O reformismo borbónico en Galicia: matrícula de mar, Arsenal de Ferrol e comercio colonial
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
español con un tamaño de 4,77 KB
Actualizado el
Resumen
Este apuntamento explica como os Borbóns reformaron Galicia no século XVIII, coa creación de novas institucións como a Intendencia e o Real Consulado. Tamén analiza o papel marítimo galego a través da matrícula de mar, a construción do Arsenal de Ferrol e a apertura do comercio colonial con América desde A Coruña.
Puntos clave
- En 1718 creouse a Intendencia do Reino de Galicia, con contacto directo co rei e control de guerra, facenda, xustiza e policía.
- O Real Consulado encargábase de asuntos marítimos e terrestres.
- A matrícula de mar rexistraba a xente do mar para recrutar tripulacións para a Armada, e os matriculados quedaban libres de impostos.
- En 1714 Filipe V creou a Real Armada unificando as armadas existentes.
- Foi en 1726 cando Xosé Patiño decidiu establecer en Ferrol a sede do Departamento marítimo do Norte.
- En 1776 creouse a Academia de Gardamariñas para formar os mandos militares da Armada.
- En 1765 o porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América.
Resumen generado con IA a partir del documento. Ponte a prueba
O Reformismo Borbónico en Galicia: Matrícula de Mar, Arsenal de Ferrol e Comercio Colonial
No século XVIII, o reino de Galicia mantivo a súa importancia estratéxica como baluarte marítimo avanzado na defensa do imperio colonial americano, fronte ao paso das armadas inimigas, fundamentalmente inglesas. Ante esta situación, os Borbóns e os seus gobernos interviñeron en Galicia creando novas institucións e novos servizos.
As Institucións Borbónicas en Galicia
Nesta época, en Galicia xa existían institucións como a Real Audiencia, a Xunta do Reino e os correxidores, pero pouco a pouco os Borbóns foron incorporando outras como a Intendencia ou o Real Consulado.
- En 1718 creouse a Intendencia do Reino de Galicia, que tiña un contacto directo co rei e se caracterizaba polo reforzamento da centralización e polos numerosos conflitos con outras institucións. Esta institución, cun funcionamento moi desigual, controlaba principalmente os asuntos de guerra, de facenda e tamén os de xustiza e policía.
- Por outra parte, o Real Consulado encargábase principalmente de asuntos marítimos e terrestres.
- A última institución e unha das máis importantes foi a Xunta do Reino de Galicia, representando aos galegos nas Cortes de Castela.
O Papel Marítimo de Galicia: A Matrícula de Mar
Se por algo se caracterizaba Galicia no século XVIII era polo seu papel marítimo. A matrícula do mar foi un sistema de recrutamento de tripulacións para os buques da Armada para garantir un persoal competente con moitísimo control. Este sistema rexistraba a todos os dedicados ao mar indicando a clase á que pertencían para coñecer as súas habilidades. Os matriculados quedaban libres de impostos, pero podían ser chamados pola Armada ata os 60 anos.
A primeira matrícula do mar foi establecida por Filipe IV de Habsburgo, pero non funcionou ben ata a posta en marcha das reformas borbónicas. En 1714, Filipe V creou a Real Armada unificando as numerosas armadas e os seus mandos. Máis adiante, estableceu os departamentos marítimos españois en tres (Ferrol, Cádiz e Cartaxena) e as directrices dos comisarios de Mariña para o rexistro da xente do mar. Ademais, a extensión do litoral de Galicia e o elevado número de xentes relacionadas con traballos do mar fixo que na segunda metade do século XVIII, Galicia rexistrase a cuarta parte da matrícula humana das frotas españolas.
Ferrol: Arsenal e Centro Estratéxico
Galicia, pola súa situación xeoestratéxica, converteuse para os Borbóns no punto clave para o control marítimo, principalmente das frotas inglesas. A nosa costa quedou reforzada a través de castelos e baterías. Foi en 1726 cando Xosé Patiño, ministro de Filipe V, decidiu establecer en Ferrol a sede do Departamento marítimo do Norte.
A partir de 1746, co marqués da Ensenada, iniciouse a construción dos modernos estaleiros e arsenal que converteron a Ferrol na principal cidade galega e en obxecto de admiración para os estranxeiros. Para a formación dos mandos militares da Armada creouse, en 1776, a Academia de Gardamariñas. Pero Ferrol comezaba a quedar pequeno, xa que a chegada masiva de xente obrigou a establecer barrios novos en Esteiro e na Magdalena para acoller aos numerosos traballadores.
A Apertura do Comercio Colonial
Para finalizar, cómpre destacar que a eliminación do monopolio Cádiz-Sevilla favoreceu a Galicia, sobre todo á Coruña. En 1764, o goberno de Carlos III estableceu nesa cidade o servizo de Correos Marítimos, encargado de levar a correspondencia ao porto da Habana e Bos Aires. A principal novidade foi que en 1765 o porto da Coruña foi autorizado para comerciar directamente con América. Ambas concesións contribuíron ao crecemento e renovación urbanística portuaria da cidade.
Preguntas frecuentes
Que era a matrícula de mar?
Era un sistema de recrutamento de tripulacións para os buques da Armada que rexistraba a todos os dedicados ao mar, indicando a súa clase. Os matriculados quedaban libres de impostos, pero podían ser chamados pola Armada ata os 60 anos.
Cando se fundou a Intendencia en Galicia?
Creouse en 1718 como Intendencia do Reino de Galicia. Tiña contacto directo co rei e controlaba principalmente asuntos de guerra, facenda, xustiza e policía.
Por que Ferrol foi importante para os Borbóns?
Pola súa situación xeoestratéxica, era o punto clave para controlar as frotas inglesas. A partir de 1746 construíronse nela os modernos estaleiros e o arsenal.
Ponte a prueba
Tarjetas de repaso
Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.
Test
Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.