Xeración do 36 e Xeración dos 50: poetas e obras clave
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,37 KB
Xeración do 36
A Xeración do 36 está formada por escritores nados entre 1910 e 1920 que se apoian en xeracións anteriores. A guerra marca a súa literatura e a vitoria franquista condenaos ao exilio e ao silencio prolongado. O máis importante é Celso, pero debemos citar tamén outros autores destacados:
- Díaz Castro, publica Nimbos, onde se encontra o poema «Penélope», unha metáfora da Galicia da posguerra e da sociedade galega que non avanzaba.
- Pura Vázquez, destaca polo intimismo e pola protesta social (guerra, emigración…), e tamén se centra no tema da paisaxe e no sentimento maternal.
- Celso Emilio Ferreiro, é a figura máis destacada desta xeración.
Celso Emilio Ferreiro
Na obra de Celso Emilio distinguimos tres liñas temáticas principais:
- Liña social: con precedentes en Cabanillas, Curros e Rosalía; defende o idioma e denuncia os males sociais: o fascismo, a guerra, a emigración…
- Liña intimista: manifesta a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida e a saudade da infancia.
- Liña irónica e satírica: sarcástica e crítica, que evoca as cantigas medievais de escarño.
O seu primeiro libro en galego é O soño sulagado, un poemario caracterizado polo intimismo, no que reflexiona sobre o paso do tempo, a existencia e a infancia. Tamén hai algún poema de temática social.
Longa noite de pedra é a súa principal obra: poesía de compromiso que pertence á tendencia poética do realismo social. O seu éxito levou a que o título se empregue para referirse ao período da ditadura franquista. As súas características principais son: a mensaxe colectiva —o poema é unha voz que reclama xustiza e liberdade—; a expresión sinxela e coloquial para chegar a un amplo público; a renovación da linguaxe incorporando rexistros da fala cotiá, como a linguaxe comercial ou política; o emprego do humor, a ironía e o sarcasmo para ridiculizar persoeiros e institucións; e o dominio dos metros cultos e da métrica tradicional na procura de ritmo e musicalidade.
Viaxe ao país dos ananos nace da mala experiencia de Celso coa comunidade emigrante. Cando marcha a Venezuela encóntrase cunha colectividade dividida, desgaleguizada e insolidaria, o contrario ao que esperaba. Esta obra desmitifica o mundo da emigración e ataca aos dirixentes da colectividade galega.
Antipoemas é unha obra renovadora, na que se inclúen fragmentos de anuncios publicitarios e anacos de crónicas xornalísticas. Escribe contra o imperialismo norteamericano (simbolizado na Coca‑Cola), contra o poder do diñeiro e do consumismo.
Onde o mundo chámase Celanova é a súa última publicación, regresando ao intimismo do seu primeiro poemario. Celso Emilio celebra a presenza de amigos e da súa compañeira e recorda nostalgicamente a infancia e a terra natal.
Xeración dos 50
A Xeración dos 50, tamén coñecida como Escola da Tebra (cultivo de poesía existencialista) ou Xeración das Festas Minervais (os seus integrantes gañaron premios nese certame literario), está composta por escritores que renovaron a literatura galega tanto formal como tematicamente. Estes naceron entre os anos 30 e 40 e padeceron as consecuencias da guerra; conseguiron coñecer a actividade galeguista literaria a través de O. Pedrayo ou Maside.
Polo illamento cultural da ditadura, buscaron referentes no mundo cultural francés e angloamericano; gustábanlles expresións artísticas rebeldes como o rock ou o cómic. Modernizaron a poesía, a prosa e o teatro galegos. Rompen co piñeirismo e xorden o P.S.G. e a U.P.G., partidos que desde a clandestinidade promoven a oposición ao franquismo.
Nesta xeración distinguen dúas tendencias: o grupo compostelán, con afinidade ideolóxica co piñeirismo, e o grupo Brais Pinto, caracterizado pola radicalidade artística e ideolóxica.
A renovación da poesía galega impúlsase a través de correntes vanguardistas e coa propia tradición galega anterior. Do existencialismo de orixe á Escola da Tebra, caracterizada polo pesimismo ante a vida (representada polas obras de Cuña Novás, Fabulario novo, e Manuel María, Advento), a outra corrente será o realismo social, a denuncia dunha sociedade reprimida na posguerra.
Os principais poetas son:
Manuel María: un dos escritores máis coñecidos da segunda metade do século XX. Comezou a súa traxectoria dende o existencialismo e o intimismo da Escola da Tebra (Advento) e continuou con temáticas paisaxísticas e o realismo social presente en Documentos persoais. Tamén escribiu poesía para nenos, como Os soños na gaiola. Os seus temas máis recorrentes son a defensa de Galicia, da lingua, das clases populares e do ecoloxismo; para el, Galiza é unha nación.
Bernardino Graña: o seu primeiro libro é Poema do home que quixo vivir, que aparece baixo a estética da Escola da Tebra. Tamén escribe Non vexo Vigo nin Cangas, de temática de realismo social.
Méndez Ferrín: na obra Con pólvora e magnolias continúa coa reivindicación da poesía de corte social e introduce elementos innovadores, como o enfoque panfletario. A política revolucionaria é a pólvora, en ton épico, e o íntimo son as magnolias, a nostalxia polo pasado.
Uxío Novoneyra: herdeiro da tradición paisaxística da poesía galega anterior, a súa obra dialoga co entorno natural desde o existencialismo. Os Eidos é o seu punto de partida; sen abandonar o paisaxismo especial, encamiñouse cara á escrita fonética e á poesía erótica, facendo incursións na poesía social e patriótica, como en Viet Nam, canto, aínda que afastada dunha perspectiva tópica do realismo social.
Xohana Torres: cultiva unha poesía intimista e destaca o volume Do sulco; os seus temas básicos son o amor, a soidade e a morte.