Sintaxe da Oración Simple: Suxeito, Predicado e Complementos Verbais
Concordancia entre o suxeito e o verbo
- Se algún dos suxeitos nominais (S.N.) nomea a segunda persoa, o verbo vai en segunda persoa.
- Se os S.N. nomean só a terceira persoa, o verbo vai en terceira persoa.
Concordancia entre o verbo e un substantivo colectivo
- Se o núcleo do suxeito da oración é un substantivo colectivo en singular, o verbo vai en singular.
- Cando o verbo vai en plural, tamén leva un complemento en plural.
Suxeito léxico e suxeito gramatical
- Suxeito léxico: É a palabra ou conxunto de palabras que na oración desempeña a función de suxeito.
- Suxeito gramatical: É o que non aparece expresado na oración, pero que vén dado polas desinencias de número e persoa do verbo.
- Cando non hai suxeito, dicimos que son oracións impersoais.
O predicado: Estrutura
O predicado dunha oración consta, polo menos, dun núcleo (verbo). Este núcleo pode ir acompañado por un adverbio que desempeña a función de modificador (mod.) e por un ou varios complementos.
Clases de predicado
- Predicado verbal: Expresa unha acción ou suceso que afecta ao suxeito. Pode ir acompañado dun ou máis complementos.
- Predicado nominal: Expresa unha calidade ou estado do suxeito. O núcleo é sempre un verbo copulativo (ser, estar, parecer).
T.3. Os complementos verbais
Obxecto Directo (O.D.)
É o complemento verbal que nomea ao ser ou obxecto sobre o que recae a acción do verbo.
- Vai introducido pola preposición "a" (en determinados casos).
- Non varía cando se cambia o número do verbo.
- Pódese substituír polos pronomes o, a, os, as.
- Cando se pasa a oración a pasiva, o C.D. pasa a ser suxeito.
Obxecto Indirecto (O.I.)
É o complemento verbal que designa o destinatario da acción expresada polo verbo e o C.D.
- Vai introducido pola preposición "a" ou un pronome persoal átono.
- Pódese substituír por lle, lles.
Complemento Preposicional (C.Prep.)
É un complemento que vai introducido por unha preposición esixida polo verbo.
- Vai introducido por preposicións como a, con, de, en.
- Non se pode substituír por pronomes átonos de CD ou CI.
Complemento Circunstancial (C.C.)
Expresa as circunstancias de lugar, tempo, modo, causa... que enmarcan a acción verbal.
- Pode presentarse como un adverbio, como un S.N. ou un S.Prep.
- Moitos pódense substituír por un adverbio.
Complemento Axente (C.Axente)
Nomea ao ser que realiza a acción nas oracións pasivas.
- Vai encabezado pola preposición "por".
- Se transformamos a oración a activa, o C.Axente pasa a ser suxeito.
O Atributo
É un complemento verbal que acompaña aos verbos ser, estar e parecer.
- Adoita presentarse como un S.N., S.Adx. ou S.Prep.
- Concorda en xénero e número co suxeito.
- Pode substituírse polo pronome "o".
Complemento Predicativo (C.Pred.)
É un complemento verbal que nomea unha calidade ou un estado do suxeito ou do C.D.
- Preséntase coma un S.Adx., S.N. ou S.Prep.
- Concorda en xénero e número co suxeito e co O.D.
- Pode substituírse por "así" ou "iso".
español con un tamaño de 4,08 KB