Irmandades da Fala y literatura galega del siglo XX: poesía, prosa y el grupo Nós
Irmandades da Fala
O século XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e o nacemento do movemento obreiro. En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, cuio obxectivo é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 declaranse nacionalistas e no 1922 escíndense nunha liña política e noutra cultural; arredor desta nacerá a revista Nós.
Noriega Varela
O primeiro é Noriega Varela. Podemos consideralo o máis destacado dunha xeración de transición: por unha parte acepta o popularismo, o costumismo e o sentido cívico dos seus predecesores, pero por outra parte podemos ver nel certos influxos do modernismo e da literatura portuguesa. Escribiu unha soa obra ampliada, chamada Montañesas, que en 1915 pasará a chamarse Do Ermo, con dúas etapas:
- Poesía costumista: descrición da vida rural desde unha óptica conservadora que reacciona contra toda novidade e innovación que desfigure a súa esencia enxebre. Tamén escribiu poesía cívica.
- Poesía montañesa: poética franciscana, ternura e amor pola paisaxe montañesa, polos seus compoñentes máis humildes e non polos grandilocuentes. Encádranse 21 sonetos traballados e cultos, influenciados polos autores portugueses Quental e Pascoaes.
Ramón Cabanillas
O poeta máis destacado é Ramón Cabanillas, "o poeta da raza", que recolle a inquietude de Rosalía, o celtismo de Pondal e a protesta de Curros. Podense distinguir catro etapas:
- Pregaleguista: en No desterro e Vento mareiro alternan poemas de carácter intimista, costumista e agrarista. Estes últimos mostran a solidariedade cos labregos na súa loita (os máis coñecidos). Algúns poemas: Acción gallega e A Basilio Álvarez, que chegan a ser verdadeiros símbolos populares e converten a Cabanillas en herdeiro de Curros.
- Galeguista: o libro representativo é Da terra asoballada. Cabanillas convértese no poeta civil de Galicia. A oposición é Galicia/Castela.
- Mítica: en 1926 escribe tres longos poemas: Espada Escalibur, O sono do rei Artur e O cabaleiro do Sant Grial, que compoñen o libro Na noite estrelecida. Cabanillas emprende unha actualización da materia de Bretaña, galeguizándoa e adaptándoa para a mensaxe nacionalista.
- Posguerra: últimos libros: Da miña zanfona e Samos, libros cheos de morriña e paisaxe galega.
Prosa do primeiro terzo do século XX
A construción dunha prosa ficcional sería unha tarefa prioritaria que as Irmandades pretendían desenvolver. En 1916 aparece A Nosa Terra, publicación que funciona como propaganda da ideoloxía das Irmandades; tamén a revista Alborada de Pontevedra e as coleccións Lar e Céltiga, que formaron parte dun ambicioso proxecto editando barato os libros para que a xente lese. Publican Risco, Otero ou Castelao. No ensaio destacan Vilar Ponte, Lois Peña e Lois Porteiro.
A revista Nós
Entre as publicacións máis importantes destaca a revista Nós, que é a máis ambiciosa da época, cunha perspectiva galeguista e aberta. Aparecerá ata 1935 co fin de servir de instrumento para as bases identitarias de Galicia. Nela colaboraron intelectuais das Irmandades e membros do grupo Nós, sendo Risco o seu director. A revista supuxo un erguemento para a calidade da lingua galega.
Para comprender as ideas do grupo Nós resultan fundamentais a triloxía xeracional: A novela arredor de si (Pedrayo), Os inadaptados (Risco) e Dos nosos tempos (Cuevillas). Aí relatan a Galicia como un refuxio ante a invasión da modernidade.
Vicente Risco
A preocupación do nacionalismo pola ciencia calou no SEG. Vicente Risco, polifacético, estudou Dereito e, en 1917, funda a revista A Centuria. Logo achégase ás Irmandades e axiña convértese no líder do galeguismo, con papel importante no SEG. Risco desenvolve unha concepción elitista da civilización que o leva a asumir a clasificación dos humanos en hílicos, psíquicos e pneumáticos. O seu interese polas culturas marxinadas e a defensa da intuición e do mito como fonte de coñecemento son outro piar do seu pensamento, así como a defensa da tradición.
Obras: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros, O lobo da xente e O porco de pé.
Tres etapas: pregaleguista, galeguista (teoría do NG) e posgaleguista (Mitteleuropa).