Comunicación e linguaxe: tipos, elementos, funcións e signo lingüístico

Lengua y literaturaActualizado el 6,12 KB

Resumen

O texto explica os tipos de comunicación (lingüística, paralingüística e extralingüística), os elementos do acto comunicativo e o contorno da comunicación, con exemplos de situación e contexto. Tamén aborda o ruído, a redundancia, as funcións da linguaxe e a clasificación dos signos segundo o seu referente. Por último, distingue entre linguaxe, lingua e fala e expón as características do signo lingüístico.

Puntos clave

  • A comunicación pode ser lingüística, paralingüística (sons) ou extralingüística (xestos e expresión facial).
  • Os elementos da comunicación son emisor, receptor, mensaxe, canle, código e referente.
  • A situación é o contorno extralingüístico e o contexto é o contorno lingüístico que aclara o sentido dunha mensaxe.
  • As seis funcións da linguaxe son representativa, expresiva, apelativa, fática, poética e metalingüística.
  • Os signos clasifícanse en índices (relación causa-efecto), iconas (semellanza) e símbolos (convención arbitraria).
  • Linguaxe é a facultade humana, lingua é o código social e fala é a realización individual.
  • O signo lingüístico é arbitrario, convencional, social, linear e de dobre articulación (monemas e fonemas).

Ponte a prueba

Tipos de Comunicación

  • Comunicación lingüística: (bla bla bla) Transmisión de mensaxes verbais (orais ou escritos) desde un individuo a outro por medio das ondas acústicas, código lingüístico.
  • Comunicación paralingüística: (sons) Sinais orais que complementan a expresión verbal. Uso non lingüístico da canle oral.
  • Comunicación extralingüística: (xestos) Comunicación non verbal. Transmisión de información mediante a expresión facial, posturas corporais, poden acompañar unha mensaxe oral ou transmitir unha información por si sós.

Elementos da Comunicación

  • Emisor: Transmite.
  • Receptor: Recibe a mensaxe.
  • Mensaxe: Conxunto de contidos.
  • Canle: Vía ou conduto polo que se transmite unha mensaxe.
  • Código: Sistema de signos e regras combinatorias compartidos polo emisor e polo receptor, facilitan a construción e a transmisión da mensaxe.
  • Referente: Todo aquilo que fai que interpretemos unha comunicación.

O Contorno da Comunicación

  • A situación: É o contorno extralingüístico que rodea o acto de comunicación e que axuda a interpretar correctamente unha mensaxe. Constituída polo lugar e o momento no que esta se emite, e os acontecementos que rodean aos interlocutores. Exemplo: Unha expresión como "Vai bo tempo!" terá diferentes sentidos segundo se pronuncie; na praia, nunha conversa entre bañistas; nunha estación invernal.
  • O contexto: É o contorno lingüístico da mensaxe, conxunto de palabras que rodean un termo dado e que aclaran o seu sentido e valor. Constituído por todo o que se dixo antes e todo o que se di a continuación. Exemplo: Coa palabra "satélite" (a lúa é un satélite da Terra; O satélite xira e emite...).

Ruído e Redundancia na Comunicación

Ruído

Toda perturbación que afecte aos elementos da comunicación e que impida ou dificulte a realización do acto comunicativo. Pode afectar a calquera dos factores da comunicación:

  • Emisor: Dificultades articulatorias, deficiencias caligráficas ou ortográficas, etc.
  • Receptor: Dificultades auditivas, distracción.
  • Canle: Problemas de acústica, deficiencias de impresión, etc.
  • Mensaxe: Ambigüidade, vaguidade, uso de fórmulas de linguaxes específicas (non entender algo).
  • Código: Coñecemento parcial do código, descoñecemento dos usos dialectais (xerga).
  • Referente: Falta de información sobre o tema, as causas, etc.

Redundancia

É a parte da mensaxe que non é imprescindible para unha plena interpretación. Diferenciamos entre:

  • A repetición dos morfemas de xénero e número nos artigos e nos adxectivos. Exemplo: "As gatas brancas..."
  • Reiteración de palabras ("unha cousa é unha cousa e outra cousa é unha cousa"), o emprego de voces e expresións sinónimas ("o que non pode ser é imposible"), as aliteracións ("unha señora moi aseñorada, deulle unha risada e quedou sen nada"), etc.

As Funcións da Linguaxe

  • Representativa ou referencial (referente): Textos informativos. Exemplo: "A vaca é un animal herbívoro e rumiante."
  • Expresiva ou emotiva (emisor): Poemas, diarios, cartas íntimas ou persoais, cancións.
  • Apelativa ou conativa (receptor): Publicidade, normas, textos doutrinais políticos. Exemplo: "Esperade á voda e despois entrade un por un."
  • Fática ou de contacto (canle): Conversación intrascendente. Exemplo: "Si, si"; "Ola, ola..."; "Probando."
  • Poética ou estética (mensaxe): Publicidade, literatura, chistes, humor, adiviñas, refráns. Exemplo: "Club Atlético de Casasoa: abónate e medrarás."
  • Metalingüística (código): Dicionario, gramática, libros de linguas. Exemplo: "A palabra 'casa' é un substantivo feminino."

Clasificación de Signos Segundo o Referente

  • Índices: Significante-significado, relación causa-efecto. Exemplo: Unha freada dun coche.
  • Iconas: Significante-significado, relación de semellanza. Exemplo: Fotos que representan momentos, sucesos (ex: coches, motos...).
  • Símbolos: Significante-significado, relación convencional-arbitraria. Exemplo: A cor dun coche. Os signos lingüísticos son un tipo de símbolo.

Linguaxe, Lingua e Fala: Conceptos Clave

  • Linguaxe:
    • Universal, humana, única.
    • Facultade virtual.
    • Capacidade humana de comunicarse verbalmente.
  • Lingua:
    • Social, comunitaria, diversa.
    • Modelo inmaterial.
    • Cada un dos códigos verbais nos que se manifesta a linguaxe.
  • Fala:
    • Individual, persoal, múltiple.
    • Realización material.
    • Cada un dos actos verbais particulares nos que se manifesta a lingua.

O Signo Lingüístico e as Súas Características

O signo lingüístico ten unha importancia capital na comunicación humana. Son privativos do ser humano e sobre eles fundaméntase a súa condición de animal racional.

Características do Signo Lingüístico

  • Desenvolvemento linear no tempo. Sucesión acústica que coñecemos co nome de cadea falada.
  • Relación entre o significante e o significado prodúcese de modo convencional e arbitrario.
  • Carácter social: pertence á comunidade de falantes.
  • É articulado, segmentable en unidades menores. O código lingüístico é de dobre articulación:
    • 1ª articulación: monemas.
    • 2ª articulación: fonemas.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as funcións da linguaxe?

As funcións da linguaxe son a representativa ou referencial, a expresiva ou emotiva, a apelativa ou conativa, a fática ou de contacto, a poética ou estética e a metalingüística. Cada unha se centra nun elemento distinto da comunicación.

Cal é a diferenza entre situación e contexto?

A situación é o contorno extralingüístico que rodea o acto comunicativo, como o lugar e o momento. O contexto é o contorno lingüístico, formado polas palabras que rodean un termo e aclaran o seu sentido.

Que é a dobre articulación do código lingüístico?

É a propiedade pola que o código lingüístico se divide en dúas partes: a primeira articulación en monemas e a segunda en fonemas.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Que tipo de comunicación utiliza os xestos e a expresión facial?
2. Que elemento da comunicación é o conxunto de contidos que se transmite?
3. Cal das seguintes funcións da linguaxe se centra no receptor?
4. Que tipo de signo mantén unha relación de semellanza co seu referente?
5. Que propiedade do signo lingüístico significa que se pertence á comunidade de falantes?
6. Como se denomina a realización material e individual da lingua?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.