A Lírica Trobadoresca Galego-Portuguesa: Orixe, Figuras e Cancioneiros

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,22 KB

A Penetración da Cultura Trobadoresca

A cultura trobadoresca penetra no ámbito lingüístico galego-portugués a través de tres vías principais:

  1. Camiño de Santiago: Era unha ruta comercial e espiritual que unía Compostela con toda Europa. Pénsase que tamén foi a ruta dos xograres e dos trobadores.
  2. Os monxes de Cluny: Reformaron moitos mosteiros e fundaron outros novos. Estes mosteiros non participaron na lírica profana, pero desempeñaron na Idade Media unha función educativa. Moitos dos abades cluniacenses eran de procedencia francesa.
  3. Os contactos nobiliarios: Houbo moitas alianzas matrimoniais coa alta nobreza francesa, o que significou a importación de novos costumes e modas cortesás.

As Figuras da Lírica Trobadoresca

O Trobador

  1. Eran nobres, ocupaban o lugar máis alto da xerarquía social e artística.
  2. Eran poetas e compositores ao mesmo tempo: compuñan e cantaban as súas propias cantigas.
  3. Tiñan ao seu servizo un ou varios xograres que executaban as súas trobas.
  4. Trobaban por pracer ou refinamento cultural, non por unha recompensa económica directa.
  5. Destacan: Afonso X, Don Dinís, Don Pedro de Portugal.

O Xogral

  1. Eran os representantes medievais dos artistas ambulantes do mundo clásico grecolatino.
  2. Eran os intérpretes das cantigas trobadorescas; a miúdo eran tamén compositores, o que provocou censuras e burlas dos trobadores.
  3. Destacan: Meendinho, Bernal de Bonaval, Martín Codax.

O Segrel

  1. Aparecen como unha adaptación dos xograres hispánicos, son tamén un tipo de xogral, vinculado aos medios cortesáns.
  2. Eran autores e excelentes das súas propias composicións, cobrando por elas.
  3. Semellanzas cos xograres: Eran artistas profesionais e itinerantes.
  4. Semellanzas cos trobadores: Tiñan ascenso social na baixa nobreza e a categoría artística do compositor.

Outras Figuras

  • Mestrel: Músicos.
  • Soldadeiras: Mulleres que acompañaban os xograres (prostitutas).

A Tradición Manuscrita: Os Cancioneiros

Cancioneiro de Ajuda

  1. Consérvase no Palacio de Ajuda en Lisboa.
  2. Foi compilado por Don Dinís.
  3. Contén 310 composicións pertencentes a 38 poetas. Son todas cantigas de amor.

O Pergamiño Vindel

  1. Descuberto polo libreiro madrileño Pedro Vindel cando servía de forro a outro códice.
  2. Consérvase na Biblioteca Pierpont de Nova York.
  3. Trátase dunha folla voandeira das que os xograres utilizaban para transmitir o seu repertorio. Contén as 7 cantigas de amigo do xograr galego Martín Codax.

O Pergamiño Sharrer

Contén 7 cantigas de amor do rei Don Dinís, acompañadas pola correspondente notación musical.

O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa

Contén 1647 cantigas de todos os xéneros pertencentes a preto de 150 autores.

O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana

Consérvase en Roma. Contén 1200 cantigas dos tres xéneros. Consérvase unha copia de fins do S. XVI ou comezos do XVII. Coñécese como Cancioneiro da Bancroft Library e foi descuberto en Madrid en 1857. Durante anos perdeuse, ata ser achado de novo na Universidade de Berkeley (California).

Subxéneros da Cantiga de Amigo

  1. Mariña ou Barcarola: Escenario: o mar como:
    • Elemento de separación entre os namorados.
    • Confidente.
    • Símbolo de paixón, da felicidade e do erotismo.
  2. Cantigas de Romaría: Nunha igrexa, capela ou ermida:
    • Lugar de encontro dos namorados.
    • Onde reza para que remate a ausencia do amado.
  3. Bailadas: A moza incita ao baile.
  4. Albas ou Alboradas: Nesa hora do día (o amencer).

Temática da Cantiga de Amor

  1. Eloxio da dama: Beleza física (fermosa, bo parecer, ben talada...) ou psíquica (bo falar, mesurada).