"o nacemento das ciencias sociais" Marx

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,73 KB

Karl Max (1818-1883) é un filósofo do S.XIX de maior repercusión en diversos ámbitos, como o social, o económico e o político. Semellante influencia parece xustificarse se temos en conta as pretensión do propio autor dito cas súas propias palabras <Os filósofos limitáronse a interpretar o mundo de distintos modos; do que se trata agora é de transformalo>.

Neste último ámbito produciuse a Revolución Industrial (a industrialización) iniciada na Gran Bretaña que supuxo o aumento da produción e un rápido incremento do capital. Isto levou a consolidación dun novo sistema, o capitalismo.
Como consecuencia, alteráronse os grupos sociais e as relacións entre eles dando lugar a unha desigualdade entre burguesía empresarial e o proletariado. Polo tanto, esta favoreceu o movemento obreiro e as revolucións sociais debido as dificultades que os gobernos liberais estaban pasando.

Para a formulación do seu pensamento xunto con Friedrich Engels aproveitáronse de varias tendencias:
socialismo utópico (reivindicación da necesidade de facer reformas sociais co fin de acabar cos agravios e considerados utópicos por Marx cos que a reivindicación con este socialismo), liberalismo económico (proposta de lexitimalo defendendo que as leis do capitalismo son naturais e inamovibles sendo o comportamento dos obreiros necesarios para o sistema e cuxo análise foi rexeitado por Marx), anarquismo (reivindicación dunha transformación radical da sociedade que discreparon co marxismo no papel do Estado), esquerda hegeliana (destacou Feuerbach do que Marx acolleu o xiro materialista e o concepto de alienación, este opúxose ao idealismo hegeliano xa que consideraba necesario retornar a natureza e a materia).

Marx leva ás súas últimas consecuencias a crítica materialista de Feuerbach e da esquerda hegeliana ao idealismo de Hegel. Si comparte con este a idea de que a realidade non é estática, senón dinámica e cambiante, chea de contradicións que a obrigan a transformarse para superala. Mais este dinamismo xa non o entende como froito do despregamento da conciencia, senón como a aposición e a superación, de sistemas de produción de bens materiais.. Polo tanto, Marx distanciouse de Hegel ao opoñer o seu idealismo nun convencido materialismo.

A diferencia de Hegel, os materialistas sosteñen que son as condicións concretas, sociais e económicas as que marcan a forman de pensar e a cosmovisión do pobo. Para Marx, as comunidades son condicións de vida diferentes e é lóxico que teñan costumes e crenzas distintas. Pois, a infraestrutura (forzas e relacións de produción) determina a superestrutura (cultura, ideoloxías, normas...).

Con todo, Marx era hegeliano porque compartía con Hegel a concepción do devenir histórico como un proceso dialéctico e antihegeliano porque non interpretaba este proceso como o despregamento do espírito. Por iso, o marxismo é considerado como materialismo dialéctico. O materialismo marxista defende que a historia avanza dialecticamente polas relacións de produción constituíndo xunto cas forzas produtivas a estrutura económica.

O conxunto das forzas productivas e as relacións de produción constitúen a estructura económica. E sobre ela levántanse a superestructura xurídica, política e cultural (a arte, relixión, moral .....). O cal significa que as teorías e as organización xurídicas, políticas, escépticas e relixiosas dependerán da devandita estructura económica.

Ata  Marx a ideoloxía pensábase dun modo neutral. Sen embargo, Marx entende a ideoloxía en sentido negativo, como un pensamento incorrecto, ou sexa, como un sistema de ideas mediante as cales se cre reflectir a situación social e económica da sociedade en que se vive, pero que realmente fai é ocultala.

Por outra banda, Marx creu necesario denunciar as inxustizas e as incoherencias do sistema. Así, considerou que o miserable estado debíase as relacións de produción do capitalismo no que o ser humano se aliena. E, distinguimos dous tipos de alienación.