Glosario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos en Galego

Enviado por Comunidad Xuletas y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 5,67 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos

Albufera

Lagoa salgada separada do mar por un cordón litoral.

Aluvión

Depósito de materiais transportados de xeito transitorio ou permanente por unha corrente de auga.

Atmosfera

Capa gasosa que envolve un planeta ou outro corpo celeste.

Berrocal

Acumulación de rochas graníticas de forma redondeada nas ladeiras ou zonas de escasa pendente.

Depresión

Terreo situado a un nivel inferior ao da superficie mariña ou ás terras circundantes, delimitado por montañas ou relevos máis altos.

Diaclasas

Gretas ou fracturas que se producen nas rochas sen desprazamento dos bloques.

Esteiro

É a parte máis ancha e profunda do tramo final dos ríos, na súa desembocadura no mar, onde se mesturan auga doce e salgada.

Foz

Val estreito e profundo, limitado por paredes abruptas case verticais, escavado por un río.

Litosfera

Capa externa e ríxida que forma a superficie sólida do planeta, está formada pola codia terrestre e unha parte do manto superior.

Meseta

Superficie chá ou levemente ondulada, elevada con respecto ao nivel do mar.

Morena

Conxunto de materiais (rochas, area, arxila) transportados e depositados polos glaciares.

Oroxénese

É o proceso xeolóxico da formación das montañas e cordilleiras.

Insolación

Cantidade de radiación solar directa incidente por unidade de superficie nun lugar e tempo determinados.

Inversión térmica

Fenómeno atmosférico no que se produce un incremento da temperatura do aire ao aumentar a altura, contrariamente ao que ocorre normalmente.

Isobara

Liñas nun mapa meteorolóxico que unen puntos que teñen a mesma presión atmosférica nun momento dado.

Isoterma

Liña imaxinaria que une nos mapas os puntos da superficie terrestre que teñen a mesma temperatura media nun período determinado.

Isohieta

Liña imaxinaria que une nun mapa os puntos con iguais valores de precipitacións acumuladas nun período determinado.

Solleiro

Terreo ou ladeira orientado á saída ou curso do sol (sur ou sueste no hemisferio norte), que recibe maior insolación.

Umbría

É a parte dun terreo ou ladeira na que case sempre hai sombra, por estar orientada ao norte (no hemisferio norte).

Penechaira

Superficie extensa, plana ou levemente inclinada, resultado dun longo proceso de erosión que arrasou relevos preexistentes.

Pregamento

Ondulación dos estratos rochosos como resultado da acción das forzas compresivas da codia terrestre.

Relevo kárstico

Relevo característico das rexións onde o material predominante é a rocha calcaria, modelado pola disolución da auga, con formas como dolinas, lapiaz ou covas.

Ría

Brazo alongado do mar que penetra no continente, ocupando o val fluvial dun río na súa desembocadura, e que está sometido á acción das mareas.

Somonte

Terreo situado na parte baixa da ladeira dun monte. Terras levemente inclinadas ao pé dunha montaña.

Tómbolo

Barra de area ou sedimentos que une a costa cunha illa próxima, converténdoa nunha pequena península.

Tectónica de placas

Teoría científica que establece que a litosfera está fragmentada nunha serie de placas ríxidas que se desprazan sobre o manto terrestre fluído (astenosfera).

Zócalo

Son chairas ou mesetas formadas por materiais antigos e ríxidos (xeralmente da Era Primaria ou Precámbrico) como resultado do arrasamento pola erosión de cordilleiras antigas.

Advección

Desprazamento horizontal dunha masa de aire que provoca unha alteración das súas características básicas (temperatura, humidade) na zona á que chega.

Amplitude térmica

Diferenza entre os valores da temperatura máxima e mínima rexistrados nun lugar durante un período determinado (día, mes, ano).

Anticiclón

Os anticiclóns son rexións atmosféricas onde as zonas centrais teñen unha presión maior que na periferia, asociadas xeralmente a tempo estable e seco.

Aridez

Termo que indica sequidade e falta de humidade nun territorio, debido á escaseza de precipitacións en relación coa evaporación.

Barlovento

Aba dun relevo montañoso que, pola súa orientación respecto ao vento dominante, queda exposta ao fluxo ascendente do aire húmido, favorecendo as precipitacións.

Climograma

Representación gráfica onde se poñen en relación as temperaturas medias mensuais e as precipitacións totais mensuais que se dan ao longo dos meses do ano nun lugar determinado.

Continentalidade

É a propiedade que teñen as masas continentais de gañar ou perder temperatura máis rapidamente que o mar, o que provoca maiores amplitudes térmicas diarias e anuais nas zonas afastadas da costa.

Evapotranspiración

Perda de humidade da superficie terrestre debida á evaporación directa da auga do solo e á transpiración das plantas.