Literatura galega contemporánea: Cunqueiro, Fole, a Nova Narrativa e o plurilingüismo en España

Lengua y literaturaActualizado el 8,55 KB

Resumen

O texto repasa a literatura galega contemporánea, con atención á obra de Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole, ao movemento da Nova Narrativa Galega (1954-1970) e a autores como Méndez Ferrín e Carlos Casares. Ademais, presenta a situación sociolingüística do Estado español e o status oficial das súas linguas.

Puntos clave

  • Álvaro Cunqueiro (1911) mesturou realidade e fantasía en obras como Merlín e familia, e publicou o libro de poesía Herba aquí ou acolá (1980).
  • Ánxel Fole é un autor de contos ambientados no mundo rural do Courel e do Incio, como Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955).
  • A Nova Narrativa Galega (1954-1970) rompeu coas formas tradicionais, desbotou o ruralismo e recibiu influencias de Proust, Joyce, Kafka ou Camus.
  • Méndez Ferrín e Carlos Casares son dous autores destacados da Nova Narrativa, con obras como Percival e outras historias e Cambio en tres.
  • España é un estado plurilingüe con sete linguas autóctonas, e o castelán é a única lingua oficial en todo o Estado.
  • O éuscaro é cooficial en Euskadi e Navarra; o catalán, en Cataluña, Illas Baleares e Valencia; e o aranés é lingua cooficial no Val d'Arán.

Ponte a prueba

Álvaro Cunqueiro: unha vida marcada pola literatura

Álvaro Cunqueiro naceu no ano 1911 en Mondoñedo. Estudou en Santiago de Compostela nos primeiros anos trinta. Foi daquela cando comezou o seu labor literario, plasmado en tres importantes libros de poesía: Mar ao Norde (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama Riveira (1933).

Cando se fundou a Editorial Galaxia, Cunqueiro, animado polo seu amigo Fernández del Riego, comezou a escribir textos narrativos en galego. Froito desa actividade son Merlín e familia (1955), As crónicas do sochantre (1956) e Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961).

Nos anos sesenta instalouse en Vigo. Nesta etapa publicou outros tres libros de narracións breves: Escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e acolá (1971) e Os outros feirantes (1979).

Os mundos narrativos de Cunqueiro

Nas novelas e relatos de Álvaro Cunqueiro atopamos unha orixinalísima mestura de realidade e fantasía. En cada un dos seus libros coexisten personaxes e feitos fantásticos con outros que ben poderían pertencer á vida cotiá. O autor utiliza sempre técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos tirados da tradición oral popular.

Os personaxes das súas obras proceden, en moitos casos, de vellos mitos doutras culturas. Así, en Merlín e familia, o protagonista é o mago Merlín que acompañaba ao rei Artur nas súas aventuras lendarias, retirado agora en terras galegas, na compaña da raíña Xenebra.

A obra poética e teatral de Cunqueiro

Despois da guerra publicou Dona do corpo delgado (1950) e unha serie de poemas dispersos que reuniu en 1980 no que está considerado o seu mellor libro: Herba aquí ou acolá. Tamén escribiu textos teatrais, ás veces integrados dentro das súas novelas. Salientan A noite vai coma un río e O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1959).

A obra narrativa de Ánxel Fole

Os catro libros principais que publicou Ánxel Fole son volumes de contos. Os primeiros, Á lus do candil (1953) e Terra brava (1955), están estreitamente relacionados: ambos os dous reflicten o mundo rural das terras do Courel e do Incio e percorren unha estrutura narrativa semellante, como é a de recoller os relatos que varias persoas narran nunha das longas conversas ao redor da lareira ou dunha mesa, tan comúns no mundo rural galego da época.

Os libros da que se podería chamar segunda etapa do autor son Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981), ambientados xa no mundo urbano da cidade de Lugo, aínda que sigan estando presentes elementos do conto de medo e misterio que xa caracterizaban os títulos anteriores.

Nos seus libros emprega unha lingua rica e enxebre, xa que o seu galego é o recollido entre as xentes das terras do Courel, con abundantes dialectalismos e barbarismos. Fole móstrase na súa obra baixo a figura dun contador de contos.

A Nova Narrativa Galega

Foi un movemento renovador da narrativa que se produciu entre 1954 e 1970. As súas principais características son:

  • Estar protagonizado por autores e autoras novos e con formación universitaria.
  • Rachar coas formas de narrar tradicionais (omnisciencia en terceira persoa) e optar por múltiples formas narrativas (a primeira persoa, a narración epistolar, a corrente de conciencia).
  • Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta.
  • Uso de espazos urbanos, desbotando o ruralismo.
  • Rexeitar os argumentos convencionais e lóxicos, así como os personaxes tradicionais, dándolle entrada ao mundo dos soños.
  • Concibir o ser humano como un obxecto máis, normalmente moi degradado.
  • Renegar do enxebrismo, procurando a universalidade dos textos que escriben.
  • Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.
  • Recibir influencias do Nouveau Roman francés e de escritores como Proust, Joyce, Faulkner, Kafka ou Camus, entre outros.

Os autores da Nova Narrativa Galega

Autor/aObra
Gonzalo Rodríguez MourulloNasce un árbore (1954), Memorias de Tains (1956)
Xosé Luís Méndez FerrínPercival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964)
Xohán CasalO camiño de abaixo (1970)
María Xosé QueizánA orella no buraco (1965)
Camilo GonsarLonxe de nós e dentro (1961), Como calquera outro día (1962)
Xohana TorresAdiós, María (1971)
Carlos CasaresVento ferido (1967), Cambio en tres (1969)

Xosé Luís Méndez Ferrín

Méndez Ferrín publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outras historias, cando só tiña vinte anos. Obras del que tamén se poden encadrar dentro da Nova Narrativa son O crepúsculo e as formigas e a novela Arrabaldo do norte.

A partir de 1980, Ferrín publicou algunhas das súas mellores obras: Arraianos; Arnoia, Arnoia; Bretaña, Esmeraldina ou No ventre do silencio.

En paralelo coa narrativa, desenvolveu unha obra poética de temática comprometida e gran riqueza formal: Poesía enteira de Heriberto Bens e Con pólvora e magnolias.

Carlos Casares

Casares cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres, unha novela onde experimenta con diferentes técnicas vangardistas. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clio e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.

A situación sociolingüística do Estado español

España é un estado plurilingüe, no que se falan sete linguas autóctonas: galego, asturleonés, castelán, éuscaro, aragonés, catalán e aranés.

Tal como se recolle no artigo terceiro da Constitución española, este plurilingüismo conta con recoñecemento oficial, aínda que o tratamento das distintas linguas resulta moi desigual.

A única lingua oficial en todo o Estado é o castelán. As demais poden ser cooficiais ou non, dependendo do que establezan as comunidades autónomas onde se falen.

Éuscaro

En España é cooficial nas dúas comunidades nas que se fala, Euskadi e Navarra, onde conta con máis de 500.000 falantes. Fálase tamén en Francia, no País Vasco francés (Iparralde), pero aquí, en cambio, non goza de recoñecemento oficial.

Catalán

En España é cooficial en Cataluña, Illas Baleares e Valencia (nesta coa denominación de valenciano). Fálase tamén en zonas limítrofes coas anteriores, aínda que nestas non goza de status legal: no leste de Aragón (zona coñecida como Franja del Ponent) e, en menor medida, en Murcia. Fóra do Estado español, tamén se fala catalán:

  • No Principado de Andorra, onde é a única lingua oficial.
  • Na cidade sarda de Alguer, onde comparte cooficialidade co italiano e o sardo.
  • No Rosellón francés, onde non conta con recoñecemento oficial.

Asturleonés

Fálase en Asturias, León e Zamora, onde se establece que será obxecto de protección e promoción, pero sen outorgarlle status de cooficialidade. Só goza de recoñecemento oficial, dende 1999, en Miranda do Douro (Portugal).

Aragonés

É falado no norte da provincia de Huesca por unhas quince mil persoas. No Estatuto de Aragón non se fala de cooficialidade, senón de «protección».

Aranés

É unha variante do occitano, falada no Val d'Arán (norte da provincia de Lleida), onde é lingua cooficial, xunto co catalán e o castelán. Ademais, tamén é oficial en toda Cataluña.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Quen foi Álvaro Cunqueiro?

Álvaro Cunqueiro foi un escritor nado en Mondoñedo en 1911 que cultivou a poesía, a narrativa e o teatro. As súas obras mestúrano realidade e fantasía, con personaxes procedentes de mitos doutras culturas.

Que características tiña a Nova Narrativa Galega?

Foi un movemento renovador (1954-1970) protagonizado por autores novos con formación universitaria. Rompeu coas formas narrativas tradicionais, renunciou á linearidade temporal, usou espazos urbanos e tratou temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial.

Cal é a única lingua oficial en todo o Estado español?

Segundo o texto, a única lingua oficial en todo o Estado é o castelán. As demais linguas poden ser cooficiais ou non, segundo o que establezan as comunidades autónomas onde se falen.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano naceu Álvaro Cunqueiro?
2. Que libro de contos publicou Ánxel Fole en 1953?
3. Entre que anos se desenvolveu a Nova Narrativa Galega?
4. Que autor publicou a novela Cambio en tres?
5. Onde é cooficial o catalán segundo o texto?
6. Que status ten o asturleonés en Asturias, León e Zamora?
7. Que autor é considerado o escritor de máis obra poética reunida no libro Herba aquí ou acolá?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.