Modos e tempos verbais en galego: guía gramatical
Resumen
Esta guía explica os modos verbais do galego (indicativo, subxuntivo e imperativo) e as formas nominais. Recolle os tempos de cada modo, con exemplos e as terminacións das tres conxugacións. Serve para repasar a conxugación verbal e distinguir cando se usa cada tempo.
Puntos clave
- O modo indicativo expresa accións reais e inclúe presente, pretérito, futuro, copretérito, antepretérito e pospretérito.
- O presente de subxuntivo fórmase tomando como base a 1ª persoa do singular do presente de indicativo (canto → cante).
- O pretérito de subxuntivo (ou pretérito imperfecto) fórmase con -SE: cantaSE, comeSE, partiSE.
- O modo imperativo expresa orde ou mandato, por exemplo: canta ti, cantade vós.
- As formas nominais (infinitivo, xerundio e participio) non se conxugan nin teñen persoa.
- O participio funciona coma un adxectivo e concorda en xénero e número: cantado, cantada, cantados, cantadas.
Modo indicativo
MODO INDICATIVO: accións reais.
Presente de indicativo
Presente de indicativo: hoxe, momento presente, actualidade, agora.
Hoxe eu canto / como / parto.
Pretérito de indicativo
Pretérito de indicativo: onte, hai dez anos, momento pasado.
Onte eu cantei, comín, partín.
Futuro de indicativo
Futuro de indicativo: mañá, a próxima semana, dentro de cinco anos.
Mañá eu cantarei, comerei, partirei.
Copretérito ou pretérito imperfecto de indicativo
Copretérito ou pretérito imperfecto de indicativo: cantaBA, comÍA, partÍA.
1ª CONXUGACIÓN | 2ª CONXUGACIÓN | 3ª CONXUGACIÓN |
-BA -BAS -BA -BAMOS -BADES -BAN | -ÍA -ÍAS -ÍA -IAMOS -IADES -ÍAN | -ÍA -ÍAS -ÍA -IAMOS -IADES -ÍAN |
Antepretérito ou pluscuamperfecto de indicativo
Antepretérito ou pluscuamperfecto de indicativo: cantaRA, comeRA, partiRA.
1ª CONXUGACIÓN | 2ª CONXUGACIÓN | 3ª CONXUGACIÓN |
-RA -RAS -RA -RAMOS -RADES -RAN | -RA -RAS -RA -RAMOS -RADES -RAN | -RA -RAS -RA -RAMOS -RADES -RAN |
Pospretérito de indicativo ou condicional
Pospretérito de indicativo ou condicional: cantaRÍA, comeRÍA, partiRÍA.
1ª CONXUGACIÓN | 2ª CONXUGACIÓN | 3ª CONXUGACIÓN |
-RÍA -RÍAS -RÍA -RIAMOS -RIADES -RÍAN | -RÍA -RÍAS -RÍA -RIAMOS -RIADES -RÍAN | -RÍA -RÍAS -RÍA -RIAMOS -RIADES -RÍAN |
Modo subxuntivo
MODO SUBXUNTIVO: accións irreais, desexo, dúbida.
Presente de subxuntivo
Presente de subxuntivo: para formalo tómase como base a 1ª persoa do singular do presente de indicativo.
Eu canto (presente de indicativo) – Oxalá eu CANTE (presente de subxuntivo).
Eu como (presente de indicativo) – Oxalá eu COMA (presente de subxuntivo).
Eu parto (presente de indicativo) – Oxalá eu PARTA (presente de subxuntivo).
Eu caibo (presente de indicativo) – Oxalá eu CAIBA (presente de subxuntivo).
Pretérito de subxuntivo
Pretérito de subxuntivo ou pretérito imperfecto de subxuntivo: cantaSE, comeSE, partiSE.
1ª CONXUGACIÓN | 2ª CONXUGACIÓN | 3ª CONXUGACIÓN |
-SE -SES -SE -SEMOS -SEDES -SEN | -SE -SES -SE -SEMOS -SEDES -SEN | -SE -SES -SE -SEMOS -SEDES -SEN |
Modo imperativo
MODO IMPERATIVO: orde, mandato.
Canta TI – Cantade VÓS.
Come TI – Comede VÓS.
Parte TI – Partide VÓS.
Formas nominais
FORMAS NOMINAIS OU NON PERSOAIS: non se conxugan, non teñen persoa, son formas fixas.
Infinitivo, xerundio e participio
Infinitivo: cantar, comer, partir.
Xerundio: cantando, comendo, partindo.
Participio (funciona coma un adxectivo): cantado (s), cantada (s); comido (s), comida (s); partido (s), partida (s).
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a diferenza entre o modo indicativo e o subxuntivo?
O indicativo expresa accións reais, mentres que o subxuntivo expresa accións irreais, desexo ou dúbida. Por exemplo, «Oxalá eu cante» emprega o subxuntivo para expresar desexo.
Como se forma o presente de subxuntivo?
Tómase como base a 1ª persoa do singular do presente de indicativo e cámbiase a vogal final. Por exemplo, eu como → eu coma, eu parto → eu parta.
Que son as formas nominais do verbo?
Son o infinitivo, o xerundio e o participio. Non se conxugan, non teñen persoa e son formas fixas.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.