Literatura Galega Medieval: Xénese, Textos e Trobadores

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,36 KB

A Literatura na Idade Media

A invasión dos pobos xermánicos deu lugar á diversificación do latín e das linguas romances. A sociedade medieval caracterizábase polo feudalismo. O rei tiña o poder, seguido da nobreza e das clases baixas.

Aparición dos Textos en Galego

Nesta época, só se escribía en latín na lingua culta, mentres que a lingua oral evolucionaba. Na Idade Media, o galego vive unha situación normalizada; a súa presenza non só é visible nos textos de carácter literario, historiográfico ou hagiográfico.

O seu uso na escrita foi xeneralizándose e acabou suplantando o latín na redacción de todo tipo de documentos: escrituras de compravenda, partillas, doazóns, edictos e ordenanzas, foros, querelas criminais.

Os primeiros textos literarios, debido á influencia do lirismo provenzal, foron o motivo determinante que provocou o nacemento da lírica galega a finais do século XII.

Influencia Provenzal en Galicia

  • Camiño de Santiago: Polo camiño francés chegaron a Compostela xentes de diferentes condicións e lugares.
  • Visita dos trobadores franceses a Compostela.
  • Monxes de Cluny: Exerceu unha notable influencia na Igrexa daquel tempo e contribuíu a estender a influencia provenzal nas artes e letras.

Textos Conservados

Poesía Profana

Todas as cantigas pertencentes a outros xéneros.

Poesía Relixiosa

  • Cantigas de Santa María.

Cancioneiros Principais

  • Cancioneiro da Ajuda: É un códice manuscrito de finais do s. XIII ou principios do XV. Contén 310 cantigas, case todas de amor. Está incompleto (a notación musical está en branco, os nomes dos autores non figuran...).
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa: É copia manuscrita dun cancioneiro perdido do século XVI. Contén 1600 cantigas de tódolos xéneros. Ábrese coa Arte de Trobar, tratado que estuda diversos tipos e características formais das cantigas.
  • Cancioneiro da Vaticana: Biblioteca Apostólica. Feito en Italia, é unha copia dun manuscrito perdido. Contén 2200 cantigas de tódolos xéneros.
  • Cancioneiro dun Grande de España: Copia do Cancioneiro Da Vaticana.
Outros Documentos
  • Pergamino Vindel: Contén 7 cantigas de Martín Codax, levas notación musical sobre pentagrama.
  • Pergamino Sharrer: 7 cantigas de amor do rei don Dinís coa súa notación musical.

Autores na Idade Media

Roles Sociais
  • Trobador: Compoñía a letra e a música das cantigas. Xeralmente nos cancioneiros aparece citado polo nome e apelido (Paio Gómez).
  • Xograr: Interpretaba as cantigas dos trobadores. De procedencia social máis baixa ca os trobadores. Nos cancioneiros aparecen citados polo nome (Meniño, Xoan Zorro).
  • Segrel: Trobador profesional que aceptaba paga pola interpretación (Exemplo: Bernal Bonaval).
  • Soldadeiras: Mulleres que acompañaban con danzas. Eran da clase baixa e levaban unha vida pouco edificante por riba dos seus méritos artísticos (Exemplo: María Balteira).