Lírica Medieval Gallego-Portuguesa: Trobadores, Xograres e Xéneros Maiores
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,24 KB
Lírica Profana
Intégrana as cantigas de amigo, amor, escarnio e maldizer (denominados xéneros maiores) e os xéneros menores.
Principais Figuras da Produción Medieval
As principais figuras que interveñen na produción e interpretación das cantigas medievais son:
Os trobadores
Eran señores da nobreza e exercían este oficio desde infanzóns ata os mesmos reis. Tiñan a preparación suficiente para compór versos e música. O "poeta" da época compoñía en latín e o "trobador" (termo de orixe provenzal) escribía na súa lingua vernácula; habitualmente entregáballes as cantigas compostas aos xograres para que as interpretasen. A maioría compoñía de xeito desinteresado, e só en ocasións especiais as interpretaban (na corte señorial, nos adros das igrexas...). Porén, os trobadores de menor escalafón nobiliario podían interpretalas para gañar o sustento (estes a miúdo denomínanse segreis).
Os xograres
Ocupábanse de interpretar as cantigas alleas. A mediados do século XIV pasaron a chamarse menestreis e viron reducidas as súas funcións ao simple acompañamento musical. Algúns exercían o seu traballo de xeito ambulante e outros tiñan traballo fixo na corte dun rei ou dun nobre. Soían ser de condición humilde, mais hai un caso que acadou a categoría de trobador: Bernal de Bonaval. Adoitaban acompañarse dun instrumento musical.
As soldadeiras
Eran danzadeiras que acompañaban aos xograres e realizaban diversas actividades, entre as que estaban cantar e bailar, polo que recibían unha "soldada". Acompañaban aos soldados nas campañas militares, con comportamentos de "dubidosa moralidade". Algunhas chegaron a seren moi famosas, como María a Balteira.
Xéneros Maiores
Cantiga de amigo, cantiga de amor e cantiga de escarnio e maldicir.
Cantiga de Amigo
Caracterízanse por ser feminina a voz lírica, é dicir, están postas en boca dunha muller (aínda que fosen escritas por homes). A muller adoita suspirar por amor, triste ou gozosa segundo sexa a relación co seu amigo (suspira pola súa tardanza en volver, pola distancia que os separa, por se ter que despedir del, porque o amor entre os dous non está consentido polos seus pais...).