A familia, a educación e a economía na Grecia antiga

HistoriaActualizado el 8,45 KB

Resumen

O documento describe a estrutura familiar grega, a situación da muller e a educación en Atenas e Esparta, distinguindo as etapas de ensino. Tamén explica a economía grega (agricultura, comercio, sistema monetario e outras actividades) e os xogos panhelénicos, incluídos os Olímpicos. Ao estudalo, o alumnado aprenderá como vivían e se formaban os gregos e como funcionaba a súa economía.

Puntos clave

  • A muller grega quedaba baixo a tutela do marido e vivía no ámbito privado, mentres os homes participaban nas actividades públicas.
  • En Atenas a educación non era obrigatoria, comezaba cos 6 ou 7 anos e dividíase en tres etapas: elemental, media e superior.
  • En Esparta os nenos recibían unha formación militar estrita e ata os 30 anos non podían casar nin participar na Asamblea.
  • A economía grega era inicialmente familiar e agropecuaria, e o comercio marítimo gañou importancia ao redor do porto.
  • A unidade monetaria era a dracma de prata, con subdivisións como o óbolo e múltiplos como o tetradracma.
  • Os xogos panhelénicos celebrábanse cada 4 anos e incluían os Ítsmicos, Nemeos, Píticos, Olímpicos e Panatenaicos.

Ponte a prueba


III-A FAMILIA EN Grecia


Estaba formada polos país, fillos/as, cónxuxes dos fillos/as eescravos.
1-

A muller e o matrimonio


O matrimonio, a muller quedaba baixo a tutela do marido, era a su aspiración.Disolvíase mediante divorcio, pero só o home podía solicitalo sen alegar motivos e conserva-la tutela dos fillos.A vida da muller en Grecia desenvolvíase dentro do ámbito privado, mentres que os homes estaban implicados en tódalas actividades públicas.
2-

Os fillos e a educación


O pai non estaba obrigado a recoñece-los vastagos, polo que podía deixalos expostos nun lugar visible por se alguén desexaba adoptalos.No caso de seren recoñecidos, os nenos gregos recibían ós 10 días de nacer o nome propio, seguido do do pai ou lugar de orixe.

-A educación en Atenas:

estaba en mans de institucións privadas ou individuos particulares. Non había escolarización obrigatoria e comezaba ós 6 ou 7 anos. A educación máis esmerada reservábase ós nenos. As nenas aprendían a ler, escribir e algo de cálculo, xa que estaban destinadas a ser esposas e nais.
A educación baseábase na música e a ximnástica. Estaba dividida en 3 etapas:




Ensinanza elemental (ata 12 anos): o grammatistés (mestre) ensinaba a ler, escribir e algo de aritmética, e posteriormente a análise e comentario de fragmentos escollidos de grandes poetas. Tamén aprendían música có kitharistés e ximnasia (exercicios suaves). Os nenos ían á escola có paidagogós, compañeiro de xogos e encargado de ensinar bós costumes.



Ensinanza media (ata 18 anos): corría a cargo do grammatikós ou profesor de literatura, có que continuaban có estudo dos autores gregos máis importantes. Continuaban coa ximnasia có paidotribés ou preparador físico, que lles ensinaba o pentathlon (carreira, salto, lanzamento de disco e lanza e loita). Aprendían ademáis danza e natación.

-
Ensinanza superior
(máis de 18 anos): ademáis de ser adestrados como soldados e cidadáns, os mozos podían acudir ás escolas dos sofistas (Mestres de oratoria e retórica) ou recibir formación filosófica e científica na Academia ou no Liceo.

B-A educación en Esparta:


os nenos ingresaban nun cuartel onde recibían una estricta formación militar. Ós 19 ou 20 anos pasaban a ser soldados, pero ata os 30 non podían casar nin participar na Asamblea.As nenas eran preparadas para ser esposas e nais, pero sempre ó servizo do Estado.

IV-A ECONOMÍA EN Grecia:


1-

Agricultura e gandería


ó principio a economía era familiar e agropecuaris. A gandería limitábase ó ámbito doméstico e pouco a pouco a agricultura (trigo, oliveira e vide) foi gañando terreo.
2-

Comercio

:
Foi gañando importancia en Grecia, concentrándose arredor do porto. Provocou un aumento da poboación que trouxo como consecuencia as migracións e a fundación de colonias gregas no Mediterráneo. Comezou o intercambio de productos por vía marítima e creáronse algunas fábricas, nas que traballaban sobre todo escravos.
3-

O sistema monetario


-

Unidade monetaria

dracma (prata).
-

Unidades fraccionarias



-Calco: 1/8 de óbolo


-Óbolo: 1/6 de dracma


-Dióbolo: 2 óbolos


-Trióbolo: 3 óbolos

-

Múltiplos



-Didracma: 2 dracmas


-Tetradracma: 4 dracmas


-Decadracma: 10 dracmas

-

Unidades de cálculo



-Mina: 100 dracmas


-Talento: 60 minas/6000 dracmas

-

Outras moedas



-Dárico (ouro)


-Siclo (prata)

4-

Otras actividades económicas



-

Minería

: obtíñanse ferro, mármore, zinc, prata e chumbo. Nas minas traballaban escravos.

-Industria

: zapateiros, panadeiros, tecedores, etc. Traballaban homes libres e escravos.
-

Profesións liberais

arquitectos, médicos, músicos, Mestres, etc. Eran exercidas por homes libres.


V-O LECER EN Grecia; OS XOGOS:


En principio non eran competitivos, senón que tiveron a súa orixe en xogos funerarios. Para poder celebralos, os gobernantes podían decretar unhatregua sagrada de tres meses. O ciclo dos xogos panhelénicos (celebrados cada 4 anos) era o seguinte:
a-

Xogos Ítsmicos

:
Celebrados en Corinto no verán para honrar a Posidón. Incluían probas hípicas, atléticas, náuticas e musicais.
b-

Xogos Nemeos

:
Celebrados en Nemea no verán. Incluían probas hípicas, atléticas e artísticas.
c-

Xogos Píticos

:
Celebrados en Delfos para honrar a Apolo
. Incluían probas hípicas, atléticas e musicais.
d-

Xogos Olímpicos


celebrados en Olimpia en honor a Zeus no verán. Para as mullers celebrábanse os Xogos Hereos, para honrar a Hera.

-

XogosPanatenaicos:

celebrábanse en Atenas para honrar a Atenea. Incluían probas deportivas e celebracións relixiosas e neles participaban tódolos habitantes da Ática.

-

Xogos Olímpicos

As probas eran o pentathlon(carreira,salto,lanzamento de disco,lanza e loita), pancracio (combinación de boxeo e loita), boxeo, estadio (carreira de velocidade) e hipódromo (carreira de cabalos). Os vencedores recibían una banda e una coroa de oliveira.
En principio só podían participar homes gregos
. Antes do inicio dos xogos, os participantes eran escollidos por un xurado e adestrados durante 10 meses. Tamén debían xurar ante un Consello Olímpico cumprir tódalas regras.Os xogos celebráronse en Grecia entre os SS VIII A de Xto-IV D de Xto, cando Teodosio os prohibiu.
LÉXICO GRECOLATINO:

–psique


Mente.

–phileo


Amar.

–sophia


Saber.

–hemi


Metade.

-isos

. Igual.

–homo


Igual.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Como era a educación en Atenas?

Non era obrigatoria e estaba en mans de institucións privadas ou particulares. Comezaba cos 6 ou 7 anos e tiña tres etapas: elemental, media e superior.

Que se ensinaba na etapa media da educación ateniense?

Continuaban co estudo dos autores gregos importantes co grammatikós e practicaban ximnasia co paidotribés, que ensinaba o pentathlon, danza e natación.

Cales eran os xogos panhelénicos?

Eran os Ítsmicos, Nemeos, Píticos, Olímpicos e Panatenaicos. Celebrábanse cada 4 anos, agás os Panatenaicos, que se celebraban en Atenas.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que ocorría coa muller casada en Grecia?
2. Cando comezaba a educación en Atenas?
3. Ata que idade ían os nenos á ensinanza elemental?
4. Que se ensinaba en Esparta aos nenos?
5. Cal era a unidade monetaria grega?
6. Que xogos se celebraban en Corinto para honrar a Posidón?
7. Que premio recibían os vencedores dos Xogos Olímpicos?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.