Poesía de vangarda en Galicia: Características, autores y obras representativas

Otras lenguas extranjeras3,15 KB

TEMA II: A POESÍA DE VANGARDA. CARACTERÍSTICAS, AUTORES E OBRAS REPRESENTATIVAS

Denomínanse vangardas un conxunto de movementos artísticos que, durante o primeiro tercio do século XX, rexeitaron a concepción clásica da arte como imitación da realidade e buscaron novas formas de expresión artística baseadas na interpretación, descomposición ou recreación desa mesma realidade.

Vangarda e Galicia

En Galicia prodúcese unha confluencia destas correntes vangardistas coa conciencia nacionalista e o florecemento cultural creado polas Irmandades da Fala e o Grupo Nós. Nace, así, unha nova xeración de autores que levou a cabo a renovación da poesía galega. Os poetas vangardistas galegos dánse a coñecer contra o 1925, publicando ademais unha serie de revistas que foron o caldo de cultivo da nova literatura (Alfar, Ronsel...).

Direccións fundamentais

Tres son as direccións fundamentais que toma esta poesía:

1. O Neotrobadurismo

Corrente que, baseada na difusión da poesía medieval a partir de 1928, retoma a forma e os temas das cantigas, pero o ritmo e as imaxes son modernas, gañando os poemas en axilidade e connotacións. Os cultivadores máis representativos son Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado).

2. O Hilozoísmo ou Imarrinismo

Corrente representada pola poesía de Amado Carballo. A súa obra é unha solución de compromiso entre a tradición e a vangarda: acepta o valor da imaxe para reflectir a realidade; pero, pola contra, rexeita a importancia da novidade dos temas ou o emprego do verso libre para a calidade do poema.

A poesía de Amado Carballo amósanos a realidade que o rodea a través da paisaxe, habitualmente rural e por veces mariñeira. Os seus poemas son cadros nos que, por medio de metáforas, se alude aos elementos da natureza, que parecen dotados de vida propia (de aí o nome de hilozoísmo). As súas obras son: Proel e O galo.

3. O Creacionismo

Corrente que propugna a liberdade absoluta do poeta para crear mundos novos, non dependentes dos coñecidos. Manuel Antonio é o máximo expoñente galego desta liña poética. Nos seus poemas priman as preocupacións estéticas sobre todas as demais: os seus versos son sucesións de imaxes, símbolos e metáforas; formalmente emprega o verso libre, non utiliza a rima e evita calquera elemento que limite a súa capacidade creadora.

O mar, realidade próxima ao poeta desde o seu nacemento ata a súa morte, é o tema central do único libro que publicou: De carro a carro, que consta de 19 poemas que constitúen a crónica dunha travesía na que o poeta madurece pola súa vivencia da soidade e a identificación co mar. O mar, paisaxe do poema, non aparece descrito, senón que é o marco das experiencias do poeta.

Despois da súa morte publicouse: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e nunca despois e Voladomar.

Descargar

PDF Word HTML