A Poesía Galega desde 1975: Evolución e Xeracións

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,48 KB

Panorama poético a partir de 1975

A partir de 1975 prodúcense profundas renovacións no panorama poético: a eclosión da escrita feminina e a convivencia de varias promocións de autores en plena actividade creadora.

As catro inflexións sucesivas

  • a) Consolidación da estética do socialrealismo a finais dos 60 cos "Novísimos".
  • b) Reacción en contra destes a partir de 1976 con Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín.
  • c) A "Xeración dos 80": nova estética caracterizada pola admiración por poetas do pasado, rexeitamento da poesía comprometida, maior atención á forma e ao estilo, apertura a novos temas como o erotismo e unha tendencia culturalista.
  • d) A "Xeración dos 90".

A) Consolidación e reacción (1976)

Traballan nun momento de intensa loita antifranquista na implantación do nacionalismo de esquerdas. Destacan pola denuncia e reivindicación, a loita pola lingua, a opresión nacional e o desexo de liberdade individual e colectiva. É importante o maxisterio de Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María. Os principais poetas son Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, coautores de O sangue na paisaxe.

B) Mudanzas sociopolíticas e novos colectivos

Consecuencia das mudanzas sociopolíticas que se producen á fin da ditadura: a instauración da Autonomía galega. O maxisterio de Con pólvora e magnolias foi decisivo e aparecen dous colectivos: Alén e Rompente.

Panorama poético a partir de 1975 (Continuación)

A partir de 1975 prodúcense profundas renovacións no panorama poético: a eclosión da escrita feminina e a convivencia de varias promocións de autores en plena actividade creadora.

As catro inflexións sucesivas (Repetición)

  • a) Consolidación da estética do socialrealismo a finais dos 60 cos "Novísimos".
  • b) Reacción en contra destes a partir de 1976 con Con pólvora e magnolias, de Ferrín.
  • c) A "Xeración dos 80": nova estética (admiración por poetas do pasado, rexeitamento da poesía comprometida, maior atención á forma e ao estilo, apertura a novos temas como o erotismo e tendencia culturalista).
  • d) A "Xeración dos 90".

A) Loita antifranquista e reivindicación

Traballan nun momento de intensa loita antifranquista na implantación do nacionalismo de esquerdas. Denuncia e reivindicación, loita pola lingua, opresión nacional, desexo de liberdade individual e colectiva. Importante maxisterio de Celso Emilio ou Manuel María. Principais poetas: Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, coautores de O sangue na paisaxe.

B) A fin da ditadura e a Autonomía

Consecuencia das mudanzas sociopolíticas que se producen á fin da ditadura: instauración da Autonomía galega. O maxisterio de Con pólvora e magnolias foi decisivo e aparecen dous colectivos: Alén e Rompente.

C) A Xeración dos 80: Estética e culturalismo

Consolídase como tal por participar nos dous volumes colectivos De amor e desamor e nas revistas Luces de Galiza e Dorna, así como no Festival de Poesía do Condado. Trazos fundamentais: afán culturalista e decadentismo estético, distanciamento entre o poeta e a sociedade, intento de síntese entre modernidade e tradición, gusto pola experimentación e a interdisciplinariedade, contracultura urbana e marxinal (como en Lois Pereiro e Xela Arias), preocupación polo estilo lingüístico e a forma, recreación mítica e recuperación da temática intimista e o erotismo.

Principais nomes da Xeración dos 80
  • Cáccamo: Praia das furnas.
  • Xela Arias: Poesía intimista e erotismo en Darío a diario.
  • Manuel Rivas: O seu primeiro poemario foi Libro de Entroido. Toda a súa obra poética está recollida en O pobo da noite.

D) A Xeración dos 90: Consolidación e diversidade

Continúan escribindo a maioría dos poetas da xeración anterior, á vez que moitos narradores e autores que naquel momento tiveran dificultades para publicar ven agora como a súa obra sae á luz (Marilar Aleixandre, Marica Campo, Isidro Novo, Xabier Cordal, Chus Pato...).

A Xeración dos 90 publica libros individuais e colectivos, comparten recitais e presentacións, etc. (Estevo Creus, Eduardo Estévez, Sechu Sende, Yolanda Castaño, Olga Novo...). A revista Festa da palabra silenciada foi un punto de encontro para os poetas.

Características da Xeración dos 90

Uso esmerado da linguaxe, versolibrismo, antiglobalización, ecoloxismo...