Carlos casares

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 2,2 KB

Nace 1941 en orense. Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Desenvolveu a súa actividade cultural e profesional como escritor, editor e catedrático de instituto.A súa ideoloxía estivo marcada polo maxisterio e amizade con Ramón Piñeiro e polo grupo de galeguistas vinculados á editorial Galaxia, da que foi director dende o ano 1985 ata a súa morte. Foi elixido membro da RAG en 1977, deputado autonómico polo PSdeG-PSOE (1981-1985), e presidente do Consello da Cultura Galega en 1996.Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002, ano do seu falecemento, e La Voz de Galicia. Parte deste traballo xornalístico foi publicado en formato libro.Narativa:Deuse a coñecer con Vento ferido (1967), unha colección de relatos breves sobre a violencia e o fatalismo. Entre as súas obras sobresaen: Cambio en tres (1969), Xoguetes pra un tempo prohibido (1975), Os escuros soños de Clío (1979), Ilustrísima (1980), Os mortos daquel verán (1987), Deus sentado nun sillón azul (1996), Na marxe de cada día: follas dun diario (1994), Un país de palabras (1999) e O sol do verán (2002). ).Literatura infantil. Como escritor de literatura infantil publicou A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas (1973), O can Rin e o lobo Crispín (1983), Lolo anda en bicicleta (1996), O galo de Antioquía (1994), Un polbo xigante (2000), e a serie de Toribio: Este é Toribio (1991), Toribio contra o profesor Smith (1991), Toribio e o contador de contos (1991), Toribio ten unha idea (1992), Toribio revoluciona o tráfico (1994)Biógrafo e ensaísta
Como biógrafo e ensaísta legounos varios traballos sobre a vida e obra de Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Curros Enríquez e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galicia e de Galicia na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999)
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

Entradas relacionadas: