdendo interese e prodúcese un xiro antropolóxico na filosofía; as reflexións filosóficas céntranse agora no ser humano e nos problemas de tipo ético e político. A contraposición entre a lei (‘nomos’) e a natureza (‘physis’) convértese no problema filosófico do momento.
Características xerais dos sofistas
En Atenas, os sofistas eran estranxeiros e, polo tanto, non podían participar na política, pero aínda así formaron parte dos políticos atenienses. Todos eles eran cultos e viaxeiros, así que coñecían a forma de pensar e vivir dos gregos. Foron críticos coas súas costumes, pero tamén grandes oradores e escritores. Foron educadores; o seu modelo educativo tiña unha finalidade: lograr o éxito persoal. Cobraban importantes sumas de diñeiro pola súa ensinanza e por iso eran bastante criticados. Adoptaban unha actitude relativista e escéptica, e con isto ocupaban diferentes temas:
Coñecemento
O seu escepticismo deriva no subxectivismo: non é posible coñecer nada con certeza, senón simplemente diversas opinións sobre as cousas.
Relativismo moral
Non hai cousas boas ou malas, senón que todo depende da maneira desde a que se miren. Non existe un concepto universal do que é o ben ou a xustiza; todas son igualmente válidas.
Convencionalismo
Adoptan as normas morais e xurídicas. Os sofistas establecen por primeira vez a distinción entre o que é a natureza e o que é a convención.
Agnosticismo relixioso
O noso coñecemento é limitado; por iso, non podemos saber nada con certeza sobre os deuses.
Importancia dos Sofistas
Sofista, ‘sofos’ en grego, significa ‘sabio’. Son os creadores dun importante movemento de difusión cultural que merece o nome de ‘Ilustración grega’. Introducen un novo modelo pedagóxico máis completo e novas ideas críticas coas institucións e crenzas máis tradicionais. O seu pensamento supón un xiro antropolóxico na filosofía, ademais de engadir novos conceptos como a lei, a xustiza e a moral.