As Irmandades da Fala e a obra de Ramón Cabanillas

Lengua y literaturaActualizado el 2,54 KB

Resumen

O texto presenta o nacemento das Irmandades da Fala, a súa difusión en Galicia e o papel do Partido Galeguista no recoñecemento do galego como idioma oficial no Estatuto de 1931. Tamén recolle a vida e a obra de Ramón Cabanillas, poeta en galego, co seu labor poético e teatral.

Puntos clave

  • A primeira Irmandade da Fala fundouse na Coruña en 1916 para defender, dignificar e cultivar o idioma galego.
  • As Irmandades da Fala editaban A Nosa Terra, publicación periódica totalmente en galego.
  • En 1931 o Partido Galeguista conseguiu o Estatuto de Autonomía, que recoñeceu por primeira vez o galego como idioma oficial de Galicia.
  • A Guerra Civil (1936) supuxo unha etapa especialmente dura para as linguas minorizadas do Estado español.
  • Ramón Cabanillas naceu e morreu en Cambados (Pontevedra) e escribiu en lingua galega.
  • Da terra asoballada (1917) é un poemario de carácter reivindicativo da identidade política e cultural de Galicia.
  • O mariscal (1926) é unha obra teatral sobre a execución do mariscal Pardo de Cela polos Reis Católicos.

Ponte a prueba

As Irmandades da Fala e a Lingua Galega

As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916. Séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia:

  • Ferrol
  • Ourense
  • Betanzos
  • Santiago

Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, etc.

En 1931 créase o Partido Galeguista, que consegue a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no que a lingua galega adquire por vez primeira o recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantísimo non chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936), que supuxo o principio da máis crúa etapa para as linguas minorizadas do Estado español.

Ramón Cabanillas: Vida e Obra

Ramón Cabanillas foi un poeta que escribiu en lingua galega. Naceu e morreu en Cambados (Pontevedra). A súa profunda formación clásica vénlle da súa permanencia de varios anos nun seminario. Durante algún tempo viviu en Cuba, regresando ao seu país para desempeñar diversos cargos burocráticos.

No ano 1917 publicou Da terra asoballada onde abundan as composicións de carácter reivindicativo da identidade política e cultural de Galicia. Anteriormente xa publicara outro poemario co mesmo espírito crítico titulado No desterro (1913). En Vento mareiro (1915) e A rosa de cen follas (1927), insistiu na descrición da vida e a paisaxe mariñeira da súa terra, así como en contar os costumes da Galicia campesiña.

En Camiños do tempo (1949), recuperou o sentimento céltico pondaliano; a Eduardo Pondal precisamente dedicou o seu discurso de ingreso na RAE en representación da lingua galega (xunto con Cotarelo Valledor) o 26 de maio de 1929.

O Teatro de Cabanillas

Cabanillas tamén escribiu teatro:

  • O mariscal (1926): sobre a execución do mariscal Pardo de Cela polos Reis Católicos ás portas da catedral de Mondoñedo, vendo nel, o seu autor, a vinganza do poder central castelán contra os señores feudais galegos.
  • A man da santiña.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cando se fundou a primeira Irmandade da Fala?

A primeira Irmandade da Fala fundouse na Coruña en 1916. Despois apareceron outras en cidades e vilas de Galicia como Ferrol, Ourense, Betanzos e Santiago.

Que recoñecemento oficial obtivo o galego en 1931?

O Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado en 1931 polo Partido Galeguista, recoñeceu por primeira vez o galego como idioma oficial de Galicia. Este logro non chegou a aplicarse na práctica por mor da Guerra Civil.

Que obras poéticas publicou Ramón Cabanillas?

Cabanillas publicou No desterro (1913), Da terra asoballada (1917), Vento mareiro (1915), A rosa de cen follas (1927) e Camiños do tempo (1949), entre outras.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. En que ano se fundou a primeira Irmandade da Fala?
2. Que publicación editaban as Irmandades da Fala?
3. Que recoñecemento recibiu o galego no Estatuto de 1931?
4. Onde naceu e morreu Ramón Cabanillas?
5. Que tema reivindicativo aparece en Da terra asoballada (1917)?
6. Sobre que trata a obra teatral O mariscal (1926)?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.