A Narrativa Galega: Evolución, Tendencias e Autores

Lengua y literatura3,34 KB

Relato experimental

Representado sobre todo por Suso de Toro, con Polaroid (1986), relatos fragmentarios e linguaxe coloquial e innovadora; tamén Land Rover (1988), nunha liña semellante.

Tendencias e autores dos anos 90

Non se perciben moitos cambios na volta da década. Os temas cultivados pola narrativa dos 80 continúan presentes nos 90. Mesmo os autores xurdidos naquela década consolídanse nesta. Pódese advertir unha maior diversificación de xéneros e, loxicamente, a aparición de novos narradores.

Novela xeracional

Segue vixente. Destacan:

  • Ramiro Fonte, coa triloxía Vidas de infancia, sobre a vida nunha vila entre ditadura e democracia.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín, con O ventre do silencio (1999), sobre a Compostela universitaria dos anos 50.
  • Manuel Rivas, con contos en Un millón de vacas (1990) e Os comedores de patacas (1991).

Novela histórica

Moi presente:

  • Xosé Fernández Ferreiro, Agosto do 36 (1991), sobre a represión franquista.
  • Darío Xohán Cabana, Morte de rei (1996), sobre o rei Don García.
  • Manuel Rivas, O lapis do carpinteiro (1998), sobre presos políticos na posguerra.
  • Anxo Angueira, Pensa nao (1999), sobre o mundo rural na II República e o golpe do 36.
  • Miguel Anxo Murado, Ruído. Relatos de guerra (1995), crónicas da guerra dos Balcáns.

Mestura de xéneros (histórico-aventuras)

  • Xosé Miranda, Morning Star (1998), sobre o pirata Benito Soto.
  • Xavier Alcalá, Latitude austral (1991), ambientada no Cono Sur.

Novela negra

Mantén un público fiel:

  • Carlos G. Reigosa, Narcos (1991).
  • Bieito Iglesias, Miss Ourense (1994).
  • Xurxo Borrazás, Criminal (1994).
  • Tamén Xelís de Toro e Marilar Aleixandre. É salientable Erros e Tánatos (1996) de Gonzalo Navaza.

Ficción futurista

  • Ramón Caride, Soños eléctricos (1992), primeira novela galega deste tipo.

Narrativa infantil e xuvenil

Moi importante polo seu peso no mercado e recoñecemento:

  • Agustín Fernández Paz, Cartas de inverno (1995).
  • Fina Casalderrey, O misterio dos fillos de Lúa (1995).
  • Xosé Antón Neira Cruz, Valdemuller (1997).

Tendencias actuais (século XXI)

Aparición de novas voces narrativas, moitas dadas a coñecer a través de premios importantes como o Blanco Amor, Xerais ou García Barros.

Destacan especialmente novas narradoras:

  • Rosa Aneiros, Resistencia (2002).
  • Teresa Moure, Herba moura (2005), con temática feminista.
  • María Reimóndez, O club da calceta (2006), tamén centrada en cuestións feministas.

Descargar

PDF Word HTML