Gramática e Léxico da Lingua Galega: Acentuación, Morfoloxía e Préstamos
O acento
Funcións do acento
- Constitutiva: o acento forma parte do significante da palabra e é necesario para que esta se converta en signo verbal.
- Distintiva: o acento asume valor distintivo, xa que é o único trazo que permite diferenciar o significado (ex. canto / cantou).
- Enfática: serve para salientar o significado dunha palabra no discurso.
Grupos de intensidade
- As formas átonas que se antepoñen a unha tónica, formando con ela grupo de intensidade, denomínanse proclíticas.
- As formas átonas que se pospoñen a unha tónica, para formar con ela grupo de intensidade, son enclíticas.
O acento gráfico
Regras xerais de acentuación
Acéntanse graficamente:
- Agudas: cando son polisílabas e rematan en vogal, -n, -s ou -ns.
- Graves: cando rematan en consoante distinta de -n ou -s, ou en ditongo decrecente (ex. fáceis).
- Esdrúxulas: acéntanse sempre.
- Vogais -i, -u tónicas: cando van antes ou despois dunha vogal átona formando hiato.
Casos de acentuación destacables
Acéntanse: alvéolo, anónido, ástur, auréola, cénit, cardíaco, cepelín, endócrino, gladíolo, mísil, óboe (óvoe), olimpíada, período, popurrí, réptil, rícino, rubéola, termóstato (termóstata), téxtil.
Non se acentúan:
- As palabras monosilábicas (agás os casos de til diacrítico).
- As palabras agudas rematadas en ditongo decrecente (ex. recolleu).
- Os adverbios rematados en -mente.
- Os grupos iu, ui cando é tónico o primeiro elemento (ditongo).
- Os interrogativos e exclamativos.
Os préstamos lingüísticos
- Francés: xamón, duque, pantalón, maleta, moda.
- Provenzal: bacallau, bailar, funil.
- Italiano: piloto, balcón, modelo, boletín.
- Alemán: sabre, potasa, espía.
- Linguas amerindias: tabaco, pataca, cacao, chocolate, coca, cacique.
- Inglés: tenis, cheque, xampú, vagón, túnel.
- Turco: chacal, café.
- Linguas africanas: chimpancé, banana, cola.
- Castelán: bocadillo, tortilla, pastilla, moreno.
- Catalán: paella, cartel, capicúa, esquirol.
- Éuscaro: zamarra, boina, chatarra.
- Portugués: frouxo, aluguer.
Onomástica e xentilicios
A onomástica estuda a etimoloxía e o significado dos nomes propios.
Xentilicios
- Os sufixos -án / -á e -ao / -á empréganse para formar xentilicios galegos.
- Os sufixos -eño / -eña úsanse para formar xentilicios españois ou hispanoamericanos.
- O sufixo -ano / -ana forma habitualmente os xentilicios de países estranxeiros.
- O sufixo -ino / -ina úsase para formar xentilicios que teñen como base topónimos de cidades.
- O sufixo -í é propio de pobos ou países relacionados coas culturas semíticas.
- Outros sufixos frecuentes: -eiro/-eira, -ego/-ega, -eta, -ense, -és/-esa, -ón/-oa.
Clases de palabras segundo a súa estrutura
- Simples: conteñen un só lexema ou un morfema independente.
- Derivadas: constan dun lexema e un ou máis morfemas derivativos.
- Compostas: constan de dous ou máis lexemas, ou de dous morfemas independentes.
- Parasintéticas: formadas por composición e derivación simultánea, ou ben pola unión simultánea de prefixo + lexema + sufixo (sen existir previamente a forma co prefixo só nin co sufixo só).
Procedementos de formación de palabras
- Imitación: dá lugar a onomatopeas.
- Derivación: adición dun morfema derivativo:
- Prefixos: xeralmente de orixe latina ou grega.
- Sufixos: poden ser alterativos (aumentativos, diminutivos, despectivos) ou derivativos propiamente ditos.
- Composición:
- Ortográficos: fusión total de dous lexemas nunha soa palabra gráfica (ex. noiteboa).
- Sintagmáticos: dous ou máis elementos que manteñen a súa independencia gráfica:
- Disxunción: ex. porco bravo.
- Sinapsia: ex. estrela de mar.
- Contraposición: ex. árabe-israelí.
Desvíos léxicos
Están constituídos por aquelas voces que non se axustan á normativa oficial do idioma:
- Arcaísmos: formas lingüísticas anticuadas ou en desuso.
- Dialectalismos: formas lingüísticas propias de determinadas zonas xeográficas.
- Vulgarismos: formas lingüísticas incorrectas producidas polo descoñecemento da norma.
- Hipergaleguismos: ultracorreccións ás que se lles dá unha aparencia falsamente galega (ex. *subrilla por sombrilla).
- Lusismos: voces tomadas do portugués non admitidas no estándar galego.
- Castelanismos: palabras procedentes do castelán que constitúen préstamos inxustificados por existiren en galego os termos correspondentes lexítimos.