Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia e a narrativa galega de posguerra

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,64 KB
Actualizado el

Resumen

Este tema repasa a narrativa galega de posguerra e franquismo, desde o realismo continuísta ata a narrativa fantástica. Preséntanse autores como Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Xosé Neira Vilas, cos seus espazos, técnicas e obras máis representativas.

Puntos clave

  • Tras a Guerra Civil a produción galega pasa ao exilio e a recuperación comeza nos anos 50 coa editorial Galaxia.
  • Ricardo Carvalho Calero publicou A xente da Barreira, a primeira novela galega tras a guerra.
  • Ánxel Fole practica un realismo popular e etnográfico, cunha segunda etapa de tipo urbano e vilego.
  • Álvaro Cunqueiro cultiva a narrativa fantástica e mítica, con obras como Merlín e familia, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas.
  • Eduardo Blanco Amor retrata a sociedade de Ourense con neorrealismo social, en obras como A esmorga e Xente ao lonxe.
  • Xosé Neira Vilas desenvolve un realismo crítico-social e identitario, con Memorias dun neno labrego e obras sobre a emigración.

Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba

 

TEMA6


   Debido á situación política xerada na ditadura, a prosa galega impulsada pola Xeración Nós deixa de ter continuidade na inmediata posguerra, polo que a produción se trasladará nos anos máis duros da posguerra ao exilio. Será a partir dos 50 cando se inicie unha lenta recuperación coa creación da editorial Galaxia.
Así as cousas a narrativa galega de posguerra e franquismo evolucionará a través das seguintes correntes narrativas e autores:
O Realismo continuísta anterior, caso de Otero Pedrayo e outros que seguen a liña da Xeración Nós, como Ricardo Carvalho Calero, autor da primeira novela publicada en Galicia tras a Guerra Civil, A xente da Barreira, na que narra a decadencia da fidalga e o ascenso da burguesía;
a narrativa realista, diversificada no Realismo popular de Ánxel Fole, no Realismo social de Blanco Amor e no Realismo crítico de Neira Vilas; a narrativa fantástica, que ten como principal cultivador a Álvaro Cunqueiro, precursor do que máis tarde se chamaría o Realismo máxico;
E a nova narrativa galega.
-

Ánxel Fole e o Realismo social de carácter popular e etnográfico

A obra de Fole podémola dividir en dúas etapas.
1 que supón o reencontro coa Galicia profunda Á lus do candil, contos relacionados entre si por un feble fío argumental, catro fidalgos cos seus criados están incomunicados por unha nevarada e relátanse as diferentes historias que nos son dadas a coñecer por unha primeira persoa testemuña;  Terra Brava, na que segue un procedemento semellante Á lus do candil. Na 2 etapa encadramos Contos da Néboa e Historias que ninguén cree, desenvolvense nun ambiente urbano e vilego. Canto á técnica e ao estilo, baséase nunha aproximación cronolóxica aos feitos e á importancia do espazo narrativo, que ten como eixo Galicia, vista a través de dúas perspectivas unidas pola paisaxe:
a material que ten como espazo referencial as terras do Courel, Incio e Quiroga; e a realidade inmaterial que recrea a psicoloxía do home galego. A confluencia destas dúas realidades permítenos falar dun Realismo máxico.
-

Álvaro Cunqueiro e o Realismo mítico, fantástico e máxico

é un testemuño do invisíbel, os mitos e os soños constitúen a auténtica realidade. O seu mundo mítico énos revelado a través dunha tripla vivencia: a nostalxia (Merlín), a decadencia (Sinbad) e a morte (o Sochantre); esta tripla vivencia mostra o fluír temporal. Aparece sempre a paisaxe galega ligada ao ser humano, mentres que a estrutura narrativa é radial e os feitos se centran nun espazo base e nun personaxe principal, que a través da súa viaxe vital nos mostra a súa plenitude e decadencia.
Á narrativa longa pertencen Merlín e familia, que nos presenta a un Merlín retirado na súa casa de Miranda, e nela recibe os visitantes que necesitan das artes máxicas do mago; As crónicas do Sochantre, de temática esotérica, relátanos en 3 persoa as peripecias dun músico que viaxa nunha carroza xa que vai tocar aos funerais dun nobre e nesta viaxe coñece a un grupo de personaxes de ultratumba; e Si o vello Sinbad volvese ás illas, na que o navegante d’As Mil e unha noites decide volver embarcar, daquela fica enleado nos seus propios soños, non identificando realidade e ficción.
Por outro lado, Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes conforman unha triloxía de relato breve que Cunqueiro dedicou ao retrato de personaxes do mundo rural galego.



-Eduardo Blanco Amor e o Realismo social

Desde as técnicas do chamado neorrealismo social, as novelas de Blanco Amor trázannos un amplo mural dos grupos sociais e as tensións de Ourense (Auria). En certa medida, cada novela está protagonizada por unha clase social: A esmorga, polos obreiros cualificados e os submundos da marxinación;
Xente ao lonxe, polo proletariado concienciado que loita polos seus dereitos.
Así, n’A esmorga nárranos empregando a técnica telefónica, os sucesos acaecidos aos seus tres protagonistas durante unha esmorga. Os personaxes son caracterizados a través das súas falas e comportamentos sendo a violencia un tema presente durante toda a obra. O percorrido é labiríntico fuxindo ou sendo expulsados dos espazos exteriores, dominados por unha chuvia persistente, o que dá lugar a un ambiente hostil, que condiciona a conduta dos personaxes. Os elementos atmosféricos contribúen a crear unha atmosfera fría e fantasmagórica. O resultado é o desacougo do protagonista Cibrán e o seu desexo de fuxida, frustrado polo carácter teimudo do Bocas. En Xente ao lonxe, novela moi complexa, nárranos as vivencias dunha saga familiar (os Vilar) que podemos considerar como novela de aprendizaxe, social, histórica e incluso de denuncia dos últimos anos do franquismo debido aos numerosos paralelismos que presenta. Por último, en Os biosdardos conxunto de relatos breves que nos amosan o tránsito entre o mundo infantil e o adulto.
-

Xosé Neira Vilas e o Realismo crítico-social e identitario

Nos planos da significación, técnico-estilístico e lingüístico, Neira Vilas denuncia e analiza as inxustizas socias de maneira breve, con claridade, cunha lingua moi coidada e empregando unha adxectivación cortante, enérxica e funcional.
A súa narrativa desenvolvese arredor de 2 espazos centrais:
1, a Galicia interior e rural a través da óptica infantil en Memorias dun neno labrego, de estrutura circular narrado por un ``eu´´ protagonista, Balbino, que recolle as súas vivencias na aldea e as súas reflexións acerca da mesma, das súas xentes e de si mesmo; Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho, que completan a triloxía d“O ciclo do neno”, e ambientadas na realidade dun mundo pechado, marcado pola penuria económica e cultural, o vivir cotián na aldea, a escola, o conflito lingüístico, a emigración...; e a través da óptica adulto en Xente no rodicio, A muller de ferro ou Querido Tomás, nelas o autor hiperboliza a visión do mundo rural incidindo na pasividade, prexuízos, mesquindade, degradación e violencia que polarizan as relacións dos personaxes, que se mostran incapaces de escapar dese mundo atrasado, vivindo nun clima de sometemento e resignación, dentro dun marco futuro de pesimismo. O 2, a Galicia emigrante, espazo este no que nos ofrece unha visión antiépica da emigración, caracterizada polos problemas xerados a raíz do éxodo forzoso, en obras como Camiño bretemoso, Remuíño de sombras entre outras.
Próximos as Cousas de Castelao son os libros Lar, Nai, Pan e Co pai, estampas líricas e descricións sobre a infancia, a terra, a nai, o pai e os personaxes do mundo rural.

Preguntas frecuentes

Que obras de Álvaro Cunqueiro se citan no tema?

Merlín e familia, As crónicas do Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas son as súas novelas longas máis destacadas. Tamén se mencionan a triloxía de relatos breves sobre o mundo rural formada por Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes.

Que é a novela A esmorga de Blanco Amor?

É unha novela narrada coa técnica telefónica que segue a tres protagonistas durante unha esmorga. A violencia e un ambiente hostil e fantasmagórico están presentes ao longo de toda a obra.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que editorial impulsou a recuperación da literatura galega a partir dos anos 50?
2. Cal foi a primeira novela publicada en Galicia tras a Guerra Civil?
3. Que corrente representa Álvaro Cunqueiro?
4. Que tripla vivencia aparece no mundo mítico de Cunqueiro?
5. Que novela de Blanco Amor se centra nos obreiros cualificados e nos submundos da marxinación?
6. Onde se ambienta a obra de Blanco Amor Xente ao lonxe?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.