A poesia entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,21 KB
A poesía entre 1936 e 1975: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas Minervais.
A actividade cultural continuada só é posible no exilio, onde poetas como Luís Seoane, Lorenzo Varela e Emilio Pita fan poesía crítica e De compromiso.
Dentro de Galicia este silencio rómpeo en 1947 Aquilino Iglesia Alvariño, Coa publicación de Cómaros verdes, co que se comeza unha tímida recuperación.
Neste momento coinciden, ademais de Luís Pimentel (Triscos,1950,Sombra De aire na herba, 1959), unha Serie de poetas que podemos agrupar en:
XERACIÓN
DO 36(nacidos entre 1909 e 1920):Algúns fórmanse na II
República, participan na Guerra Civil,
Que está moi presente na súa obra. Cultivan tendencias paisaxismo humanista, o
Clasicismo, intimismo radical e o socialrealismo, que foi a grande achega
Desta xeración.
Autores:
Iglesia
Alvariño (Cómaros verdes),
Díaz Castro (Nimbos), Celso
Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra
)
CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio inicia na poesía de posguerra unha liña de protesta social que Ten as súas raíces en Curros e Cabanillas. É o autor máis importante desta Xeración e o principal representante da poesía social. A súa poesía Comprometida foi un referente básico na resistencia antifranquista. As Temáticas reivindicativas (solidariedade cos que sofren, defensa do idioma, Denuncia dos males da sociedade, a liberdade e a esperanza fronte ás inxustizas Do presente, .. Compleméntanse con outras liñas: intimista (lembranzas do Pasado), amorosa e satírica
Principais obras:
O soño sulagado (1955), Viaxe ao país dos ananos (1968), Longa
Noite de pedra (1962). Esta última converteuse nunha obra de culto
Da loita contra a ditadura. O título é unha metáfora da situación que se vive
Durante o réxime. Desde o punto de vista formal destaca a sinxeleza expresiva e
O rexistro ás veces coloquial para que a importancia recaia na mensaxe.
PROMOCIÓN DE ENLACE (1920-1930)
Viviron a guerra como unha Experiencia traumática a nivel persoal. Sufriron por tanto na súa xuventude Unha desinformación das tendencias literarias, filosóficas e artísticas Europeas. De formación autodidacta, móvense entre o intimismo e a angustia Existencial da “Escola da tebra”, tamén cultivan a poesía crítica e de Denuncia.
Destacan nesta xeración
Antón Tovar (Arredores, Non)
segue a liña existencialista (conciencia do
Eu e da soidade), a liña social (rebeldía fronte á inxustiza) e a intimista
(queixa pola irreversibilidade do tempo que todo o volve cinza) e Luz Pozo (O paxaro na boca) destaca como poeta intimista e vitalista.
XERACIÓN DOS 50 OU DAS FESTAS MINERVAIS (1930-1940):
De formación Universitaria, que non coñeceron a Experiencia traumática da guerra. Deben o seu nome aos certames literarios Celebrados en Santiago, chamados “Festas Minervais”.É unha xeración moi Influenciada por correntes literarias estranxeiras europeas (francesa) e Anglo-americanas, así como pola cultura do jazz, do rock e polo movemento de Liberación social que en América representou a Beat generation (liberdade sexual, vida errante, consumo de drogas E alcohol). Externamente préstanlle unha maior atención á forma e á estética do Poema. Na temática predomina a liña da Escola De Tebra, presidida pola angustia existencial e o pesimismo na Monotonía do vivir.
Autores:
Uxío Novoneyra (Os eidos),
Bernardino Graña (Se o noso amor e os
Peixes...)
§MÉNDEZ FERRÍN
Poeta De gran sensibilidade e forza creadora. Iníciase na poesía seguindo a corrente estética da “Escola da Tebra”,manifestando sempre unha predilección pola poesía comprometida. O seu Libro Con pólvora e magnolias supón un auténtico revulsivo na poesía Galega da década dos 70. Renova a poesía de reivindicación social, dándolle un Enfoque menos tópico e “panfletario” e introducindo elementos estéticos Novidosos e abundantes referencias culturais. O poemario combina dúas vetas: a Da proclama política (a pólvora) e a da introspección persoal e intimista (as Magnolias).
Obras:
Voce na néboa, Con pólvora
E magnolias, Poesía enteira de
Heriberto Bens, O fin dun
Canto
§Manuel MARÍA
Comeza a súa obra poética desde os Presupostos intimistas e existencialistas da “Escola da Tebra”. Posteriormente, Decántase cara ao descritivismo paisaxista e a poesía de compromiso social: Defensa das clases populares, reivindicación nacional de Galiza e crítica da Tiranía e do imperialismo. A sinxeleza da expresión e a temática popular Contribúen á súa grande aceptación social.
Obras:
Muiñeiro de brétemas, Morrendo
A cada intre, Terra chá, Documentos personaes, Os soños na
Gaiola