A Ilustración: razón, progreso e natureza na modernidade
Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en
español con un tamaño de 3,39 KB
A Ilustración: razón, progreso e natureza
Como nunca antes, por iso os ilustrados loitaron contra todas as ideas preestablecidas (tradición, relixión e superstición); por este motivo denomínase ilustrada calquera época na que se busque un coñecemento baseado nunha actitude crítica e racional.
Razón e método
O pensamento ilustrado aparece nun momento no que o racionalismo triunfara no continente. O modelo dominante de razón era o cartesiano, pero a Ilustración tomará como referencia a Locke e Newton, e o resultado será unha razón analítica e experimental.
O método experimental permitía chegar a fórmulas abstractas só despois de traballar con feitos. A Ilustración únese ao empirismo na crítica ao dogmatismo da razón cartesiana, que cre ter a capacidade de coñecelo todo.
A análise é o mellor instrumento da razón para chegar a un coñecemento válido. Hai que deterse ante os feitos para buscar neles leis que permitan explicalos e así coñecer o mundo.
A autonomía da razón
A razón ilustrada é crítica, porque aplica esta análise a todos os campos. Para comezar, a si mesma: todo coñecemento que non parte da sensación é dogmático e refutable. Rexéitanse as ideas innatas ou a iluminación divina, a tradición e os erros e prexuízos que nos impón.
A razón debe ser autónoma e liberarse das ideas que lle veñen impostas desde fóra; debe ser a única guía do home. O legal debe ser tamén racional: o moralmente aceptable non coincide sempre coa lei, e, sobre todo, coa relixión. O racionalismo extralimítase: o ser humano non precisa máis que o seu intelecto para buscar razóns e explicalas. Pasouse do teocentrismo ao fisiocentrismo.
As novas ideas
As novas ideas, progreso, educación, humanidade, civilización, natureza
Unha revolución no pensamento fará cambiar os antigos valores medievais (teocentrismo, principio de autoridade…) Veranse substituídos polos seguintes:
Educación
Expresións como «Ilustración» designan un movemento cultural que loita por levar a luz da razón a todos os homes e sacalos da ignorancia. Con este fin créanse revistas especializadas, diccionarios e a Enciclopedia, que busca difundir o coñecemento en todos os campos.
Progreso
O optimismo ilustrado débese á confianza na nova humanidade educada na que xa non reina o analfabetismo. Se todos os homes teñen voz, a historia mudará e poderá apelarse á razón en lugar de á violencia, conformando unha sociedade máis xusta. Non se busca a salvación eterna e a historia non é o designo de Deus; senón que o que se busca é o progreso económico e cultural que fará aumentar o benestar de todos os individuos.
Humanidade
O proceso de secularización cultural afirma un humanismo que defende o valor da razón e a especial dignidade do ser humano fronte ao poder de Deus e da Igrexa. Debe respectarse a dignidade de todos os homes e defendela con dereitos; a reflexión política é fundamental.
Natureza
A ciencia moderna explica as súas leis acudindo á razón e non á Biblia. O materialismo explica o mundo como unha máquina viva, negando toda forza sobrenatural. O organicismo intenta explicar a natureza baseándose no dinamismo dos seres vivos e chega a abrir paso á teoría celular e ao evolucionismo.