A literatura das Irmandades da Fala: Noriega Varela e Ramón Cabanillas
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,75 KB
A poesía das Irmandades da Fala: Características, autores e obras representativas
Antonio Noriega Varela
Vida
Estuda Maxisterio, pero por mor do seu activismo agrarista é desprazado á provincia de Ourense, onde coñecerá a intelectuais do Grupo Nós e entrará en contacto coa literatura portuguesa.
Influencias
As influencias literarias máis evidentes da súa obra son Leiras Pulpeiro, os clásicos latinos, o “Século de Ouro” español e os poetas saudosistas portugueses, como Guerra Junqueiro.
Obra
A súa obra consta de dous títulos —en realidade, diferentes edicións dun mesmo poemario— revisados e reeditados en varias ocasións: Montañesas e Do ermo. Gústalle a paisaxe montañesa en estado virxinal, polo que non fala nas súas obras de persoas, tan só de natureza.
Ramón Cabanillas
Obra
A obra de Ramón Cabanillas é de difícil clasificación, mais unha forma de organizala é en función da época pola que atravesaba o autor:
- Temática agrarista: Ten títulos como No desterro. Visións galegas e Vento mareiro. Estes títulos publicounos na Habana e mantéñense na liña anticaciquil que caracterizaba o movemento agrarista. Da terra asoballada afonda na liña poética comprometida. A súa poesía resulta moi celebrada nese momento, por iso, cando regresa a Galicia considérase o digno herdeiro de Curros.
- Irmandades: A man de santiña, que está escrita para ser representada e trata dos matrimonios arranxados.
- Xeración Nós: Ten títulos como:
- O bendito San Amaro.
- O mariscal: É unha traxedia histórica en verso que manifesta unha clara intención política e ideolóxica ao interpretar o episodio histórico da execución do mariscal Pardo de Cela por orde dos Reis Católicos.
- Na noite estrelecida: Componse por tres “sagas”, onde se recrea a temática medieval da materia de Bretaña, que son: A espada Escalibor, O Cabaleiro do Sant Grial e O Soño do rei Artur. Ten claras influencias prerrafaelistas.
- Postguerra: Camiños no tempo, Antífona da cantiga, Da miña zanfona, Versos de alleas terras e de tempos idos, Samos.