Legado Literario Galego: Obra e Características de Pondal, Rosalía e Curros

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,18 KB

Eduardo Pondal

Características da súa obra:

  • Fusión entre tradición culta e tradición popular.
  • Parte do Romanticismo, pero engade unha fusión entre celtismo e helenismo.
  • Ten unha visión profética da historia.
  • Forte influxo do simbolismo xunto co realismo.
  • Importancia da paisaxe á que concede un valor mítico.
  • Presenza dunha ideoloxía federalista, na que considera a Galicia como patria.

Rosalía de Castro

Obras destacadas:

Cantares Gallegos

É unha reivindicación de Galicia e do galego, na que se glosan cantares populares, unindo así literatura de raíz popular e literatura culta. As anécdotas que representan a Galicia forman unha unidade, malia a súa diversidade. Non faltan uns principios en defensa da muller, inxustamente tratada no seu tempo. O obxectivo principal do libro era demostrar que o galego era unha lingua literariamente capaz de expresar os problemas e as belezas de Galicia. En canto á métrica, predominan os versos de arte menor, de formas popularizantes unidas ás formas cultas.

Follas Novas

Publicada na Habana, significou unha transgresión a moitas normas preestablecidas, pois era levar a lingua galega, e da man dunha muller, a un terreo que o público receptor lle vedaba. Divídese en 5 partes chamadas libros (Vaguedás, Do íntimo, Varia, Da terra e Ás viúvas dos vivos e viúvas dos mortos). Fala da condición feminina, relegada ao intranscendente, da relación coa obra anterior, Cantares Gallegos, obra que considera de mocidade e de esperanza, mentres que Follas Novas é obra de madurez e pesimismo. Escribe sobre o compromiso do escritor coa sociedade e analiza os problemas da muller galega, para rematar falando da lingua galega. Os dous primeiros libros lembran Cantares Gallegos, pero segundo avanza a obra os elementos subxectivos asumen protagonismo. Do íntimo contén 36 poemas de ton persoal, criticando institucións coma a igrexa. Cara ao final a protesta social faise máis presente.

Manuel Curros Enríquez

Tipos de poesía:

  • Poesía costumista: O máis logrado son as situacións, os diálogos e monólogos, así como as descricións e o correcto emprego da lingua popular.
  • Poesía cívica: Curros considérase a si mesmo como un poeta cívico. Este concepto provén do Romanticismo, que considera ao poeta como un oráculo da humanidade, voz do pobo e profeta do porvir.
  • Poesía satírica: Trátase dunha protesta satírica contra os poderes eclesiásticos e as súas consecuencias sociais, chea de humor pesimista, cun estilo rápido de grande eficacia narrativa.
  • Poesía lírica: Curros cría que o poeta debíase á humanidade e que a lírica era unha forma egoísta de cultivar a literatura. Non faltan na súa produción momentos líricos, espallados entre a súa obra cívica, que van dende a elexía, a composicións nas que manifesta a súa ledicia de acontecementos familiares. Escribiu textos de grande beleza dedicados a Rosalía.

Entradas relacionadas: