A poesía de vangarda galega: Hilozoísmo e neotrobadorismo

Otras lenguas extranjeras3,64 KB

A poesía das vangardas: Vangarda matizada

1. Hilozoísmo ou imaxinismo

Tendencia vangardista de maior éxito. O tema central é a paisaxe galega, a terra (elemento central), cunha perspectiva nacionalista e relacionándoa coa tradición literaria paisaxística de Rosalía, Noriega e Cabanillas.

Xuntou a modernidade das vangardas con imaxes dinámicas e estilizadas. Á metáfora únese a prosopopea e o sensorial.

Autores principais: Amado Carballo, Roberto Blanco Torres, Euxenio Montes e Manuel Luís Acuña.

Luís Amado Carballo

Mestre do hilozoísmo con dous poemarios: Proel (1927, publicado en vida) e O galo (1928, editado polos seus amigos despois da súa morte).

  • Proel: consta de 35 poemas. Trata motivos como a bandeira, o escudo, o mundo exterior (natureza, solpor, faro, cruceiro...) e espazos urbanos de Pontevedra, ademais do amor por Marucha.
  • O galo: reúne 17 poemas cunha gran variedade de topónimos.

Amado realiza en cada poema unha fotografía do instante, con elementos da natureza nun momento concreto do día ou do ano e con verdadeira riqueza sensorial.

A súa obra foi valoradísima polos contemporáneos, ofrecéndolle unha homenaxe: a imitación das súas obras, formando así a escola hilozoísta con membros como Augusto María Casas, Xulio Sigüenza, Manuel Luís Acuña, Florencio Delgado Gurriarán...

2. Neotrobadorismo

Xorde a partir de 1926 cando Fermín Bouza Brey publica na revista Nós o poema “Lelías ao teu ouvido”, con influencia das estruturas das composicións líricas medievais, tendencia que se difunde coa publicación de cantigas de amigo e de amor de José Joaquín Nunes entre 1928 e 1933.

O poeta emprega recursos paralelísticos e un léxico que imita o medieval, cun valor fónico e lúdico das estruturas paralelísticas e con brillantes imaxes propias das vangardas.

As obras Nao senlleira (Bouza Brey) e Cantiga nova que se chama riveira (Álvaro Cunqueiro) saen á luz neste contexto.

O neotrobadorismo baséase na tradición, referíndonos a un grupo de autores que reproducen trazos neotrobadorescos. Este agrupa manifestacións textuais que usaron de modelo a obra dos trobadores galego-portugueses medievais en métrica, rima, forma, temas e léxico.

Considérase rematado coa publicación en 1953 de Cancioneiro de Monfero, de Xosé María Álvarez Blázquez.

Os dous maiores artífices desta tendencia son:

Fermín Bouza Brey (1900-1973)

Fundou en 1923 o Seminario de Estudos Galegos. Publicou dous libros de poemas:

  • Nao senlleira (1933): son 13 poemas. Toma das cantigas e da literatura popular estruturas formais como o refrán, o paralelismo, a ambientación (mariñas ou barcarolas) e o léxico. Fai que sexa posible atopar imaxinaría propia das vangardas. Os poemas créaos atendendo ao son, á ordenación de fonemas, ao xogo interno, á sintaxe e ao vocabulario. Os temas tratados son a soidade e o amor. A métrica é de verso libre con rima e mantéñense os pareados, tríades, romances, sonetos...
  • Seitura (1955): son 33 poemas escritos entre 1933 e 1954. Os motivos céntranse na exploración do mundo exterior (natureza) e do mundo interior (infancia, relixiosidade e misión da poesía).

Descargar

PDF Word HTML