Guía da Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Lengua y literatura2,76 KB

Cantigas de amor

O trobador expresa os seus sentimentos amorosos por unha dona. O código do amor cortés é a filosofía amorosa que mantén certas regras:

  • A muller aristocrática encarna o papel de señor feudal.
  • O trobador asume o papel de vasalo.
  • A muller podía ser casada ou solteira.

Personaxes: muller, namorado, lausengiers (miscradores) e as gardas.

Temáticas: eloxio da dama, declaración de amor do poeta, reserva da dama e coita de amor.

Características estruturais:

  • Cantiga de refrán: verso ou conxunto de versos que se repiten de forma regular ao final de cada estrofa.
  • Cantiga de mestría.
  • Rima: femia (sílaba grave) ou macho (sílaba aguda).

Procedementos formais:

  • Dobre: repetición dunha palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos.
  • Mordobre: repetición dun mesmo lexema con variación dos sufixos flexivos.

Variedades: a pastorela (diálogo entre cabaleiro e pastora).

Cantigas de amigo

Marcas de xénero: voz poética feminina, a palabra "amigo", a localización topográfica, a presenza dun repertorio de símbolos naturais, descrición de pequenas escenas da vida cotiá e uso de elementos repetitivos.

Temas: a ausencia do amigo (amor desgraciado) ou amor correspondido.

Personaxes: a muller namorada, o amigo, a nai e a amiga confidente.

Modalidades xenéricas: as mariñas, as cantigas de romaría, as bailadas e a alba.

Recursos formais:

  • Paralelismo:
    • Literal: repetición case completa dun verso, introducindo un sinónimo poético, ou completa, cambiando a orde de certos elementos.
    • Estrutural: repítense as mesmas estruturas sintácticas pero con outras palabras.
    • Semántico: cando unha idea expresada na primeira cobra se repite nas estrofas sucesivas con palabras diferentes.
  • Leixaprén: procedemento que consiste en repetir o segundo verso da primeira estrofa como primeiro verso da terceira.

Lingua oral vs. Lingua escrita

Lingua oral

Desenvólvese en presenza do emisor e receptor nun mesmo espazo. As mensaxes están ligadas ao contexto, permite a interacción dos participantes e acompáñase de moitos signos non verbais.

Lingua escrita

Non é inmediata, compónse sen a presenza do destinatario, a información preséntase de xeito máis organizado e é permanente.

Descargar

PDF Word HTML